Foros ›
Autor
Mensaxe
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
606 Carreiras
4695 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Xov, 04 Xan 2024, 15:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Enhorabuena Alicia,ahora a disfrutar de la vida aún más si cabe.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2024, 1:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : O medo é libre

Parecía que o ano comezaba ben. Na semana cordobesa cheguei a facer 4 sesións de exercicios de reforzo, e unha saída de sendeirismo das que marcou 25.000 pasos no garmin
Na semana de volta fixen dúas saídas por fín coas zapatillas postas. Sen moito fuelle pois o mes de parón notouse, pero sen sufrir especialmente , e empuxada polo frío, que é o que máis me axuda sempre a ir con comodidade.
Esta semana foise en ir e vir andando moitas veces (seguimos coa folga de Vitrasa), ocupada en asistir a todas as citas médicas que tiña atrasadas de hai meses, incluído paso pola fisio... Segundo ela, todo seguía correctamente no seu sitio e con licencia para correr.
Tiña pensado anotarme á Subida ao Castro, por probar, pero tendo que pasar por unha colonoscopia a semana que ven , xa desistin da idea. O da dieta, estar día e medio a líquidos e posterior remexemento intestinal non son o mellor escenario para entrenar e competir.
Con todo hai que ir retomando o ritmo, e este venres pola tarde por fin saín ... coa camiseta de manga longa e por riba dela un xersei de lá dos de cuello cisne. Lonxe quedan os días en que corría a nocturna de Reis en Lugo en camiseta de asas. Máis importante que iso foi o pinchazo persistente no xeonllo dereito, demasiado parecido ao que me acabou levando á lesión do 2020, a que me tivo parada un ano enteiro.
Optei por ir máis a modiño que o Luis Fonsi , sen máis pretensión que chegar a casa de volta sen maiores danos. Pasado o Km 4 alcancei o punto de quecemento muscular e efecto anestesia que me permitiu seguir con máis normalidade
Xa en casa e despois dunha ducha reparadora fixen as comprobacións pertinentes: presionar na zona, ver se había inflamación, amago de bolsa de líquido ou similar, e parecia que non. Da dor nin rastro.
Pero o medo é libre.
E non é que queira renegar a estas alturas da filosofía da señora Minducha , pero antes que verme un ano parada prefiro facer un cambio de plans, e xa que non vou ao Castro, dedicar os vindeiros sete días á bici estática e exercicios de cuádriceps , abdominais, pesas.
Mentras, as compañeiras do club andan xa a mandar mensaxes de que xa vai subir o prezo da Vig Bay e hai que anotarse, que se facemos equipo para a contrarreloxo de marzo, que se a Mediolanum de Ourense...
"Ante todo mucha calma", xa o dicía Siniestro. E xa iremos vendo par a semana
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 20 Xan 2024, 17:26
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Sí. Esto de las redes sociales para lo único que sirve es para tener sensación de que no estás en el grupo. Ni caso a las del club y buen caso a Siniestro. Si me recoges un consejo.

Aunque también está bien un carpediem y apuntarse a la media. Todos lo hemos probado con distintos resultados.

En todo caso la decisión es tuya. Ya lo decía ese perro inglés: "To be or not to be".
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Feb 2024, 23:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela : " Operación F4, punto e final... e retorno a Punxsutawney"

Nestas últimas tres semanas houbo tempo de abondo para pensar que a perna estaba recuperada e meter varios entrenos curtos de 3 a 4 km por tanda.
Houbo tempo tamén para ir ata o Concello de Vigo, cobrar uns cartos, recoller un trofeo, unha sudadeira e deixar que Don Abel me dese un par de bicos diante das cámaras, por quedar de medalla de prata nas velloucas de 55 a 60. Hai probas gráficas, pero xa non sei compartilas aquí. Son unha nulidade poñendo enlaces.
static.wixstatic.com/m...cb~mv2.jpg
Operación F4 rematada con éxito .
Todo seguíu o seu curso normal ata este venres: Por querer ser boa e non deixar plantado a un amigo que quería ir a un curso de un par de horas de iniciación ao swing.
Foi moi divertido facer o parvo todos xuntos, pero tanto brincar, xirar, unha, dúas tres, lento, lento, rápido lento pasou unha factura cara ao día seguinte: inflamación de xeonllo dereito , coa súa correspondente bolsiña de líquido sobresaíndo da articulación...
Os vellos no serven pra certos traballos, xa dicía a copla.
Levo xa dúas doses de celecoxib, e hoxe en vez de trotar pola vía verde, andiven exercendo de auténtica xubilada dándolle uso as trebellos da zona biosaudable ( elíptica, remo e abdominais).
Espero que a miña estadía en Punxsutawney sexa só de un mes esta vez, e non de 1 ano, como na última, e que a bolsa de líquido remita pronto e me deixe de contado volver ao asfalto
Parece que non aprendo nunca Chorando
freakyrunning

Maratoniano
Maratoniano
14/10/13
0 Carreiras
4270 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Feb 2024, 15:53
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Ya le gustaría a Don Abel hacer lo que hacen las velloucas.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3259 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 28 Feb 2024, 18:42
Asunto: Re: Diario de Meigalicix

Crónicas da favela: "Inicio da temporada 2024"

Calquera outro ano unha entrada como ésta tería a listaxe de carreiras á vista e os plans de entreno.
Despois de ver como evolucionou o xeonllo neste mes teño claro que non hai calendario posible, que hai lesión para meses como da outra vez. Pero non por iso vai a haber cese de actividade nin peche do local... Por máis que CeG esté como está, e nesta sección de diarios queden só cinco en activo... Pois precisamente por iso. Hai que seguir.
Xa estou a piques de rematar o tratamento con celecoxib. Onte fun pola fisio e xa estivo a distender a zona e marcar plan de exercicios de reforzo de cuádriceps de momento de facer sobre esterilla e non de pé. Alternar con parches de xeo, e non deixar as andainas. Así que agora os rexistros do Garmin cambian de caixón. O caso é reforzar e non subir de peso.
O que si teño claro é que paso de ir ao traumatólogo para que me diga o desgastado que teño o cartílago e que cambie de casa porque non podo subir e baixar escaleiras.
Así que, deberes para esta semana:
- xoves, venres e sábado : exercicios de reforzo en esterilla e sesións de cinco minutos de parche de xeo
- domingo : andaina Balbarda - Arnela-Igrexa- Ríos-A Punta- Doutor Corbal- Balbarda. En sen plans de cruzarme con ningún camión dos que di Freaky...
Facéndolle a competencia a Gayoso ea Jordi Hurtado ,faltaría máis Moi feliz





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos