Foros ›
Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Forum Index / Diarios de adestramento
Reply to topic

Author
Message
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Tue, 02 Apr 2019, 20:51
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitiiiisimas gracias a todo o mundo polos vosos comentarios. As alegrías compartidas rinden moito máis.

Unhas pequenas aclaracións: En Catoira só lle poñen os cornos á persoas 1ª clasificadas da categoría, así que desta vez librei Smile . Por outra banda está moi ben o reforzo positivo que me dades ( nunca lle sobra a ninguén), pero considero que aínda estou moi lonxe da miña plena forma. O verdadeiro pico foi a San Martiño do 2017, na que fora a un ritmo neto de 5:05 nos 10 km e rematara en 50:47. Espero volver algún día a ese punto, pero queda aínda un longo camiño.

Sí que é certo que polo de agora os pasos parecen ir ben encamiñados: Onte luns tocou repaso na fisio e dixo que me atopaba os isquio esquerdo e o piramidal dereito mellor que nunca, para tratarse de min.
Hoxe fixen a penúltima saída , e saíu un ritmo de 5:37 sen sufrir en exceso, o cal xa comeza a parecerse ó ritmo normal dos meus entrenos de sempre. O único medo que teño para este domingo é que me pase como o ano pasado o no 2016, que se me enchoupen os pes pola chuvia e aparezan bochas que me fagan frear ou coxear. Xa non pido tampouco as condicións ideais do 2017, tempo seco, sen calor e sen vento. Con tal de ir cos pes en seco e sen molestias a festa xa está garantizada.
En fin, pouco menos de 5 días e xa saímos de dúbidas
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Fri, 05 Apr 2019, 9:51
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Tempo de desconto:
Despois de un mes sen molestia ningunha, xusto agora volvo a ter o gluteo esquerdo doente. Será polo cambio de tempo, polo tipo de exercicios onte mo ximnasio ou por ter coincidido demasiado xuntas as actividades fisicas e as dúas saidas desta semana.
En calquera caso hoxe e maña toca estiramentos, bañar a zona en voltarén e sesions de xeo e calor... e tamén poñerlle a ducia de ovos a Santa Clara, porque moito me temo que este domingo a saída da Media vai estar pasada por auga. Que chova polo medio da carreira non me importa, pero tratar de quentar baixo un diluvio é matador.
En fin, xa non queda nada!!!!
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 07 Apr 2019, 20:31
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Crónicas da favela: " Unha xornada particular" (XX Media Maratón Vigo- Baiona)

Non coma a de Sofia e Marcelo na película de Ettore Scola... se cadra a historia pode coincidir nun detalle : hoxe tamén había de fondo a voz dun líder con micro, arengando ás masas con moito fervor, pero tampouco é plan de comparar a Don Abel con Mussolini.

En fin, que cada Vig-Bay é especial, particular e diferente . Este ano houbo bastantes diferenzas coa anterior edición : o meu preparador físico tivo que quedar na casa. A miña archirrival xa hai tempo que deixou de selo por ter ascendido á élite popular, e á súa lebre ,por lesión, tocoulle este ano de facer de utillero, labor impagable nunha xornada coma ésta.
Á listaxe de diferenzas hai que sumarlle que nos quedamos sen fotokedada por falta de quórum. Hai que admitir que animar o paso da Maratón á mesma hora ten moito máis tirón. Polo menos si que poidemos facer a Carmafoto, unha cousa íntima e familiar se a imos comparar coa multitudinaria Carmafoto maratoniana que recibin ó móvil esta mañá cedo.
Pero a diferenza máis destacable para min era o meu estado de forma e de ánimo. A forma bastante flouxa , aínda que o glúteo esquerdo algo máis recuperado desde o xoves. O ánimo moi ansioso de sacarme a espiña do ano pasado, e poder rematar sen lesión, sen ampollas nos pes e facer algo digno de min. Sería xenial lograr ir todo o tempo a un ritmo de 5:25, soñar é de balde.
Dado o estado da correa do Garmin decidín non levalo, fiarme da cronometraxe da carreira e ir por sensancións... E sensacións tiven de sobra:
-Sensación de agobio, coma sempre, nos dous primeiros kilómetros , en medio de tanta xente con ritmos diversos.
-Sensación de saudade ó saír viva da costa de Canido, sniff, outros anos sempre había alguén do barrio alí animando, este ano nada.
- Sensación de tranquilidade cando de alí a pouco me rebasou Montse saudando con alegría. Por unha banda encantada de saber que puido vir correr, e pola outra dicíndome a min mesma que se alguén da talla dela me adianta era o natural, e que o meu ritmo podía ser bo igualmente
- Sensación de preocupación cando o que me rebasou no km 6 foi un corredor , colega do meu utillero. Antes de tomar a saída dixo que era a súa segunda media, e que na de Coruña fixera un tempo de 2 horas e 4 minutos... "Ou moi rápido vai él ou moi lenta vas tí, Alicia espabila!".
- Sensación de recarga enerxética cando alguén do Carma animaba desde fora. Como corro sen gafas non controlo ben as caras. Só recoñecín a Lisy antes de chegar a Nigrán, pero quedo agradecida a todos igualmente.Polos ánimos que me dan, e por ser o pedazo de equipo que son, tal e como demostraron hoxe.
- Sensación de sorpresa cando fun eu a que despois chegou á altura de Andrés 61, a quen daba por perdido. Foi o único que aparecera para a fotokedada, pero logo marchou a quentar e xa non o localicei . Púxenme á par, era cómodo ir ó seu ritmo. El veña a dicir que ía moi xusto, que como moito para baixar das 2 horas e máis nada. Pero a miña percepción era que viña sendo el o que tiraba de min. Propúxenlle polo menos ir en asociación atlética ata Praia América, pero non chegou a asinar o contrato, e de feito non deberon pasar nin 2 km cando me dixo que tirara sin el.
-"Igual me volves a pasar máis adiante"
-"Moi probablemente"
-"Di que sí, avogado", díxenlle xa desde adiante.
Un kilómetro máis e xa estaba no meu punto favorito, a baixada a Praia América. De cerebro e de caixa perfecta, pero as pernas afeitas como están a non facer máis de 10km de cada vez, estaban a piques de facer folga. Mentras non sexa calambre non hai concesións, e o cerebro é o que manda. Houbo sorte, non facía gran cousa de vento na praia, e a chuvia era unha especie de substitutivo amable da karcher que hoxe non tiñan conectada os veciños, e todo ía seguindo o seu curso natural, algunhas persoas adiantabanme a min e eu ía rebasando a outras, sen pozas no chan, sen bochas nos pes, sen demasiadas molestias no glúteo.
Faltaba case só unha costa abaixo para os gaiteiros de Monte Lourido cando Dr Slump saúda efusivamente desde atrás, contento de que lle deran permiso para correr, e ademáis indo a bo ritmo para baixar ben das 2 horas... Incombustible, saíndo dunha lesión e todo, danlle os folgos para meter ritmo como quere. Adiantoume un par de veces, e aínda que na recta de Sabarís acabei eu por diante , na chegada a Baiona a diferenza foi só de 9 segundos.
1:56:58 debaixo do arco. Pero o tempo neto foi 1:56:00. Facíame ilusión ter baixado de 1:55:00, a miña franxa habitual antes da lesión. Con todo iso , segundo o chip corrin máis de media carreira a ritmo de 5:26, o que fago ultimamente en carreiras de 10 km. E cheguei enteira.
Posto 2381 de 3584 na xeral
Posto 287 de 742 mulleres
Posto 6 de 16 veteranas de 55 a 59 anos

Pouco a pouco, o caso é seguir. Antes de que me dea conta, xa estarei correndo no 2020 a miña edición número X


Last edited by Meigalicix on Sun, 07 Apr 2019, 21:25; edited 1 time in total
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
80 Carreiras
891 Posts
Vigo
Reply with quote Post Sun, 07 Apr 2019, 20:40
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Fenomenal, Alicia. As cousas con vontade, van para diante. Magnífica carreira, vendo as circunstancias que nos tes relatado semana tras semana. Que non decaiga!
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
77 Carreiras
910 Posts
Valdoviño
Reply with quote Post Sun, 07 Apr 2019, 21:13
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy buena carrera y, como siempre, mejor crónica.
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
7745 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 10:26
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Está moi ben!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
400 Carreiras
5093 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 10:31
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Yo soy así, efusivo. Muy bien, Alicia, estupenda carrera y crónica.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1777 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 10:56
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Bravo Alicia! Gran Carrera y Mejor Crónica.
Pd: Menos mal que mis fuerzas siguen dando para lanzar bravatas Wink
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1312 Posts
Vigo - Compostela
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 11:42
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moi grande Meiga! Noraboa!!!
Agora a ter continuidade e seguir disfrutando sen molestias.
Grazas pola crónica!
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
2927 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 13:39
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Noraboa Meiga. Bajar de 5:30 es un puntazo con lo irregular de tus entrenos. La de 2020 será mejor fijo.
XoseM

Mods
Mods
21/10/08
0 Carreiras
1983 Posts
Galiza
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 13:50
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Aplauso Aplauso

moi ben contado! Smile ... parece que un tamén vai correndo ao tempo que te lé Wink


parabéns por poder desfrutar do día!

Coida de CorrerEnGalicia -- Blog
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
12 Carreiras
455 Posts
A Coruña
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 15:44
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Meiga. Objetivo conseguido, un año más, y al parecer dejando atrás lo más notable de las molestias. Esto siempre es más positivo que correr un minuto más o menos.
DoctorSlump

Foreiro Gatuno
Foreiro Gatuno
18/04/07
400 Carreiras
5093 Posts
CdA, Tomiño
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 16:24
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Meigalicix escribió:
Doctor Slump... na recta de Sabarís acabei eu por diante

Pollastre escribió:
...dejando atrás lo más notable de las molestias.

Hum.

Como el Ave Fénix resurjo de mis lesiones
Meigalicix

Super Veterano
Super Veterano
19/02/12
50 Carreiras
2715 Posts
Vigo
Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 17:05
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

DoctorSlump escribió:
Meigalicix escribió:
Doctor Slump... na recta de Sabarís acabei eu por diante

Pollastre escribió:
...dejando atrás lo más notable de las molestias.

Hum.

Doctor, Doctor, non saque vostede as cousas de contexto, non vaia ser que teñamos que recurrir a Juanjo de la Iglesia para que nos dea un curso de ética periodística Smile


Last edited by Meigalicix on Mon, 08 Apr 2019, 22:41; edited 1 time in total
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
3287 Posts

Reply with quote Post Mon, 08 Apr 2019, 17:30
Post subject: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena Meiga. Pese a todo el calvario que has pasado con ese piramidal, no sólo has podido correr, si no que has hecho una buena carrera a buen ritmo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You cannot download files in this forum