Foros ›
Autor
Mensaxe
atletadefondo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/04/07
0 Carreiras
200 Mensaxes
Arteixo. Coruña
Respostar citando Envío Mar, 15 Mai 2007, 13:56
Asunto:

Banderas, mil gracias por las fotos, el día que nos faltes tú.... Guiño Un abrazo

Sorriso vuelve la bestia...!
lentoperosejuro

Foreiro Senior
Foreiro Senior
19/12/05
0 Carreiras
796 Mensaxes
Milladoiro
Respostar citando Envío Mar, 15 Mai 2007, 14:07
Asunto:

Mafalda,alégrome moito de que sigas ahí, non son como descreído do "noso amigo" Jaime que xa creía que non nos leías. Bks.
E alá vou ca crónica. Pola mañán cedo decidín non ir a Ferreirúa polo día que facía, e duas horas de viaxe apetecíanme ben pouco, polo tanto puxen rumbo a Coruña cedo, xa que estaba sen inscribir. Inscripción e retirada de dorsal sen problemas (era tan cedo que estaba eu só), vou a deixar o dorsal o coche e empeza a caer unha tromba. Mentras esperaba que escampara dentro do coche, un notas ponse paralelo e pita e eu a decirlle que non, que non saía. Insiste e non me queda máis que baixar a ventaniña, pregunta pola carreira... e de pronto sóltame:¡tí es lentoperosejuro!...Leches, penso eu, ¿será corroseguro que decide saír do armario? Pois non, a correseguro coñecino doutro xeito, porque este era killoke. El vai por o dorsal e eu a tomar café con Admin(¿sabedes que nunca correu unha media?),compañeira , polo camiño recollemos a Marola e Jabelo, e xa na entrada do bar saía Elyanna, que non tivo ningún problema en recuncar. Charla animada e variada e tira para o sitio da foto, que era o Kiosko Alfonso. Sitio fixado por Khene para a foto, curiosamente él debeu de perderse en Coruña,¡cómo non debe coñecela! (Especial mención da presencia de ferrolano)
E con estas a saída, recorrido bonito, ben ventilado, corremos, chegamos máis ou menos como aparece nas clasificacións, incluso máis ou menos cos tempos que aparecen (nalgúns casos máis que menos), e despois de recoller a camisetafun o coche a abrigarme. Xa todos de volta no paseo da saúde, moi amablemente os Pastelharum compartiron con todos as botellas de cava que lles proporcionou linkinpark, este detalle creo que merece uns cuantos puntos para a clasificación por equipos, porque correr non corren un carallo... Ríndose Ríndose Ríndose pero son moi boas persoas Guiño Guiño Guiño (Xa sabedes que é broma, non quero que vos enfadedes, agora en serio:nin boas persoas son Ríndose Ríndose Ríndose )Bueno alí fomos unha piña (aínda que só fora polo cava) en perfecto corro, celebrando o botellón. Tíñades que ver as caras doutros atletas e de algún corredor cando nos ven abrindo botella de cava, ¿e estos???.
Espera entrega de trofeos, eu quedei chafado porque estaba convencido de que a miña parella de circuito quedara primeira, despois foi que non, ou ¿quén sabe? Evidentemente despois houbo sesión de isotónicas con Elyana, Marola, Bytheface e amigo, jabelo e eu. Total que pasa o tempo e as dúas e algo despedimonos con lágrimas nos ollos,snif,snif (co vento que facía tíñamos os ollos cheos de lixo, aparte do fume do pitillo de Elyana Ríndose Ríndose Ríndose )
E nada máis, coma sempre un placer estar con vós





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos