Foros ›
Autor
Mensaxe
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 19 Dec 2016, 18:06
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Enhorabuena por ese tercer puesto, y gracias a la foto te he puesto cara.

Lo de los cambios de ritmo sí funciona, y claro que se suda y es más duro que un rodaje, pero ya verás cómo mejoras y luego te es más fácil llevar una buena "velocidad de crucero".
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 26 Dec 2016, 19:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Staying alive"

Ou "I will survive", ou "Resistiré", ata o "c-c-c-c-c-come on" que soltaba o finado de Georges Michael (outro que se nos foi, menudo ano este) no medio de "I want your sex"... Hai que botar man de todos os estribillos, refráns e citas que axuden a tirar para adiante.

Xa van varias semanas que a trabada no glúteo dereito non só non desaparece, senón que se estabiliza, como hai un ano, como se os seis meses de ximnasio, a alimentación e os pasos pola fisio caducasen pasada a tranquilidade do verán... Digamos que a semana pasada non axudou especialmente: O mércores ía descalza pola casa, en calcetíns, e fun aterrizar en plancha nunha zona do chán que parecía estar encerada de máis (inexplicable, porque eu nunca uso cera). Tal e como manda a Lei de Murphy, o planchazo foi sobre o glúteo dereito.
Para rematar de adobiar o día, tocaba celebrar o típico pìncho de Nadal no traballo, e ó final das voltas e voltas de curruncho en curruncho tapeando, pero sempre de pe. Como se non abondase , resulta que nas datas de Nadal van a estar de obras no despacho onde traballo, e antes de irme tocou facer mudanza e deixar a zona despexada. Vamos, que cheguei a casa ás 8 da tarde coas pernas anestesiadas.
O xoves tocou máis sesión de pe facendo as compras da cea de Noiteboa. Ó chegar a casa decidín que había que desentumecer os músculos na media hora que me quedaba libre na mañá. Pero como son así de irreflexiva, deume por facelo en plan alternancias forte /suave de 1+1,5 minutos x 10 pola zona da Guía. Decididamente algo absurdo e suicida. Absurdo porque coas obras no cruce de Dr.Corbal e a morea de xente circulando ó mediodía non habería xeito de acelerar nos primeiros tramos. E suicida, porque cando os tramos de acelerar ritmo cadraron pola Avenida de Dona Fermina, ou pola Baixada a Ríos en dirección costa arriba, en fin, as sensacións non eran nada boas. Con todo iso acabei facendo 5Km en 30:16 minutos, o que ben a dar a media habitual cando vou por esa zona.
O venres pasei unha hora ca fisio. Andivo a mirarme do dereito e do revés. Alivio momentáneo, e cita para a semana seguinte. Nalgún momento na viaxe de volta a casa, veume o pensamento de se algún día me tocaría apostatar do asunto, igual que me ten comentado Sanmikel que acabou facendo él. De momento un voto de confianza. Despois xa veremos...
O sábado ó mediodía aproveitei outra media hora. Para non aburrirme na Balbarda, e non escangallarme nas costas da Guía, provei a facer unha ruta alternativa pola rúa Arnela. Ó final da rúa quixen evitar a tremenda costa abaixo en pedra húmida que me levaría ata igrexa do Salvador. Así que en lugar de ir cara a esquerda tirei para a dereita. E foi sair dun souto para meterme noutro, porque a costa arriba que leva ata a Avenida de Galicia é das da clase "boa constrictor" que diría Papa- Léguas. Ven se ve que facía tempo que non ía por esa zona ... Pasado o primeiro porto de montaña imprevisto, tiven algo de tregua camiño da Riouxa. Ata me metín pola zona da pérgola e a fonte para pisar terreo brando. Despois collin á esquerda , para dar a volta ó parque en enlazar co camiño Real. Novamente a miña mala memoria xogou en contra. A baixada á Rotea é igual de brutal que a da Igrexa, menos mal que tocaba pisar en asfalto seco e soleado e non en pedra húmida. Logo volvin subindo pola "Baixada a Ríos", pero cando cheguei de volta á Balbarda só fixera 23 minutos, así que metín algunha volta máis, ata acabar 4200 m, que saíron nun ritmo de 5:40 min/km, cousa que non é de extrañar dadas as subidas e baixadas que acabei facendo... E outros dín " hoxe vou facer costas", como unha elección puntual. Aquí na favela é o destino inevitable e a rutina obrigada.
E pasou a Noiteboa, xantar e beber a fartar e deitarse tarde. Costou despertar o domingo pola mañá. Pero algo tiraba de min, así que ás 10 da mañá saín rumbo Chapela decidida a rebaixar os efectos de tanto exceso... En realidade non é que me excedera coa comida, pero o corpo vai vello e xa non lle presta comer de máis e máis tarde de certa hora... En fin, fun tirando en modo carreira contínua, insistentemente acompañada da trabada canina no glúteo dereito, pero levándoo con dignidade. Pensei que sairía un noxo de entreno, pero o garmin dicía que rematara en 49:56 minutos a un ritmo de 5:36. Aceptable, dentro das circunstancias.
Hoxe luns, nova semana, e tocou ir ó ximnasio. Polo menos alí non tiven molestias facendo os exercicios. Hoxe foi un día bo, de momento.
Con todas estas voltas e sensacións, teñen cambiado os obxectivos. Non me apuntarei na Nocturna de Lugo. O 13 de xaneiro terei un día apretado de traballo. O 14 non teño chófer, e conducindo eu mesma ata Lugo 2 horas e media, sei fixo que ía chegar coa perna dereita contracturada, e o día 15 pola mañá cedo tería que estar en Santiago para unha reunión de traballo. Así que mellor ir con calma.
A ver se polo camiño imos mellorando, e se acaso pensando a longo prazo noutras carreiras. E disfrutando de poder sair estes tres días á semana, sen sufrir en exceso, sen ter que parar. Viva , que xa é mais do que outros da miña mesma idade poden dicir .


freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Dec 2016, 11:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

cultura.elpais.com/cul...21211.html

Una vez más obituary a la que bailaba encima de un sofá con un par de farloperos.

Y sólo quedan 3 días.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Ven, 30 Dec 2016, 13:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¡Mucho ánimo para seguir batallando contra esas molestias!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 01 Xan 2017, 22:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Ano novo con ben veñas... "

... como os años coas ovellas. Así era o refrán que dicía a miña avoa sempre nesta data. En fin, a ver se chega a facerse verdade para tod@s @s foreir@s, e que se queden co 2016 as molestias, lesións, baixóns, fluctuacións , etc...

De momento para mín o ano, segundo os datos acumulados en Tiramillas, acabou co mesmo número de saídas ca o ano pasado (138), pero 65 km menos de entreno. Ritmo medio máis o menos igual. Supoño que é diso do que se trata, de irse mantendo.

Non fago ningún propósito para este ano, si acaso intentar non acumular tantas semanas de só 2 saídas, e volver con regularidade a ese mínimo de 3. Queda por escrito, na confianza de que funcione unha vez máis que o que se escribe se cumple (é que esta semana volvin rematar con só días saídas).

Hoxe saín ás 9:45 da mañá. O Garmin di que a temperatura era de 2,2ºC. Certo que facía fresquiño, pero eu penso que no era tanto... Pensei que tería todo o asfalto para min soa. Supostamente a xente deportista estaría descansando da San Silvestre que lle tocase o día anterior , e o resto dos mortais repoñéndose dos excesos da noite de fin de ano. Pero non. O censo resultante foi mais ou menos:
- 4 taxis traendo de volta a casa a parellas de mozos con pinta de vir de" cotillón pijo"
- Unha señora soa nunha das paradas de bus con cara de ir a misa de 11
- Un par de paseantes de cans
- Un camión de bombeiros con pinta de recén saido da base, pero sen alarma. Será que os sacan a pasear para que non enferruxen, vai ti saber.
- Mocedade aleatoria noutra das paradas de bus, pero con pinta de ter estado de festa ó aire libre, exenta de taxas.
- 5 ou 6 puntos de acumulación de confetti de anaquiños de plástico polas beirarrúas.
- Unha esforzada ama de casa pasándolle a vasoira á súa beirarrúa eliminando confettis.
- 4 corredores trotando en dirección contraria a altura da Riouxa, tapados de forro polar ata as orellas, creo que algún quedou mirando para a miña indumentaria primaveral.
- 4 xubilados na parada de bus das Sete Torres, que non lles chegou con quedar mirando, senón que un deles sentiuse na "caballerosa obriga" de berrar "Así, así, dalle con xeito ás zapatillas" e cousas polo estilo... En fin , hai cousas que non cambiarán nunca neste país. Haberá a quen lle pareza que iso é normal, pero a min paréceme tan fora de lugar ... Alguén se imaxinaría ás vellas que esperan o bus dicíndolle algo ós ciclistas ou corredores que pasan de cando en vez, só porque van en camiseta de asas e con mallas?. Diríanlle algo os xubilados desta mañá a algún corredor que pasase?. Sei que a veces son sensible con estas cousas, pero cando corro gústame ser invisible e que me deixen tranquila.

Censos e incidentes a un lado, as molestias do glúteo dereito non deron tanto a lata. O venres a fisio amasou arreo na zona, e aconselloume uns exercicios de flexións cada 3 horas para traballar as lumbares a ver se da resultado. A verdade que estes dous días pouco me apliquei ó asunto co tema das festas, pero haberá que seguir e ver se funciona algo.

Crono desta primeira saída do ano: 49:40, a un ritmo de 5:35.

Mañá ximnasio, e non sei se terei exactamente sesión de entreno ou sesión de debate. O caso é que o luns pasado atendeume outro monitor distinto, nin Jota, nin Rubén, e meteulle caña de máis ó chaleco de electroestimulación. Por dúas veces tiven que dicirlle que lle baixara a intensidade ó trebello. Logo xa pasei, porque non quería ser pesada e porque máis ou menos me apañaba para facer a táboa de exercicios. Un erro pola miña banda, pois logo o mércores e xoves tiña o muslo esquerdo doente e agarrotado na zona en que estaba un dos electrodos. Estar de pé e baixar escaleiras resultaba case misión imposible. O meu "preparador físico" tranquilizoume explicando que se fose ruptura de fibras sentiría pinchazos e non sería capaz de andar. Tería que ser máis ben contractura... En calquera caso non ten sentido ir ó ximnasio e sair peor do que entras.

Non sei como será noutros ximnasios que se dediquen a isto , pero neste que vou están coa mentalidade de que é a máquina a que ten que traballar máis . Suponse que para rexenerar así a musculatura debilitada. Pero o que non ten sentido, desde o meu punto de vista, é obrigar ó corpo mais alá duns límites.
A min que me deixen ó meu ritmo e coa máquina a medio gas, e se con iso lles parece que non me adapto ó espíritu do ximnasio, pois que me rescindan a ficha de clienta. A ver en que queda o debate mañá.
corredor101

Maratoniano
Maratoniano
7/04/08
117 Carreiras
4361 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 02 Xan 2017, 15:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Muy buena descripción del ambiente del día 1 de enero.

Lo de los caminantes diciendo tonterías a los corredores, siempre me resultó molesto y me parece una falta de respeto, supongo que la cosa empeora si además eres corredora. Hace años, cuando esto no estaba tan de moda y corríamos pocos, mucha gente nos decía chorradas, a las que yo a veces contestaba (sin parar de correr, no fuera a ser que se me enfadaran), ahora como corre más gente parece que estamos más aceptados socialmente, aunque de vez en cuando te encuentras a algún listillo, o borracho o lo que sea.

Feliz ano, e que mellores das molestias esas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 02 Xan 2017, 21:31
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Grazas, 101.

Hoxe finalmente no ximnasio volveu todo ó seu rego. A perna esquerda xa mellor, e un entreno suave, no que se refire á máquina, porque planchas, flexións e saltos houbo os de sempre. Creo que chegamos a un entendemento das pautas de intensidade a seguir, asi que de momento seguirei coa sesión semanal de sempre.

O dos deberes da fisio xa foi cero patatero, porque estamos en plena operación "regalos de Reis", e non da para poñerse a facer flexións cada 3 horas andando polas tendas ou na parada do bus.

A ver se mañá me poño de verdade
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Xan 2017, 8:13
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Esto marcha Meiga... En breve nos vemos por Lugo Bailar
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 03 Xan 2017, 14:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

www.youtube.com/watch?v=k-bvu_LMgJM

El tema de correr en año nuevo es un puntazo que no todos podemos implementar con facilidad. Envidia cochina de esas 9:45 AM. Yo estaba en mi salón, de resaca y con la de 2 tacos subida encima por el chute de azúcar de la noche anterior. Ya llevaba un par de horas despierto. Seguro que sabes de lo que hablo. Cada uno tenemos nuestros entrenos a nuestras maneras.

Lo del censo es cojonudo porque ese día casi se puede hacer un censo completo de todo lo que te encuentras, aunque sean cachos de papel de periódico. Y al respecto del incidente te recomiendo el enlace, concretamente los últimos 5 minutos en los que hay una escena que te va a gustar (una de un camión de reparto) y que en mi opinión habría que poner a l@s tí@s en los colegios a partir de los 7 años, anualmente, trimestralmente, interiorizándola y así se acabaría el problema.

Disculpen señores, pero desde que tengo hijas es lo que hay.

La peli es cuestión de gustos... hay gente que no soporta las "españoladas", yo sí, y es de mis favoritas. Bueno es Victorita la que siempre fue de mis favoritas. Seguro que te la encuentras por París y te arranca la cabeza de un mordisco... creo que corre también... dicen.

Feliz año.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 04 Xan 2017, 0:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Moitas grazas polo enlace Freaky. Nunca vira esta peli en concreto, pero desde logo do carácter de Victoria xa non tiña dúbida ó respecto.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 08 Xan 2017, 23:14
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: en boca pechada non entran as moscas"

Ou se cadra ven mellor ó caso aquela outra frase de que " o camiño cara o inferno está adoquinado de boas intencións"... En fin, que se antes me poño como obxectivo para 2017 o de facer 3 saídas cada semana, antes deixo de cumplilo... Pero é que sempre, sempre sempre se acaba revirando algo no tema doméstico e familiar (ter que ir esta fin de semana a Catoira entre outras cousas máis)

Por outra banda tamén hei de admitir que as saídas do xoves e do sábado, foron curtas, de kilómetros e de motivación. Con isto de non ter carreiras á vista, e non acabar de mellorar do tema muscular , recoñezo que saín en plan Bill Murray atrapado no tempo, unha especie de " para que matarse se ó final todo vai ser o mesmo".

Non me vexo indo sensiblemente a mellor, pero tampouco a peor, o cal xa é importante.

Se do que se trata é de ter "unha cenoria" diante, xa me busquei hoxe unha: Carreira do río Rato , 12 de febreiro en Lugo, xa que este sábado 14 non vou poder estar na nocturna.

A ver se funciona.


Última edición por Meigalicix o Mér, 11 Xan 2017, 18:40; editado 1 vez
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Xan 2017, 8:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo Meiga. Yo en Febrero sólo tengo fija la MM Coruña, pero puede ser que me acerce a Lugo.
Mejórate.
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Lun, 09 Xan 2017, 23:16
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Lo de ponerse una carrera como objetivo siempre ayuda a motivarse. ¡Mucho ánimo!
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 11 Xan 2017, 1:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela : Desencartando os osos"

Seica a madriña da miña nai viviu ata os 90 e moitos , polo visto por ter certos hábitos de vida saludable na súa ancianidade. Por suposto non tiña elíptica nin estática. Todo a base de sacho. A calquera que lle preguntase sempre lle dícía que todo o facía para desencartar os osos.

Así que seguindo a estela do legado familiar, hoxe decidín que o que había que facer únicamente era desencartar os osos, sen máis obxectivos.

Primeiramente un par de exercicios de quecemento dos que só se poden facer na favela, a saber: ir tirar a bolsa de lixo orgánico ó anaco de minifundio onde temos os bidóns de compostaxe ( o que poderiamos traducir ó cambio por cinco minutos de exercicio coa pesa de 10 kg alternando en cada man), e logo ír ó outro anaco de minifundio onde temos as galiñas a recoller os ovos (actividade lixeira con algo de flexión de pernas para poder acceder ó poñedoiro. 3 ovos nesta ocasión)

Esta tarde tocou Chapela, xa facía días que non ía. Despois da sesión de ximnasio de onte e as horas de traballo sentada, esta mañá tiña a zona do glúteo dereito bastante peor que en días anteriores. Curiosamente, foi botarme a correr e notar que ata case melloraba: A ver se agora resulta que do que se queixaba a perna dereita era de inactividade.

Rematei en 51:10 minutos , ritmo medio de 5:44 min/km. Pero iso xa tanto tiña, porque do que se trataba era de "desencartar".

Xa veremos que declaracións oficiais fai a miña perna dereita mañá pola mañá ó respecto.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 11 Xan 2017, 21:51
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Como se llamaba aquel Tio que hacia un programa en el que poniavun candado a la nevera y usaba la calle comovgimnasio..ese de agua carne y nada de....con la parienta....sabes de quien te hablo





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos