Foros ›
Correr en asfalto es malo.....o no?
Foros de debate / Lesiones, salud y alimentación
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
4388 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Abr 2016, 13:44
Asunto: Correr en asfalto es malo.....o no?

Interesante

runfitners.com/2014/10...n-mentira/
lou_petó

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/08
0 Carreiras
567 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Abr 2016, 15:58
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

Yo siempre entreno en asfalto y a ritmos altos,...precisamente cuando más sufren mis articulaciones y mi aquiles es cuando lo hago por caminos de tierra, terrenos irregulares, etc. Con el tiempo me he dado cuenta que me lesiono menos corriendo con asfalto porque realmente me permite automatizar el gesto durante cientos de metros sin preocuparme más que de mi respiración y ritmo.

They will sacrifice anything to achieve their goals...except their honor (Chariots of fire)
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1562 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Xov, 07 Abr 2016, 16:26
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

Entón, ¿porque cada vez que fago unha maratón de asfalto tardo semanas en recuperar e nembargantes nun ultra (máis de 42 kms) por terra a recuperación é só de poucos días? Non creo que seña só polo ritmo.

Club: ESPRINTES OURENSE.
esprintes.blogspot.com
lou_petó

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/08
0 Carreiras
567 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 07 Abr 2016, 20:06
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

Maxi escribió:
Entón, ¿porque cada vez que fago unha maratón de asfalto tardo semanas en recuperar e nembargantes nun ultra (máis de 42 kms) por terra a recuperación é só de poucos días? Non creo que seña só polo ritmo.

Estamos falando de lesións, non de recuperacións. Non ten nada que ver o que comentas co que estamos a falar...O ritmo por suposto que ten que ver e por suposto que tamén o entreno que fixeras antes. Unha marathon en asfalto non se pode preparar coma un trail ou un ultra...Se preparas marathon, corre en asfalto e apreta ritmo cada um dos 100 kms que fas na semana...Se fas ultras mételle unha boa chea os fins de semana. Pero estamos falando de lesións, non de recuperacións. Eu agora fago triatlons e duatlons, probas de 1 hora en sprint e d 2 horas en olímpicos e cando remato podo comer e beber sin problema...Cando era novo corría 200 m. lisos e 400...e despóis de correr non podía comer nada hasta que non pasaran mais de 3 ou 4 horas.
A miña muller estuvo anos facendo ultras e chegaba a casa coma unha rosa, e fixo moitos podiums na sua categoría. Agora non ten tanto tempo e a estou preparando para correr media e populares e me chega reventadiña cada día....Agora non pasa de 40 kms á semana e antes facía 100...por suposto que o ritmo afecta...Pero sin embargo xa non está tan lesionada, nin lle doen os xeonllos coma antes...

They will sacrifice anything to achieve their goals...except their honor (Chariots of fire)
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1562 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 10:30
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

Pois sinto discrepar, xa que non estou a falar de recuperarse de fatigas (ainda que señan musculares) nin das maniotas dunha carreira; senon de cando acabas cos tendós e ligamentos inflamados, as pequenas fisuras musculares, etc. (as cales tamén considero lesións, ainda que poidan ser en menor grao), a maioría das veces consecuencia de determinado tipo de carreiras.

Estou de acordo que en carreiras de asfalto tes unha mellor biomecanica que nas probas que se poidan facer polo monte, pero iso non che asegura librarte de lesións.

Por último, por moitos estudios mediáticos que se poidan facer sobre este tema, sigue habendo a Terceira Lei de Newton, que nos dí que por cada forza que actúa nun corpo, éste realiza una forza de igual intensidade e dirección pero de sentido contrario sobre o corpo que a produxo.

En resumo, que unha superficie dura non absorve tanto os impactos como unha superficie blanda.

Club: ESPRINTES OURENSE.
esprintes.blogspot.com
lou_petó

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/08
0 Carreiras
567 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 11:10
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

Non estou a falar de correr descalzo. Coas zapatillas e amortiguacións que hai hoxe en día a Terceira Lei de Newton pode resultar menos lesiva en asfalto cunhas Vomero9 que nunha pista de terra con as ultimas Sportiva Trail. Precisamente as zapas de trail non é que se caractericen pola súa esponxosidade...e meus pes sufren moitísimo mais impacta baixando a pista do Monte da Gata coas Sportivas que correndo a 3:30 cas miñas Vomero polo paseo de Playa América. A miña experiencia me di que as lesións veñen mais polo exceso de entreno e fatiga, ou por accidentes biomecánicos na carreira que non forom coidados, que pola dureza do terreo. Eu teño clarísimo porque ademáis arrastro unha tendinitis crónica no Aquiles desde hai mais de 20 anos...e cando me meto meus 5miles no paseo de Baiona coas Vomero a menos de 18 minutos, meus tendós sufren moitísimo menos que cando baixo pola pista do monte da Grova, onde é cando de verdad noto os golpes no pé e onde se me saltan os empastes..e despóis teño que pasar tres días facendo bici hasta que deixo de coxear. Agora ben, se falamos de correr descalzo,...efectivamente, en 500 metros de asfalto estou lesionado seguro, namentras que podería estar media hora seguramente correndo pola herba.

They will sacrifice anything to achieve their goals...except their honor (Chariots of fire)
abulo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
15/07/09
13 Carreiras
224 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 11:42
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

Maxi escribió:

En resumo, que unha superficie dura non absorve tanto os impactos como unha superficie blanda.

Non acabo de entender isto.. ¿a forza coa que actúa o noso corpo contra o chan non é a mesma tanto se vas en asfalto como en superficie branda? Por tanto deberíamos recibir a mesma forza non?

Non teñades en conta as miñas divagacións.. Pero eu tamén vou máis "cómodo" correndo por asfalto... non sei se é pola miña forma de correr ou simplemente costume, pero no meu caso en particular é así.

Creo que voy na mesma línea que lou_petó: O que non sei se ten moito sentido é escapar do asfalto como do demo, e logo usar zapatillas sen amortiguación sen ter unha técnica adecuada, ¿non é un contrasentido?
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1850 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 12:58
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

abulo escribió:
Maxi escribió:

En resumo, que unha superficie dura non absorve tanto os impactos como unha superficie blanda.

Non acabo de entender isto.. ¿a forza coa que actúa o noso corpo contra o chan non é a mesma tanto se vas en asfalto como en superficie branda? Por tanto deberíamos recibir a mesma forza non?

Angel no artigo citado explícancho (o da precontracción do músculo e diferente técnica). Ademáis da enerxía que se disipa no chan.

Polo demáis ... Pensando N.P.I Pero aquí contamos cada un cómo nos foi o asunto e non facemos meta análises Mr. Green como para saber quen ten razón.

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1850 Mensaxes
Galiza
Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 13:10
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

eu non sabería dicir qué é mellor ou peor ao respecto da superficie. Supoño que depende da técnica do corredor. No asfalto os movementos son moito máis repetitivos, e se son bos perfecto, pero se vas con un pequeno defectillo 30km a semana non notas nada, pero cando intentes chegar a 80 igual empezas a renxer por todos lados.
No monte, creo, esto queda un pouco máis disimulado. Pero non creo que sexa por ser máis blando o terreo, se non que en xeral utilizas o corpo de outro xeito.

lou_petó escribió:
Agora ben, se falamos de correr descalzo,...efectivamente, en 500 metros de asfalto estou lesionado seguro, namentras que podería estar media hora seguramente correndo pola herba.
seguro? falamos de correr descalzo? Demo sorrindo Un tema esvaradío neste foro! Mr. Green

Comprendo que se tes, ou tiveches problemas no tendón de aquiles, encontres lesiva técnica precisa para correr descalzo. Pero correndo aos ritmos que o fas dame a impresión de que tamén lle debes pedir un esforzo grande correndo con zapatillas Pensando ¿Non tes problemas se fas moito volume de entrenamentos? Quizáis lle das tempo a recuperarte entre sesións (ben feito).

Blog: fediverse.blog/~/Rexis...eCorredora - Porta ao fediverso: https://social.fitopen.org/about
lou_petó

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/08
0 Carreiras
567 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 13:57
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

[quote="abulo"]
Maxi escribió:

En resumo, que unha superficie dura non absorve tanto os impactos como unha superficie blanda.

Non acabo de entender isto.. ¿a forza coa que actúa o noso corpo contra o chan non é a mesma tanto se vas en asfalto como en superficie branda? Por tanto deberíamos recibir a mesma forza non?

Sí Abulo, a forza é a mesma, a Terceira Lei é axiomática, e a termodinámica é matemática pura. A diferencia reside no tempo de reacción e devolución da energía, intuitívamente é o que chamamos "impacto". Canto mais tempo dure a "devolución" da energía, menor será o impacto e viceversa,...un amortiguador non deixa de ser un "ralentizador" de este efecto. Por eso digo, que cando corro cunhas zapatillas amortiguadas no asfalto, independentemente de que a superficie sexa coma pedra, as Vomero fan o efecto de correr sobre herba...pero se fago unha baixada das miñas pola pista da Grova,..ainda que o terreo sexa un pouco mais blando, e insisto no de "pouco" porque hai zonas duras e firmes de carallo, as zapatillas de trail teñen moitísima menos amortiguación e o impacto é de collóns. Ademáis, no asfalto buscas sempre zonas chás e non te enfrentas a baixadas de 7 kms continuadas, coma a que teño que facer cando baixo da Pedra da Gata...e ollo, despois está tamén a propia enerxía que aplicas. Eu en asfalto é moi raro que faga ritmos por baixo de 3.15; se acasó no último km, ou apretando o cú picándome co compañeiro de turno. Pero cando baixo pola pista, teñó feito os 2 primeiros kms a menos de 3:10 deixando voar ás pernas e preocupándome en pisar ben e rezando por non ter que frear de repente ou non pillar unha pedra....Antes iba mais veces, pero precisamente o sufrimento dos nocellos e meu tendón de Aquiles fan que últimamente desista de ir ao monte...porque paso tres ou catro días destrozado e coxeando.

They will sacrifice anything to achieve their goals...except their honor (Chariots of fire)
lou_petó

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/11/08
0 Carreiras
567 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 08 Abr 2016, 14:09
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

lou_petó escribió:
Agora ben, se falamos de correr descalzo,...efectivamente, en 500 metros de asfalto estou lesionado seguro, namentras que podería estar media hora seguramente correndo pola herba.
seguro? falamos de correr descalzo? Demo sorrindo Un tema esvaradío neste foro! Mr. Green

Comprendo que se tes, ou tiveches problemas no tendón de aquiles, encontres lesiva técnica precisa para correr descalzo. Pero correndo aos ritmos que o fas dame a impresión de que tamén lle debes pedir un esforzo grande correndo con zapatillas Pensando ¿Non tes problemas se fas moito volume de entrenamentos? Quizáis lle das tempo a recuperarte entre sesións (ben feito).[/quote]


Querido XoseM, por desgracia, efectivamente non lle podo meter volumen. Por outra banda, afortunadamente o meu deporte ten a bici e a natación para reparti-los watios, jejej.. Non fago mais de 40 kms á semana de carreira, pero tamén che digo que ningún de eses kms van por riba de 4minutos, tampouco corro dous días seguidos, alterno...e cando comenzo a erguerme polas mañáns coxeando, entón métolle dous ou tres días mais sin carreira....e respecto ao correr descalzo, rómpome seguro,...xa sei o da controversia dos barefoot, pero qué queres que che diga...cando era novo fum dos mellores velocistas en Galicia...e quedoume o Aquiles escaralladiño...precisamente comencéi a facer fondo e triatlon porque era infinítamente menos lesivo e mesmo me axudou a recuperar flexibilidade e menos dor no tendón....E todo esto vai en liña coa dialéctica de este fío...porque se hai un terreo blando blando, é precisamente o tartam dunha pista de atletismo (a lo menos os tartams que había hai 25 anos)..e pódoche asegurar que só pensar en poñer clavos e correr un sprint nunha pista co seu tartam quentiño e blandiño, só de pensalo xa comenzo a coxear , jajajaja Nono Nono Apertas

They will sacrifice anything to achieve their goals...except their honor (Chariots of fire)
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1562 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Sáb, 09 Abr 2016, 12:54
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

abulo escribió:
Maxi escribió:

En resumo, que unha superficie dura non absorve tanto os impactos como unha superficie blanda.

Non acabo de entender isto.. ¿a forza coa que actúa o noso corpo contra o chan non é a mesma tanto se vas en asfalto como en superficie branda? Por tanto deberíamos recibir a mesma forza non?

Tanto lou_petó como XoseM cho esplican bastante ben, pero vouche poñer un exemplo gráfico: Colle unha pelota de tenis e deixala caer a un metro de altura sobre unha superficie de asfalto e mira as veces que rebota; despois deixa caer tamén a mesma altura esa pelota sobre unha superficie de terra e verás que rebotará menos veces.

Non bos quito a razón cando decides que o asfalto e mellor para correr que outras superficies máis brandas, de feito o teño visto en outros artigos, pero esto só valería para corredores que teñan una pisada perfecta (quitando os profesionais, eu só coñezo dous amigos que teñan unha boa técnica de carreira). O resto sempre temos algún que outro defectillo e, tal como apunta XoseM, correr por asfalto implica movementos moi repetitivos, co cal, si tes un defecto o pisar o estás multiplicando, mentras que polo monte as pisadas van variando en función do terreo que pisas e tes menos risco de que ese defecto seña repetitivo.

Cando vou mal, a min o corpo pideme buscar terreos brandos. Supoño que niso influe a miña mala técnica.

Club: ESPRINTES OURENSE.
esprintes.blogspot.com
corroseguro

Maratoniano
Maratoniano
22/11/05
0 Carreiras
4855 Mensaxes
Galicia-Gales
Respostar citando Envío Mar, 19 Abr 2016, 15:27
Asunto: Re: Correr en asfalto es malo.....o no?

¡ cuidadín ! os excesos que se fan correndo por duración e intensidade cando se teñen 20-30-40 anos se pagan cando se alcanzan os 50-60 anos e as consecuencias en base a achaques e invalideces se manifestan en xubilados que nos seus tempos presumían de facer grandes hazañas.
Eu prefiero ser "moderado" de xoven para ter certa "calidad de vida" na madurez. ¿ Cantos somos os que seguimos rodando unha vez alcanzados os 65 ? ¡ moi pouquiños ! Pensando

Friends forever





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos