Foros ›
IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 11:16
Asunto: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Ola a todas e a todos:

convidámosvos a participar na IV carreira solidaria CORRE CON IMPLICADAS que se celebrará o sábado día 2 de maio en Bastiagueiro (Oleiros).
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 24 Mar 2015, 12:40
Asunto: Re: Corre con Implicadas

O regulamento completo podédelo ver en www.carreirasgalegas.c...cecdd610f8
Lugar para inscribirse tamén! Animádevos que é por unha boa causa Moi feliz
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 25 Mar 2015, 13:32
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

www.youtube.com/watch?v=VObZVit7Rv8

Déixovos aquí un breve resumo do acontecido o ano pasado en Corre con Implicadas. Agardamos que vos animedes a participar este ano na IV edición! Inscricións en: www.carreiragalegas.com
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 26 Mar 2015, 12:48
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Este ano como novidade teremos unha zona reservada para a recuperación post-carreira onde profesionais da actividade física e do deporte de ATP Entrenamento Persoal dirixirán unha sesión de estiramentos e farán recomendacións básicas sobre o exercicio físico. Tamén dispoñeremos neste mesmo espazo dun fisioterapeuta de ATP Entrenamento Persoal.
Grazas ATP Entrenamento Persoal por toda a vosa colaboración!
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 28 Mar 2015, 12:06
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

velaquí o percorrido da carreira. son dúas voltas a este trazado.
Agardamos que sexa do voso agrado e vos motive a participar!
Graciñas!!
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 29 Mar 2015, 8:42
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Corre con Implicadas dispón un ano máis de vestiarios situados na Fac. de CC. do Deporte e a Educación Física (moi preto de onde se atopa a meta e saída da carreira). Grazas á Universidade da Coruña por este servizo
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 07 Abr 2015, 9:59
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

O regulamento completo de Corre con Implicadas podedes atopalo en www.implicadas.com ou www.carreirasgalegas.c...cecdd610f8
Agardamos que sexa do voso agrado e queirades participar! Vémonos entón o sábado 2 de maio en Oleiros?

Saúdos!!
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 10 Abr 2015, 10:38
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

unha carreira de 5kms aprox. e por unha causa solidaria. Non deixedes de anotarvos en www.carreirasgalegas.com
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 16 Abr 2015, 19:16
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Comprácenos moito comunicarvos que, por cuarto ano consecutivo, Implicadas No Desenvolvemento organiza a carreira solidaria "Corre con Implicadas!", en Oleiros.

A IV Carreira Solidaria "Corre con Implicadas!", organizada por Implicadas no Desenvolvemento conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, ademais do Concello de Oleiros e da UDC a través do Inef Galicia. Como novidade, este ano colaboran tamén coa organización ATP Entrenamento persoal, DJ Dani, AVAN, Masaje Ayurvédico, Atmósfera Sport, Cristalería El Reflejo e Xanzá Movemento eco-creativo.

Cando? O sábado, 2 de maio de 2015, ás 17:00h. O prazo de inscrición remata o mércores 29 de abril ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fora de prazo (e tampouco o mesmo día da competición).

Onde? En Oleiros: todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa Da Silva (Rúa Mioporos. Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas.

Quen? Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr, pero si participar nesta IV edición de Corre con Implicadas. Por outra banda, aquelas persoas que desexen colaborar pero non participar na carreira, poden facelo mercando un dorsal 0.

Máis información:

Inscricións e regulamento:
As inscricións poden realizarse na web Carreiras Galegas, e o regulamento completo atópase aquí.

Donativos:
* Donativo de 5 euros nas categorías junior, promesa, senior e veterán masculina e feminina, e andaina.
* Donativo de 3 euros para as restantes categorías.
* Donativo de 1 euro, 3 euros, 5 euros ou 10 euros ao colaborar con Implicadas mercando un "Dorsal 0".
* Todas aquelas persoas participantes na proba absoluta ou na andaina que desexen realizar un donativo a Implicadas poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.

Premios:
* As tres persoas mellor clasificadas de cada categoría recibirán unha medalla (excepto para a andaina).
* As/os participantes que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita.
* Sortearanse lotes sorpresa.

Recadación
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos programas de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas ten na India: “Erradicación do infanticidio feminino" en Salem e “Empoderamento de mulleres” en Tiruchy.

Tanto na nosa páxina web, como no evento de Facebook e nos nosos perfís en Facebook e Twitter iremos publicando toda a información sobre a carreira.

Agradecémosvos de antemán toda a difusión que poidades facer desta actividade.

Moitas grazas, un saúdo!
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Abr 2015, 8:26
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

xa falta menos para que remate o prazo de inscrición en Corre con Implicadas. Non vos apetece o 2 de maio dar uns pasiños solidarios por Bastiagueiro e apoiar os proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten no sur da India?
Se vos animades aquí vos deixamos a ligazón para que fagades as vosas inscricións.
Graciñas!!

www.carreirasgalegas.c...cecdd610f8
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Abr 2015, 9:21
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Quedan 5 días para celebrar CORRE CON IMPLICADAS e tedes ata o mércores 29 ás 23:59H. para poder inscribirvos: www.carreirasgalegas.c...cecdd610f8

Cada día que pasa somos máis pero aínda faltas ti. Non te apuntas??
Darreina

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/09/11
5 Carreiras
258 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Abr 2015, 18:48
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Eu xa estou apuntada implicadas, non penso perderma. Divertida e solidaria. Bo ambiente e boa causa. Podese pedir mais?
Implicadas/os

Foreiro infantil
Foreiro infantil
24/03/15
6 Carreiras
65 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Abr 2015, 20:08
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Darreina escribió:
Eu xa estou apuntada implicadas, non penso perderma. Divertida e solidaria. Bo ambiente e boa causa. Podese pedir mais?

Moi feliz Moi feliz Graciñas Darreina! Vémonos entón o sábado día 2!
apertas!
Domato

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
14/05/12
208 Carreiras
167 Mensaxes
Arteixo
Respostar citando Envío Xov, 30 Abr 2015, 8:02
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

Xa se pode ir hoxe recoller os dorsais??
Lucivase

Foreiro infantil
Foreiro infantil
18/12/14
107 Carreiras
73 Mensaxes
Culleredo
Respostar citando Envío Xov, 30 Abr 2015, 17:19
Asunto: Re: IV Carreira Corre con Implicadas - Oleiros (02/05/15)

carlosdomatoverdia escribió:
Xa se pode ir hoxe recoller os dorsais??
Yo fui por la mañana a las 10.30 y sin problema, están en la biblioteca de INEF ahora por la tarde





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos