Foros ›
II Carreira Popular das Praias - Barreiros,Lugo (17/05/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Ven, 14 Mar 2014, 13:38
Asunto: II Carreira Popular das Praias - Barreiros,Lugo (17/05/14)

XA TEMOS ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCION PARA A II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS. 17 DE MAIO DE 2.014.
INSCRIPCIÓN GRATUITA. PRAZO ATA O 14 DE MAIO.
TODA A INFORMACIÓN EN http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com
Novidades nesta edición:
- Os circuitos infantiles tamén serán po-la propia praia de Altar.
- Establecemos unha nova categoría por parellas, con premio á 1ª parella masculina, feminina e mixta.
Teremos agasallos, pinchos e sorteos.
¡ESPERÁMOSVOS!!!!!

Vídeo promocional - youtu.be/E7njOI5le-k

xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Lun, 17 Mar 2014, 15:41
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Ontes fumos supervisa-lo percorrido, xa que co tema das marexadas e temporais, tiñamos certo medo ó estado das praias.
¡¡¡TODO PERFECTO!!!! Incluso mellor que o ano pasado.
Así que non hai disculpas!!!!!
sauca

Maratoniano
Maratoniano
5/12/11
0 Carreiras
100 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Mar 2014, 8:33
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Como puede ser que no me enterara el año pasado!?
Que buena pinta (y si los pinchos los pone la PizzBur... Bailar ) Habra que ir!!!
Me gusta el tema de las parejas

al entrenar escuchas a tu cuerpo, al competir, le dices a tu cuerpo que se calle
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Mar, 18 Mar 2014, 9:43
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Pois o ano pasado estivo anunciada tamén aquí en Correr en Galicia, pero foi todo nun tempo record, un mes antes da carreira acordamos organizala, e nese tempo preparamos todo, con máis ganas que saber, pero pensamos que a cousa non saira tan mal, de ahí que este ano repitamos esperando mellorar.
¡Sauca, esperámoste!!!
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Ven, 21 Mar 2014, 15:41
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Empezamos a recibir colaboracións.
Restaurante Asador - Cruz do Lobo - Barreiros (Lugo) Tfno. 982 124 403, agasállanos cunha comida para 4 persoas, composta por unha parrillada de carne, que se sorteará entre os participantes durante a entrega de trofeos.
Ademáis colabora aportando augas para os corredores.

Palacio de los niños (Oviedo), centro de ocio infantil, colabora con 30 invitacións para acudir ás suas instalacións. Sortearanse en lotes de 2 entre os nenos participantes.

¡Outra razón máis para participar na carreia!!!!!!
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Mér, 16 Abr 2014, 8:38
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

¡Queda un mes para a carreira!
Xa estamos nos 50 inscritos e seguimos recibindo colaboracións:
RESTAURANTE OLIÑAS DO MAR, SOGAMA, RESTAURANTE EL HUERTO, HOTEL A FINCA.
As praias están estupendas!!!!!!
Troy

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
60 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 18 Abr 2014, 14:58
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Inscrito!!.o ano pasado xa participei e a vedade un pracer correr polas fermosas praias que temos na mariña.
Carreira totalmente recomendada,polo circuito,a organizaciòn,o entorno...
villaronte

Foreiro infantil
Foreiro infantil
6/09/10
0 Carreiras
96 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 24 Abr 2014, 14:49
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

O ano pasado na súa primeira edición foi todo un exitazo. Unha carreira gratuita, con premios, regalos, pinchos... un marco de beleza incomparable... Fixo que repetimos. Noraboa ós organizadores pola iniciativa. !!! Ahí estaremos!!!
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Ven, 25 Abr 2014, 8:42
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

KEDADA + ANDAINA NAS PRAIAS
Comentar que tra-la petición dalgúns amigos, organizamos unha kedada para adestra-lo circuito da "Carreira popular das praias".
Tendo en conta que non se celebra "A carreira da troita" en A Pontenova e aproveitando o bo horario da marea, a kedada será o día 1 de maio, diante do hotel Ría do Masma, en Punta Anguieira, San Bartolo, Barreiros, lugar de saida da carreira. O horario será ás 12.15 h.
Teremos servizo de duchas para quen o desexe no campo de fútbol do Cascabeiro (Barreiros, a 1 km.).
Non é necesario a inscripción para a kedada, o único, cada participante deberá traer o seu propio avituallamento.
Dicir tamén, que o que desexe quedarse a compartir unha comida ó remate da kedada, temos concertado unha nol Café Bar Moderno de Barreiros, con menú ó prezo de 10 € para adultos e 5 € para nenos. Os interesados nesta opción (non obrigatoria) deben contactar directamente con Suso no tfno. 982 124 085.

Simultáneamente, organizase unha "Andaina das praias" (por si quereis comentalo a algún conocido ou acompañante). Será o mesmo día 1 de maio. A saida será ás 10.00 h. dende a praia de Arealonga, xunto ól restaurante La yenka. Percorreranse toda-las praias de Barreiros de este a oeste, coincidindo coa kedada a partir da praia de Lóngara. A camiñaata terá una duración aproximada de 3 horas e son sobre 8 km.
Os participantes contarán coos mesmos servizos que a kedada e a opción da comida.
Non é necesario inscribirse para a andaina e si para os que desexen participar na comida (chamando directamente a Suso do Café Bar Moderno).

Finalmente lembrar que o prazo para inscribirse na carreira remata o 14 de mayo.

Esperamos que esta actividade sexa do voso agrado.
¡¡¡¡AGARDÁMOSVOS!!!!!
manueleiras

Organización
Organización
4/07/13
3 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 26 Abr 2014, 23:36
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Moi boa iniciativa. É de agradecer que na Mariña se empecen a promover cada vez máis este tipo de iniciativas deportivas.

A miña máis sincera noraboa aos organizadores e moita sorte o día da carreira. Neste entorno tan fermoso disfruta un ainda máis si cabe deste deporte.

Por poñer unha aportación gustaríame comentar que a única desventaxa que vexo (dende a miña opinión), son as fechas nas que se celebra, posto que tería un maior número de participantes facéndoa un pouco máis tarde. Por exemplo en xuño que ainda non hai tanta afluencia de xente nas praias e se pode manter o percorrido.

De todas formas repito que todo me parece correcto e lamento non poder asistir a esta fantástica iniciativa. Sorte e ánimo!!! Aplauso
xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Mar, 29 Abr 2014, 9:59
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

manueleiras escribió:
Moi boa iniciativa. É de agradecer que na Mariña se empecen a promover cada vez máis este tipo de iniciativas deportivas.

A miña máis sincera noraboa aos organizadores e moita sorte o día da carreira. Neste entorno tan fermoso disfruta un ainda máis si cabe deste deporte. Aplauso

xose9

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
6/08/12
10 Carreiras
242 Mensaxes
RIBADEO (LUGO)
Respostar citando Envío Mar, 29 Abr 2014, 10:02
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Grazas Manuel po-los teus ánimos.
Comentar con respecto á da data da carreira, que nosoutros temos que guiarnos po-los horarios da marea baixa e por coincidir cunha marea viva, para que non teñamos problemas co circuito.
Unindo estas duas variables, o día que mellor coincidía era o 17 de maio, o que non quere dicir que para vindeiras edicións se poida facer como ben dices no mes de xuño.
Un saudo e grazas.
castroverdejvc

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/11
250 Carreiras
203 Mensaxes
Castroverde, Lugo
Respostar citando Envío Mér, 30 Abr 2014, 9:10
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

xose9 escribió:
...........
eu xa estou apuntado.
Simom

Maratoniano
Maratoniano
5/04/13
0 Carreiras
364 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Mai 2014, 10:30
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Animádevos a participar! Eu fíxeno o ano pasado, na súa primeira edición, e podo dicir que foi das carreiras que máis me gustou do ano anterior!

Diferente, divertida, e un percorrido fermosísimo!
Houbo camisetas e cazadoras de regalo, o avituallamento final foi espectacular: ademáis do común de auga, isotónicas, e froitas variadas, tamén contaban con bolos preñados para a ocasión (para quen os quixera, hahaha), non só para os participantes nas carreiras, senón que tamén se ofrecía aos acompañantes. Incluso os organizadores ían entre a xente repartindo a comida!

Sei que A Mariña pode quedar algo lonxe do resto do mundo Guiño pero merecerá a pena.

É gratis e ademáis entra no circuito de CenG! Moi feliz

Eu como non estou seguro de se estarei nesas datas pola zona, esperarei para inscribirme...

(P.D. Aínda que se me vexa foi emocionado, "promocionando" a carreira, non teño nada que ver coa organización, simplemente aprecio cando se organiza algo na comarca e gústame que se valore e teña éxito, porque neste caso o merece)
angelus

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
17/09/10
26 Carreiras
1074 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 03 Mai 2014, 11:40
Asunto: Re: II CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS - BARREIROS (LUGO)

Claro que hay que promocionar esta carrera. Primero por el recorrido, segundo por la organización que a parte de currárselo mucho no cobra ni un euro y tercero porque tenemos que conseguir que se realicen más carreras por la zona.

Tampoco soy de la organización pero si tienen a bien darme algún bollo preñado extra no se lo negaré jaja.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos