Foros ›
Autor
Mensaxe
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 6:54
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

6 semanas son tempo dabondo!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 17:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Graciñas polos ánimos Beauvais.

Hoxe , novo entreno, ás 7 da mañá coas legañas algo pegadas ainda.

8930 m, en 51: 33 minutos, a un ritmo de 5:47 min/ km. En fin, a ver se o mércores melloramos algo.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 06 Out 2014, 19:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Eses km as 7 e loco ir traballar .moito merito.
Bueno eu non daría,en parte porque si voy d manan entro as 8.hoxe saín pero as 9 jeje son maíz dormilona e como entraba as 3 mellor
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Out 2014, 18:34
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Estou plenamente de acordo con Aprendiz: haiche moito nivel ultimamente nos diarios de adestramento.

- Nivel de participación, hai xente que andaba desparecida e agora volve, outros que retoman o ritmo, e todo o mundo deixando novas entradas ( eu tamén me tuven que ir buscar á segunda páxina)

- Nivel narrativo e creativo ... Desde logo o Diario Gatuno e o Correo Papaleguense non teñen rival nese campo, e nunca defraudan.

- Nivel atlético: Todo o mundo poñendolle unha chea de horas e unha chea de ganas, aínda que os obxectivo a sexas tan diversos como baixar de 3 horas en Amsterdam, volver enteiros de Oporto, despuntar como promesa na categoría senior ou saír do dique seco.
E no medio de todo iso, estamos os mortais, normaliños e corrientes, tirando do outro plato na balanza.
Remata a semana co mínimo de 3 saídas realizadas. Costou, porque co traballo pendente tuven que adiar a saída do mércores para o venres, e o resultado foi un tanto frustrante. Deses días que pensas que estás correndo coma sempre e
en realidade sae un churro de tempo .
Hoxe necesitaba subir a miña autoestima con urxencia. E será que levaba o corpo mais descansado, ou que de camiño atopei a outras dúas persoas correndo que me serviron de referencia e motivación para apretar algo mais o ritmo. O caso é que logrei facer no circuito de Chapela un tempo de 47:42 minutos, a un ritmo de 5:25 mín/ km ... Xa respiro tranquila outra vez.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Out 2014, 20:47
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Felicidades Meigalicix, por o teu esforzo e gañas. Das exemplo.
Sen tempo para correr, o buscas ( a min me sucede igual, con dous traballos, e a familia).
Para min e un pracer leer os teus entrenos, ver as gañas que pos, o tempo que sacas debaixo das pedras, e esa reivindicación de corredora e de muller.
En serio os diarios non só son tempos, nen melloras; lendo entre liñas (a veces non fai falla), se ven as persoas, os heroes e heroiñas que fan que este deporte teña unha base sólida, e non me refiro a correr unha barbaridade, se non a dar exemplo, constancia, cando o tempo, o corpo e outras cousas che quitan as ganas!
Bravo Meigalicix!!
Sorriso


Última edición por sanmikel o Dom, 12 Out 2014, 21:53; editado 1 vez
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 12 Out 2014, 21:07
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Graciñas Sanmikel, case me pos colorada.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 13 Out 2014, 7:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Primeira saida da semana, ás 7 da mañá `por Chapela antes de que volvese a caer outro trebón considerable.

Hoxe fixen un tempo de 50:42. a un ritmo de 5:41 min/km. Non é tan lucido coma p de onte, pero entra no rango do aceptable.

A ver se esta semana me axusto ben ó plan (luns , mércores, venres), pois a fin de semana toca estar fora sen posibilidade de correr.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 15 Out 2014, 15:38
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

E imos seguindo co plan. Segunda saída da semana, sen facer caso da chuvia (é que se neste pais lle imos facer caso a chuvia non saimos a correr nunca).

Fixen a distancia e percorrido de sempre, pero o garmin quedou sen bateria antes de chegar a casa, asi que os datos que teño son: 8,40km., en 48:48 minutos a un ritmo de 5:48 min/km. Aí seguimos, no límite.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 21 Out 2014, 10:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Por fin teño un momento para pasarme por aqui despois duns dias complexos no laboral e no doméstico.
Cumplin as tres saídas da semana pasada con certa dignidade, e onte tocaba reiniciar o plan semanal "luns-mércores-venres", pero o único oco que me quedaba era das 10 ás 11 da noite, e xa estaba moi cansa para entón.

Hoxe si que puiden facer a primeira saída da semana . Chapela ás 7 da mañá, 8,87km. en 51:30 minutos, a un ritmo de 5:48 min/km... en fin, uns fadeces entrenos de calidade, e outros facemos entrenos de caridade. O caso é seguir.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 23 Out 2014, 21:58
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Segunda saída da semana, cumprindo o plan alternativo de martes-xoves-domingo.

Non son das que se tiñen o pelo nin das que maquillan a cara (exceptuando vodas e ceas de xubilación).. pero hoxe case me daban ganas de maquillar os resultados dos últimos entrenos, xa non sei por onde anda aquela paletiña de cores tan apañada que alguen colgou de coña hai un par de meses no foro. Collería e daría un par de pinceladas de "é que levo días durmindo pouco", un chisco de "con tanto traballo dentro e fora da casa non se pode ir ó mesmo ritmo que en vacacións", e logo algo de sombra e colorete de " por favor, como poden ser as 9 da noite e facer aínda 21º C, asi non hai que pare de suar"... e total para qué... se despois de pasar as toalliñas desmaquillantes o que queda é unha distancia de 8870m, percorrida en 50:57 minutos , a un ritmo de 5:44 min/km.

Moito van ter que cambiar os ritmos nos vindeiros 20 días.
Aprendiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
24/06/13
8 Carreiras
680 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Ven, 24 Out 2014, 6:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Nada, Meiga, ánimo. Excusas son. Verdad también. Se hace lo que se puede, bastante es, a veces, mantener el número de días, como para encima pensar en ir ligero. En todo caso, ya te dije el mérito que supone ir por tu exigente circuito. Coge llano un día y te resarces mentalmente. Saludos.

Hazlo, o no lo hagas. Pero no lo intentes.
Pollastre

Foreiro Senior
Foreiro Senior
10/01/14
16 Carreiras
508 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Ven, 24 Out 2014, 10:50
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hola Meiga, este es mi primer mensaje en tu diario, pero te leo en silencio desde hace tiempo. Tenía intención de ir también a la San Martiño, si la intendencia familiar lo permite, y como seguro que conoces bien el recorrido, quería pedirte que hicieras una pequeña descripción, de los desniveles básicamente. A Orense voy a menudo y más o menos lo conozco, sé que hay una rampa pronunciada en la salida, pero no es lo mismo conocerlo en coche o caminando que corriendo.
A ver si nos vemos por allí, y que no decaiga el ánimo
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 24 Out 2014, 18:05
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Graciñas polos ánimos Aprendiz, Pero o que máis me resarce mentalmente é facer precisamente o circuíto de todos os día nun tempo mellor. Xusto o que se necesita para unha San Martiño, que está chea de subidas e baixadas.
Quedan exactamente 22 días, nos que espero poder facer 10 a 11 entrenos de 8.900m, "maloserá" que non dea recuperado o punto de forma nalgún momento, Se cadra o único que me preocupa é que o fin de semana do 7 ón 9 de novembro tócame ir a Madrid e chupar 9 horas de Alvia o venres e outras tantas o domingo, demasiado tempo sentada... Xa iremos vendo como vai a cousa.

E tamén gracias a tí por saludar Pollastre. Deixeite unha mensaxe privada cunha descripción detallada do perfil que xa apareceu mais dunha vez polo fio de discusión da carreira en anos anteriores. Cero que da Ponte do Milenio se arranca costa arriba, pero non é un traxecto longo, e de contado se xira en costa abaixo cara a Ponte Vella. Nese tramo a dificultade é non darte de fuciños con todas as persoas que levas diante, detrás e polos lados. Non é unha carreira para sair escopetado, pero desde logo é precioso o espectáculo de ir pola Ponte Vella abaixo vendo a serpe multicolor de xente correndo.

Outra zona de algo de dificultade é a da Avenida de Portugal, preto dos xardíns do Posío, pero tamén logo se fai. En xeral hai pequenas subidas, pequenas baixadas, zonas anchas , outras estreitas pola zona vella. O que sí hai que procurar é que chegar con gasolina de reserva para o tramo final, porque ó sair de Curros Enríquez e a Ponte Nova, hai un tramo de costa que clava as pernas cando xa levas 9 km enriba, é a Rúa Francisca Herrera, curta pero matadora, e cando xa te confías que acabou, resulta que tes o último repeito da Ponte Romana outra vez. Iso si, chegada a meta en costa abaixo que da gusto,aínda que sair do control de chegada a veces é algo lento e con atascos.

A ver se é verdade que podes participar. É das carreriras que enganchan.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Out 2014, 18:22
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

si o final participa, o meu fillo irei a animarvos ós dous.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 24 Out 2014, 20:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Vale, vale, tenme informada. Está moi ben isto de ir quedando de carreira en carreira. Ademais este ano coincide que non vou ter ninguen coñecido no público ( a amiga coa que quedo habitualmente vai estar fora) .





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos