Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Nov 2015, 14:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A semán da media pasou por facer un total de 64 km.
A partir de agora, máis calma, e fortalecemento, estiramentos... e quizais velocidade.

Moitas grazas a todos, sempre é un pracer recibir noraboas, consellos e felicitacións.
Pero xa eu estou que non mo creo, aseguro, moi en serio, debo estar soñando, nunca me puiden imaxinar facer ese tempo, e menos sen preparala, e con todos os problemas que tiven de pormedio.

Eu sigo sendo un corredor máis, non son maís que ningún dos que entran aquí. So podo agradecer a esta páxina ( creadores, moderadores, usuarios ..), todo o que me dou, que non foi pouco. Agora entendo a "Tintín" cando me decía que os grupos van cambiando e te familiarizas e te unes a outra xente, que se fai máis afín.

Levo uns días querendo reflexionar sobre o que fixen en estes 15 meses que empecei a correr, pero a verdade e que me queda grande, non son capaz a transcribir todo o que se me pasa por a mente. Pero nunca, nunca me vin facendo ese tempo nunha MM. (Se son capaz a ordear os meus pensamentos quizais faga unha reflexión, pero para elo fai falta algún tempo, e digamos que é o único que non me sobra).
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 26 Nov 2015, 14:32
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 23, descanso. Non me doe nada, isto é novidade, so unha pequena contractura no xemelgo esquerdo. Todo no seu sitio, sen maniotas en ningunha parte.

Martes 24, 10km en 49:24, con tranquilidade. So a contractura no xemelgo.

Mércores 25,
3km quecemento a 5:00
6km en progresión por o anel de castrelos, empezando a 4:50 e rematando a 4:23
3km a 4:50 de volta a casa.
Pulsacións medias 141, ppMax 161.

O xemelgo esquerdo,igual contracturado en un punto en concreo, e tamén un pouquiño o talón dereito.
A tarde fun o fisio a descargar e tratar esa contractura, hoxe está moito mellor.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Nov 2015, 7:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Xoves e Venres, descanso obligado.
O Sábado se xuntaron os astros e me coincideu poder sair a correr un pouquiño. Foi por Vilanova, por a zona do Terrón.
10.5k en 44m a 4:10, en un ciruito mixto de terra e asfalto, e con algunha subidiña.
A verdade e que moi boas sensacións... ppm: 154, ppMax: 173
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 30 Nov 2015, 7:25
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 29,
estiven ata última hora intentando ir a carreira de Catoria, pois foi o meu estreno nas populares, pero foi imposible. E me da rabia lendo as crónicas, pois as boas críticas xa mas esperaba. O do horario me matou.

O final me acerquei a rodar a Castrelos con Gefreiter. Podía ir a correr cedo, e así foi, as 08:10 saíndo da casa tirando para o Parque da Marquesa.

Foi unha rodaxe de 85m, e uns 17k, a ritmo tranquilo, por un circuito mixto, con costas... sobre 05:00.

A semán remata lle falta 500 metros para completar os 50k.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 01 Dec 2015, 18:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 30 de novembro, tiña frío a chegar a casa, e tamén poucas gañas.. así que nada de nada.
O mes de novembro rematou con 262 km, que me parecen uns km aceptables..


Última edición por sanmikel o Mar, 01 Dec 2015, 18:34; editado 1 vez
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 01 Dec 2015, 18:33
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Martes 1 de decembro,
lendo algúns diarios se che quitan gañan de facer algún tipo de series, e tamén de publicar as túas.
Espero algún día poder decir que fixen 6x2k a 3:20-3:30. Rezar

De momento me conformo con a multiplicación, 6x2=12.
Así que iso me tocaba 12x400, entre 3:20/3:30.

A verdade e que como teño carreiras máis curtas nos próximos meses, e non teño en mente MM ata máis adiante, pois creo que potenciar un pouco a velocidade non está mal, pois as próximas dúas carreiras son de 6k.

63m de carreira continúa, uns 13.5 km, en Castrelos.

4km de quecemento a 4:50 aprox
12x400 (40 rec a trote): As 9 primerias entre 1:24-1:22, a 10 e 11 a 1:21, e a última a 1:18.
3.7 km de enfriamento a 5:10.

A verdade e que non estaba cómodo, e tiña gaña de abandonar, pero a raíz das 2 primeiras, facer a 1:23, era un ritmo relativamente cómodo, sen presionarme moito. Apretei un pouco na última. Ritmo cómodo digo, proque so miraba o reloxo no 100, e despois me mantiña. Eso significa que maís ou menos controlo o rimto.

ppM: 153, ppMax: 183

Non quedou mal entreno, pero non foi un entreno nin con todas as forzas, nen a tope.
Teño gañas de facer entrenos fortes, a ver se dou. E mellor acompañado claro.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 04 Dec 2015, 14:57
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Mércores 2 de decembro, como din algúns por ahí, nada de nada, desmotivado, sen gañas, canso, con frío... Guiño

Xoves 3 decembro, tampouco e que tivese moitas gañas de saír a trotar, pois tiven cita co dentista e estou bastante dolorido, pero necesitaba soltarme un pouco, sobre todo a nivel mental, así que marche a Castrelos.

53m de Carreira Contínua, 12 km, dividios así:
3km a 4:30
6km entre 4:20 e 4:16
3km a 4:50, enfriando un pouco.

Pulsacións demaisado altas, e relativamente canso, para o ritmo que levaba.

Intentarei hoxe facer un trote suave de media hora. Mañan a Bembrive.


Última edición por sanmikel o Ven, 11 Dec 2015, 14:50; editado 1 vez
mateotn

Maratoniano
Maratoniano
27/11/13
0 Carreiras
1524 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 04 Dec 2015, 21:35
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

A ver se te lestrovizas tamén nas marcas!!! Guiño ( pouco che ha de faltar)
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Dec 2015, 9:31
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Xa me gustaría a min lestrovizarme, e ir pegadiño a el. Pero de momento no me toca.
O que si que vou ter que facer, e copiar e subir todos os días os entrenos, pois agora a memoria xa me falla. Antes aínda tiña o garmin, pero resulta que algunha rapaciña pequena, fixo algo que me borrou os entrenos pendentes de sincronizar, e as carreiras. Así que agora nin creo chegar a recordar se fixen entrenos ou non...
Mira ti que é dificil resetear o g620, pois unha nena de 3 anos o fixo!!!
VAmos o grano...
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Dec 2015, 9:56
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Venres 4 de Decembro,
creo que non trotei nen nada, o que si recordo e facer unha camiñata de 45m, nunha visita de traballo, en vez de ir andando.

Sábado 5 de Decembro, V Solidaria de Bembrive:

Pouco que conta más do que contaron o Doutor e ó Correcamiños Guiño .
Bembrive é unha carreira especial, moi especial.
E claro, cando abandonei os antes mencionado e me acerquei a cabeza da saída, había un revuelo, e un corrillo. onde se decía que eran 2 voltas uns, e outros como min decían 1 pequena e 3 grandes... O final creendo que todo estaba solucionado e aclarado, se dixo por megafonía que era 1 volta pequena e 2 grandes.
Nos quedamos os que éstabamos diante un pouco perplexos.. pois non se sabía moi ben que facer. Sobre todo imaxinaba que se faría o que quixera que fixesen os que ía diante.

Eu por si acaso, non saín nin para 4, nin para 6 km, regulei intermedio. Aínda que a saída foi moi rápida.

Estaba esperando encontrar os resultados oficiais de cronotec do ano pasado, para comparar cos de este ano (por as voltas, non por os km, nen o tempo). E mentres esperaba, algún anxiño, me reseteu o reloxo, quedándome un oco sen resutado. Pois non están os resultados do 2014, pero curioso, pois o do 2013 si...

Como dixen saída rápida, aínda que diga rápida, tiña cerca de 30 corredores diante miña, (había bastante nivel), e a verdade e que despois de 1km me pasaron 2 ou 3 corredores, e non conseguin pasar a ninguén ata okm 3.5, ahi si, xa a uns cuantos. A 400m da meta non din que se remta, así que eu xa non apretei a verdade, pois os de adiante estaban desconcertados, e non quixen pasar a 2 que me precidína, pois a miña posición non corría peligro, e non ía quedar nen entre os 10 primeiros.

Sabor agridulce por o tema dos km, que o final foron sobre 4.4 ou 4.5. Por o demáis perfecto.

Pouco que decir, e poucas conlusións.
Entre os 30 primeiros, a segunda volta grande 4 segundos máis lenta que a primeira (por non adiantar, e relaxarme).
Se son 4.5, o rimtmo de carreira é de 3:25, e se é de 4.4, e de 3:30.
Que está moi ben, pois non me creo nada que poida correr a eses ritmos. Entrenando non dou corrido tanto.
De todos xeitos eu creo que son máis diesel, pois é a partir do km5-6, onde consigo por un ritmo de crucero onde me manteño.

Moi contento coa carreira, é coa festa final.
Pediron desculpas os organizadores por equivocarse no circuito. Desculpas a Manuel Dalmeida, a que se homenaxea nesta carreira, e desculpa en público.
Para o ano repito seguro...

pd: Se algúen ten os resultados orixinais de cronotec do ano pasado, lle estaría moi agradecido (os orixinais, non a clasificación do circuito de CeG)

Saúdos...
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Dec 2015, 9:59
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 6,
a verdade, e que recordo que non fun trotar nen nada, por loxística familiar...
Así que a semán quedou moi pobre, 32km é unha camiñata de 45m.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Dec 2015, 10:26
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Luns 7, teño unha memoria de peixe últimamente, pero creo recordar que non puiden facer nada de nada.. así que descanso.

Martes 8, II Invasión Celeste.
Esta ven non ía deixar pasar esta carreira. O ano pasado se me puxeron os dentes longos vendo os participantes chegar o estadio.
Esta vez liei a 1 amigo e para ala fomos, con moita antelación.
Pero non valeu de moito a antelacións, pois entre que atendín a carreira dos pequenos e catro cousas máis.. alá foi o tempo, e o quecemento.
Creo que non fixen nen 2k de trote borriqueiro.
Como non tiña todas conmigo, e a saída era en mollado dentro do estadio, nos fomos con antelación para a saída, e a verdade é que alí enfriei un bo rato.

Saída con moito coidado é rápida dende dentro de Balaídos, moderándome en todo momento, pois os que vía diante miña me metían respeto, que corren moito máis ca min. Km1 a 3:15 Ojo morado
Me realxei un pouco, pero quizais demasiado, e o km2 saíu sobre 3:50, aínda que non miraba o gps, nen os ritmos. Aquí me pasaron 2 corredores, tiña que haberme dado conta que ía lento.
O km 3, a 3:44, parece que conseguín manterme aquí, pois no anterior igual iba demasiado relaxado.
O km4 a 3:41, onde vou cómodo, e xa querendo empezar a manterme, pero aínda non encontraba o punto de ritmo crucero que busco.
O km 5, a 3:40, aquí xa creo que estaba para manterme, pero resulta que faltaba pouco, e non tiña moita gaña eu de apretar maís.
O km6, saíu sobre 3:40, aquí xa pasando a 4 ou 5 que tiña diante pero aínda sen apretar nada.
Os últimos 400-500m, non quería apretar, pero o que si que non me gusta e que me pasen, e como me apretaron un pouco por detrás, apretei o xusto para manter a distancia, e incluso pasei a 2 ou 3 corredores maís, estes metros saíron a 3:10-3:20, depende se son 400 ou 500m.
Chegada o estadio tranquila e relaxado, como poucas veces, desfrutando de Balaídos.
A verdade e que para min estas distancias non me gustan nada, ou non sei se o problema será que non entreno a estes ritmos nunca, e por iso me costa moito máis.

Outra vez entre os 30 primeiros, pero eu creo que había máis nivel o outro día en bembrive que hoxe.
Según sexan 6.4 ou 6.5km o ritmo 3:35 ou 3:37.

Cos que quería haberme pegado, foi imposible, pois no km 2 e 3, me relaxei demaisado, e xa non os vin.
O final saudar os maigos e colegas do foro, contrastar opinións con Dr. Slump, Matogrosso, Gefreiter e moitos maís.
O tema das duchas foi curioso, pois estivemos 3 persoas uns 20m a voltas, ata que de verdade nons mandaron a onde era.

Resulta que as duchas era Unisex, como o bufete "Cage & Fish".
O único que as corredoras decidiron espera a que rematasen os rapaces, para despois ducharse elas.. unha pena.. Guiño

Gran carreira, bonito circuito, gran avituallamento, e moitas camisetas celestes a vista. Faltou un pouco de mellorar a organización no tema dos pequenos, e no avituallamento.

Algún ilustre foreiro dixo que estivo a punto de vir coa camiseta do "Depor".. dende aquí o invito a que para o ano o faga.... Guiño Seguro que avanzará posicións, mirando para atrás, e vendo os perseguirdores...

1km precarreira, e 1.7 de tranquilidade.
ppm: 174, ppmax:189
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Dec 2015, 10:33
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

9 de decembro,
Estou un pouco louco, e parece que me vou arrepentir de aceptar o de un colega, que me retou a facer 3km.
O final o Martes en vez de inscribirme na miña querida "SinSon", me escribín na miña moi mal recordada "Subida o Castro" Muro Muro Aínda teño os malos recordos do sufrimento do ano pasado.
E por encima sen preparala nada de nada... Pois isa carreira, non é unha carreira... é outra cousa... A ver que sae.
8km a 4:37, ppm 148.
Despois 2 sesións de subidas de 13 pisos de escaleiras... Muerto Muerto
Canto vou sufir...
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Dec 2015, 10:36
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

10 de decembro,
5km a 4:26, os 2.5 últimos en subida.
Despois 3 sesións de 13 pisos de escaleiras...
A última horrorosamente dolorosa.... Muerto Muerto Muerto Muerto Muro Muro Muro Muro Muro Muro Muro Muro Muro Muro Muro
Non sei onde me metín, e o peor, é que creo que o que vai conmigo tampouco o espera. Estará coma min o ano pasado, que non sabía moi ben o que era.

O meu corpo non está entrenado para asimilar tanto ácido láctico que se acumula na subida das escaleiras.... uff... Xa contarei..
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 13 Dec 2015, 22:01
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 13 de decembro, X Subida o Castro,
Pouco que decir da carreira de hoxe.
Ía con moito máis medo que o ano pasado, e moito peor preparada (aínda que o ano pasado tampouco a preparei case nada).
Deixamos un amigo e eu, o coche xa no Castro, e baixamos trotando para o Náútico. Fomos co tempo relativamente xusto, pero nos dou tempo a trotar un pouco.
Eu saía coa idea de facer todo o forte que puidese o primer tramo llano da carreira, pero foi imposible.
Saída demasiado apelotonada, e foi imposible de pasar a ninguén sen facer perigro, incluso me tiven que frenar, fun totalmente frenado os primeiros 500m, pero frenado de verdade, despois conseguin un oco e tirei, pero saíu moito máis lento do pensado, foi a 3:34, cando quería que fose a 3:15 ou menos..
A partir de ahí, isto xa é inenarrable, pois todo e subida.
A primeira parte do casco vello, case todo son costas, e non hai escaleiras, é un pouco máis fácil.
Non vou narrar se pasaba ou se seguía a alguen, eu ía o meu, o meu ritmo, e ata chegar a Elduayen ía ben.
A partir de ahí empeza a subida do concello, onde xa empeza a facer mella as escaleira, pero como vas relativamente fresco, pois aínda existen forzas. Empezase a pasar a corredores que ía diante, e empezan a andar por os escalóns. Baixamos o concello, sen case darte conta que hai escaleira baixando... Moi feliz , pero non serven para moito.. Aínda que neste tramo do concello recuperas un pouco..
A subida o Castro comeza de Verdade onde di o seu nome, e ahí éunha perdición, non sabes exactamente por onde andas... eu creía no mesmo punto onde o ano pasado que remataba, este ano me pasou o mesmo... pero non, eran os xardíns anteriores, onde ves que se che fai o mundo encima e ves que che falta un bo treito.
Eu aquí dixen para mín, o teu, que máis da a posición, vaite cómodo. E así fixen, escaleira de 1 en 1, e con calma, e aínda así pasei a 4 ou 5 corredores, pero acabaron pasándome 2 ou 3 nos úlitmos 100m... que eran escaleiras...
Non sei que decir... é un dor completo dos cuadriceps, parece que non existen as pernas, e ten que axudarlle a levantalas... So hai que ver as fotos.
Só podo decir que o final cambiarono con respecto o ano pasado, e eu creo que ten máis escalóns que outros anos, pois xusto cando antes ías por a dereita, quedaban uns 200-300m de recta, e despois subías uns 10 escalóns e rematabas.
Este ano te xiraban a esquerda e por ahí so había máis escaleira, e como non, a meta e xusto no úlitmo escalón da subida.

Chegar a meta, e so quixen tumbarme sobre a herba, 2 minutos, pois non podía maís...

De todos xeitos non podo falar mal, pois aínda que o final me pareceu maís duro, o recordo que teño da carreira e moito peor o do ano pasado, onde si creo que sufrín moito máis.
Entre os 30 primeiros, e 13:02. Son 14 posicións máis arriba que o ano pasado, é baixei 1:20, aínda que o circuito cambiou.

O meu colega, creo que ben, para non facer deporte case ningún, e fumar, fixo 16:30 ou así, e entrou sobre o 45% dos chegados. Non está mal, incluso di que quere repetir esta carreira... Confuso Confuso


Eu teño claro que non volto decir nada de se vou ou non, pero o recordo deste ano, é moito mellor que o do ano pasado. Me da rabia haberme relaxado o final, pero é que isto non é unha ruta, e xa sufría bastante..
Boas sensacións, pero creo que se preparase esta carreria con 3 semáns de antelación, o resultado sería moito mellor, pois se trata de entrenar escaleiras, e acostumarse un pouco maís o ácido láctico.

Tamén Creo que estaría ben que pagasen por subir o Castro, en vez de Cobrar 6€ por 3km, e donde o avituallamente final é sinxelo; e ademáis tampouco hai duchas. (Poderían polas no náutico, e así a xente tiña un motivo para baixar) Barata non é.

A semán rematou con uns míseros 30k, pero me da que este que ben van ser menos por temas laborais...

pd: menos mal que tiña pouco que decir..... Disimulando





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos