Foros ›
XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
abraham

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
18/05/12
0 Carreiras
167 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Mai 2014, 17:33
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

URKO escribió:
Xalma escribió:
...porque non nos deleitas cunha "Descripción Panorámica" da ruta como xa tes feito alguna ves Satisfecho .......

Vamos alá, loh:

Pistoletazo de saída (é un decir: nas carreiras de aldea aínda se leva o “preparados, listos…xaaaa!!), e todos salen en tropel, como nas portas do Cortinjlés en día de rebaixas. En terra de lobos hai que ouvear coma todos: así que, como é costa abaixo, non hai moito problema en ir “escopetado”. Giro de 90º á dereita, coidado cos tropezóns. Lousas de pedra, logo adoquíns…unha baixadiña, unha subidiña, outra baixadiña…giro de casi 180º á dereita e tira para arriba. Pasamos ó lado da meta, e xa levamos un kilómetro, pero ó contrario que moitas carreiras nos que o primeiro quilómetro é de quencemento, nesta, un primeiro quilómetro “a full” pode facer perder a carreira (nonsí, Abraham?? Mr. Green Mr. Green ).
A partir da Capela da Guía, a cousa cambia, e temos un par de quilómetros llaniños picando para abaixo: é o momento de coller a velocidade de cruceiro. Bailar
Deixamos atrás a aldea do Vilar e dirixímonos cara Vixán. Pica un pouquiño para arriba pero lévase ben. No medio da aldea, unha baixada pronunciada, por adoquíns con xiro de 90º ó final. Este é un dos puntos de máis ambientiño…así que a dalo todo!!! Ríndose
Agora o perfil toma forma de V: baixada para ir “ferro a fondo” e 600 metros de subidiña das que lle chega abondo. Pola Graña, a estrada pica para arriba sen grandes repeitos. Seguimos por unha estrada estreitiña e agradable para correr. Despois de volver a cruzar a estrada de Aguiño, ven unha zona engañosa: o corpo pide guerra!! É unha zona ideal para ir ó que dea o corpo…pero o bó logo remata. Silbar Silbar
Estamos no kilómetro 9, e desde ahí volvemos a entrar no núcleo de Carreira, e hasta a meta, todo será subida, con máis ou menos desnivel, pero sempre en pendiente. Si conseguimos ter o ambiente do ano pasado, a entrada en meta será unha pasada: un embudo de xente aplaudindo a esgalla, arroupando ós corredores. Aplauso Aplauso
Enfadado Enfadado Enfadado
smsamp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/12/13
3 Carreiras
78 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Xov, 01 Mai 2014, 18:49
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

URKO menudo novelón nin que pariras o trazado Moi feliz Moi feliz , haberá que aprender o jión jajaja
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 02 Mai 2014, 8:06
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

smsamp escribió:
URKO menudo novelón nin que pariras o trazado Moi feliz Moi feliz , haberá que aprender o jión jajaja

Apréndeo e darasme a gracias ó final...xa que non é a típica carreira na que podas manter un ritmo constante todo o tempo. Nesta, aparte de pernas, hai que ter un pouco de cabeciña, para adaptar o ritmo ó momento da carreira.
De todos xeitos, e a pesar das apariencias, a diferencia dos tempos do ano pasado con respecto a unha llaniña como poder a de Padrón, estaba de media en medio minuto máis lento, o cal nos leva a pensar de que o que se perde nas subidas, se gaña nas baixadas....hala, outra clave máis para que fagades unha moi boa carreira!!! Mr. Green Mr. Green
anxinho

Montañés
Montañés
3/04/08
0 Carreiras
418 Mensaxes
Rianxiño
Respostar citando Envío Sáb, 03 Mai 2014, 12:11
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

descripcion perfecta que me fai arrichar os dentes a unha semana da Ultra do Caurel... Puff... en que follons me metedes... Se ao final mon participa eu contade coa miña filla que vai ser a herdeira da saga familiar.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 04 Mai 2014, 22:34
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

anxinho escribió:
descripcion perfecta que me fai arrichar os dentes a unha semana da Ultra do Caurel... Puff... en que follons me metedes... Se ao final mon participa eu contade coa miña filla que vai ser a herdeira da saga familiar.

Arrechispa..eló non vas a correr nada en toda a semana?? Si ves, xa cho digo en persona, pero por si non ves: moitísima sorte no Caurel...ti podes!!!!! Aplauso
smsamp

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/12/13
3 Carreiras
78 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Lun, 05 Mai 2014, 15:46
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Anímate a participar anxiño que hasta me inscribín eu que o finde seguinte tamén vou levar un bo repaso, non son os 85 do Courel pero pouco menos.
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Mai 2014, 16:49
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Como podedes ver no regulamento, esta carreira quer tamén convertirse nun acto solidario, colaborando cunha entidade que consideramos está traballando codo con codo cos máis necesitados. Hoxendía, estamos tomando conciencia que, por desgracia, "necesitado" pode ser calquera de nós ó que os avatares da vida deixan da noite para a mañán sen o seu sustento... e o dos seus. Penso que varias xeracións de galegos nunca lle viron tan de cerca as "orellas ó lobo" como nestes tempos.

Daquela, consideramos que entre todos podemos aportar o noso granciño de area: xa se sabe que "o gran non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro". Por tanto, imos entre todos a facer unha gran labor aportándolle ós compañeiros de Cáritas, para que os repartan entre os máis necesitados, alimentos non perecedeiros (pasta, fariña, aceite, azúcar, legumbres, colacao, latas de conserva, galletas, arroz...), e mesmo útiles de limpeza e aseo, así como unha demanda que se está incrementando cada vez máis: roupa usada para nenos e nenas de 3 a 7 anos. Cada un o que poda, pero vamos a intentar que cada un de nós, os corredores, os organizadores, o público...consiga aliviarlle aínda que sólo sexa unha ou dúas comidas dos vindeiros días a moita xente, e mesmo arrinquemos algún sorriso a algún neno ou nena...Temos que reventar os carros!!!!!!! Aplauso Aplauso
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 05 Mai 2014, 17:52
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

(PUBLICADO ORIXINALMENTE NO FIO DA CARREIRA DO CORGO)

As veces rematar unha carreira coma a do Corgo considérase un triunfo ou unha proeza; pero poucas veces o verdadeiro triunfo e proeza resulta ser a dos protagonistas desta imaxe: Xosé Antón Barreiro Pereiro e Kiko García Abalo, auxiliando a Victor Sandez Sobrido a chegar á meta que se lesionou a poucos metros da chegada.

O vindeiro 17 de maio, na Carreira da Guía aos dous heroes queremos facerlle un pequeno recoñecemento polo seu xesto con un compañeiro mantendo vivos os valores mais nobles do deporte.

Xosé Antón e Kiko: vémonos na Guía!!

URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Mai 2014, 13:37
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Aparte, parece ser que Kiko é fisio, e arranxoulle a Victor o nocello na propia liña de meta, podendo ir a traballar o luns!!

Impresionante...por cousas así vale a pena artellar este tipo de eventos!! Aplauso Aplauso
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mér, 07 Mai 2014, 7:05
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Esto pinta ben....moi ben.... Satisfecho
Onte mesmo tocoume a min facer o mesmiño que algúns no seu dia fixeron conmigo : INICIAR a un futuro Corredor... Aplauso Aplauso
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 07 Mai 2014, 8:12
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Imos ter "bautismo atlético" na Guía, loh??
Xalma

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
19/08/11
0 Carreiras
166 Mensaxes
Riveira
Respostar citando Envío Mér, 07 Mai 2014, 18:00
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

URKO escribió:
Imos ter "bautismo atlético" na Guía, loh??

Pa eso tennos que chegar dunha peza Demo sorrindo , que tampouco vai ser tan difícil ........ten moi bos maestros Mr. Green e el tamen pon toda carne no asador..........ou no asfalto ?? Mr. Green Mr. Green
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 8:42
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Onte comentábanos varios veciños da cantidade de corredores que ven adestrando polo circuito da carreira.
Esperamos que o disfruten...
Pola nosa parte decir que este venres vamos a facer o pintado das flechas indicadoras do recorrido, así que este fin de semana, seguramente se incrementará o número de corredores polas estradas carreirenses!! Bailar Bailar

Lembrar que as inscricións se pechan ó chegar ós 300 corredores...o que avisa non é traidor!!! Mr. Green Mr. Green Mr. Green
URKO

Mods
Mods
5/01/07
0 Carreiras
1359 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 8:46
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Por certo, que este ano debido á imposibilidade de aplazar un partido de fútbol a celebrar no campo de futbol de Carreira, as únicas duchas habilitadas serán as do Pabillón Polideportivo de A Fieiteira (situado a kilómetro de medio da liña de meta).
sarim47

Foreiro infantil
Foreiro infantil
11/10/11
0 Carreiras
70 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 9:08
Asunto: Re: XI Virxe da Guía. Carreira-Ribeira (17.05.2014)

Hola, onde se pode ver a lista de inscritos?

Gracias.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos