Dom, 13 Nov 2016, 9:26
Asunto: Re: Carreira Nadal San Cibrao - Cto Prov 10 Km ruta (11-12-2016)
XV CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
11 de decembro de 2016
SAÍDA E META
PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA
INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE ESCOLARES E ADULTOS
Presenciais: Runmaniak (Avenida Buenos Aires, nº 17) ata o luns día 5 de decembro
On-line a través da web:
www.carreirasgalegas.com ata o martes 6 de decembro
NOTA IMPORTANTE
A carreira de adultos estará limitada a 500 participantes e terá un custe de 5€
A carreira de escolares estará limitada a 100 participantes e terá un custe de 2€
O abono das inscricións poderase facer a través da web
www.carreirasgalegas.com ou de maneira presencial en Deportes Runmaniak.
AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS
FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP
INFORMACIÓN
www.carreirasgalegas.com --
www.sancibrao.es –
tlf. 647913079 – 680135711
HORARIOS
10:30 horas: saída carreira escolares
11:00 horas: entrega de trofeos ós escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920
2. A recollida de dorsais efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.
3. O percorrido será de 200 m para a categoría Pitufos, de 2’5 km para as categorías A – B- C- D - E e de 10 km para as restantes categorías. O percorrido está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables. Para recibir o premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. A carreira da categoría Pitufos non é competitiva e non se entregarán premios ós vencedores/as.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal, será desclasificado.
7. O percorrido estará sinalado cada km.
8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc.
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes na carreira de adultos e a 100 participantes na de escolares.. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos excepcionais.
10. Establécense os seguintes premios
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira escolar e a carreira de adultos .
• 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
• Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
• Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, unha noite de hotel con cea para dúas persoas, sesións de fisioterapia, etc.
• Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
11. Establécense as seguintes categorías:
A) Benxamín: 2008 e 2009
B/ Alevín: 2006 e 2007
C) Infantil: 2004 e 2005
D) Cadete: 2002 e 2003
E) Xuvenil: 2000 e 2001
Distancia a percorrer: 2’5 km
(1 volta pequena)
Saída ás 10:30 horas
F) Junior-promesa: 1995 a 1999
G) Senior: 1994 ata veteranos
H) Veterán A: de 35 a 44 anos
I) Veterán B: de 45 a 54 anos
J) Veterán C: de 55 anos en adiante
Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
Saída ás 11:30 horas
Pitufos: 2010 e posteriores
Saída ás 13:00 horas
Distancia: 200 m.
12. De seren estranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licenza federativa pola FGA, ou ben aqueles que sen a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as súas marcas sexan de inferior calidade as incluídas no artigo 3.4. da normativa RFEA para probas de ruta en Competicións Autonómicas, circular RFEA 142/2016 publicada o martes 21 de xuñode 2.016. Consultar en:
www.rfea.es/sirfea/fic...123621.pdf
13. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba non máis tarde de 30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo resolverase de acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
14. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba. Haberá servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardarroupa.
15. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
16. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.