Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 30 Nov 2016, 12:00
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Celina está no club de Moraña, e si que compite en moitas carreiras. É unha crack
beuckelssen

Foreiro Senior
Foreiro Senior
9/08/12
88 Carreiras
959 Mensaxes
Valdoviño
Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2016, 20:56
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

¿Soy el único que no puede ver la imagen?

Gran crónica y muchas felicidades por el gran puesto.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2016, 21:45
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

beuckelssen escribió:
¿Soy el único que no puede ver la imagen?

Gran crónica y muchas felicidades por el gran puesto.

Graciñas polo comentario, Beu. Acabo de editar o enlace da imaxe. Teoricamente debería poder verse agora.
De paso agrego esta outra foto onde se nos ve algo mellor
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2016, 23:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Alicia no se ve la foto..sale un recuadro pequeño con un dibujo de algo parecido a unas gafas pero nada
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 01 Dec 2016, 23:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

CORRIN escribió:
Alicia no se ve la foto..sale un recuadro pequeño con un dibujo de algo parecido a unas gafas pero nada

Pois debe ser cousa de ter aberta ou non unha sesión en gmail

Imos probar doutro xeito:


photos.google.com/shar...I2RDY5MVF3
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 02 Dec 2016, 0:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

" Crónicas da favela : The revenant "

Non quedou tan perxudicado como o Leonardo di Caprio na película, esa é a verdade. Pero despois de dalo por definitivamente morto o sábado pola noite, hoxe declarei oficialmente "renacido" ó meu Garmin.... Xa o meu preparador físico tiña anotado na lista de regalos de Reis mercarme un novo. Incluso Sanmikel me avisou de que podía conseguirme un de segunda man. Afortunadamente non fixo falta . Despois de días preto do deshumificador, e un par de noites metido nunha bolsa con arroz, pouco a pouco a pantalla desempañouse e comezou a dar sinais de vida. O problema é como volver a pegar ben a zona da correa que se despegou coa humidade. Non sei que producto usar que non ataque moito ós plasticos e circuítos.

Mentras o aparello ía resucitando , en pàralelo ós músculos das miñas pernas tocoulles o mesmo: martes ximnasio e mércores fisio, con amasado sistemático do obturador e piramidal dereitos.

Hoxe tocaba ir saindo á rúa. Sen competicións á vista, pareceume un bo día para comezar cos "deberes " que me deixara Jota a última vez que me atendeu no ximnasio... En efecto hoxe era un bo día. Saín ás 6 da tarde, un ceo precioso, pero xa picando plenamente cara o solpor . Foi entón cando cain na conta de que a cousa non ía sair ben. De noite e sen gafas a ver como ía ser capaz de ler as cifras do cronómetro e polo tanto seguir a pauta de tempo a ritmo lento ou ritmo forte ... Demasiado tarde para dar volta, e maloserá.
Os 5 primeiros minutos de quecemento remataron xa pasada a costa de Buenos Aires e a curva primeira de Lema y Marina. Perfecto, o primeiro minuto forte tocaría en terreno favorable, se non fose os paseantes de cans competindo na mesma beirarrúa, e os arcéns ocupados por coches, e o tráfico denso. Está claro que este tipo de entrenos hai que facelos en Castrelos ou sitios así, pero se teño que coller o coche e entrenar lonxe de casa entón xa non calzaría nunca as zapatillas .
De cando en vez dáballe ó botón de luz para poder ver o tempo na pantalla do Garmin, pero con esta presbicia que teño precisaría ter ademáis unha linterna frontal, como as de uso reglamentario en Taborda ou en CdA . ö final todo un caos. Rematei a primeira tanda de 30 minutos preto do mercado de Chapela, co que puiden facer estiramentos no parque que hai ó lado. A segunda tanda penso que foi mais caótica aínda, pero podo asegurar que no medio das dificultades eu poñía a mellor intención.

Despois de descargar os datos do Garmin a conclusión que saco é que ritmo suave para o meu corpo é 6:20, 7,8 e nalgún breve momento 9 min/km, e que o ritmo forte oscila entre 5.20 a 4:30, a veces algún breve pico de 3:50. Tiña que facer 10 alternancias nesta segunda tanda, pero acabei facendo de mais.

connect.garmin.com/mod...1468176724

En total, 11500 metros en dúas tandas de 36 e 35 minutos. Non sei se isto ten moito xeito nen sentido, nin sei se atinarei a facelo mellor pautado no futuro. O caso é que se Jota dí que hai que facelo, haberá que facelo, polo menos unha vez por semana.
Papa-Léguas

Super Veterano
Super Veterano
14/10/11
0 Carreiras
2613 Mensaxes
Sparkland
Respostar citando Envío Dom, 04 Dec 2016, 12:23
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Bien por ese podium. Un lujo además compartirlo con dos incombustibles como Montse y Celina, que forman ya parte integrante del paisaje de las carreras de la zona.
Y menos mal que ha resucitado tu Garmin. No quisiera yo que el Ciripolen me reclamara días de baja por deceso de pariente. Chorando

Esta publicación no es un juguete, no se la dé a niños menores de 100 años. No la arroje al fuego, ni aún vacía de contenido. En caso de intoxicación accidental acuda a la mayor brevedad posible al servicio de urgencias psiquiátricas más cercano.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 04 Dec 2016, 23:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Efectivamente o Garmin continúa vivo, Papa -Leguas. Pero aínda no procedin a restaurar ben zona despegada. A ver se o solvento nestes días.

De momento a semana remata coas tres saídas de rigor, aínda que o rendemento non fose alá gran cousa , pois as de onte e hoxe ( carreira continua outra vez ) foron a ritmos de 5:44 e 5:46.

Mañá , ximnasio.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 10 Dec 2016, 21:30
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

" Crónicas da favela: pasando de atletas , pasando de anfetas..."

... se as cousas fosen en debida forma, tería que seguir cantando o retrouso, "pasándolo bien"... pero foi mais ben todo o contrario. Paseino mal. Suponse que o xoves, festivo, era o día deal despois do ximnasio para saír a facer series, pero alguén debeume contaxiar un virus (normal traballando onde traballo), e quedei todo o día tirada na cama, tomando Termalgin, e sentíndome mareada. Onte venres non houbo moita opción co horario que tiven, e hoxe pola mañá volveume dar a recaida, picor na gorxa, placas seguramente, debilidade . Estiven tirada na cama ata as 11, ata que por fin reaccionei, pero con todo o que tiña pendente no lado doméstico xa non quedou moito tempo para o tema atlético.

Finalmente rendinme á evidencia , non estaba o corpo para facer 9 km e quedei na miña "pecera" pequerrecha da Balbarda. Decidín facelo en plan series, seguindo parte da pauta que me ten mandado Jota. Quecemento breve, 1 minuto forte e 1:30 lento, 10 veces. Menos é nada. Revisando o que rexistrou o Garmin, volven sair ritmos lentos que oscilan entre os 8 a 9 min/km, e cando paso a forte o promedio anda entre 4 a 4:30 min/km... Sigo sen estar segura de que isto funcione para algo, pero a bo fe que se suda moito.
Mañá a ver se xa van todos os virus fora e me vexo con ánimo de facer 9 km de carreira contínua.


Última edición por Meigalicix o Sáb, 17 Dec 2016, 23:05; editado 1 vez
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Dec 2016, 22:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Ánimo Meiga... Hacen falta muchos virus para acabar con tu Espíritu y Pasión Aplauso
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 11 Dec 2016, 17:21
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Graciñas polos ánimos Andrés. Xa nos contarás, nalgún dos diarios onde te pasas a tomar lago, como foi hoxe a cousa en Lugo con algo de detalle.
Por aqui, máis ou menos no mesmo momento en que vos andabades a conquistar a Muralla, eu saín facer os meus 9 km, pero para non desanimarme demasiado cos resultados, decidín rexistar separados como quecemento os primeiros cinco minutos antes de chegar á rúa Lema y Marina, e do mesmo xeito non contabilizar a última curva en costa arriba que me toca facer cando chego de volta a casa.
Aplicados os cambios, saíron 45 minutos de carreira contínua, cun sol absolutamente primaveral galiforniano, ritmo aproximado de 5:27 min/ km e molestias abundantes no lado dereito.
Efectivamente, con ou sen virus, sigo na miña tónica habitual.
Andrés61

Maratoniano
Maratoniano
25/08/12
0 Carreiras
1878 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Dec 2016, 23:35
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Nunca había participado en esa Carrera. Me habían hablado de ella pero nunca había tenido la oportunidad (o las ganas). Hacía tiempo que no pasaba por Lugo. Que Ciudad más bonita. Llegué temprano y 2 personas de una amabilidad a la que ya no estoy acostumbrado me indicaron el camino para llegar a aparcar. Desayuné como un Señor (Me faltó el Croissant del Dr. pero yo soy más de ensaimada...). Temperatura ideal y del recorrido que quieres que te diga. Durillo... Pero que privilegio correr los últimos 2 Km sobre la Muralla!
De despedida me crucé con el jóven Beu. Muy amablemente se acercó a saludarme. Aguantó educadamente la chapa que le solté (esto de hacerte mayor permite, e incluso obliga, a soltar rollos que son gentilmente aceptados por jóvenes educados...). Lo vi fino y parece que va recuperándose de su lesión. Ya lo contará él en su Diario con más fluidez y emoción que la mía. En fin Meiga. Una Carrera para disfrutarla al menos una vez en la vida.
Gracias por dejarme espacio en tu Diario y por muchas cosas más.
CORRIN

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
4/12/12
2 Carreiras
1478 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Dec 2016, 22:01
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Por fin vi la foto de ese podium muy guapas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 18 Dec 2016, 0:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

"Crónicas da favela: Eigth days a week"

Aos Beatles dábaselles moi ben. E iso sería o que eu necesito: Semanas de oito días. Pero coma as miñas só teñen sete, así o resultado ven sendo que só me da tempo para facer unha sesión de ximnasio e dúas de entreno, en lugar dese mínimo de 3, con 27 km en conxunto.

Total, que desde que fun ó ximnasio no martes, ata hoxe sábado, non fun quen de encontrar un momento. Poderíalle botar a culpa á carga de traballo, ó mal tempo que fixo o xoves, pero para que nos imos enganar, seguimos nesa onda de pirguiza, motivación frouxa, etc,etc.

A verdade é que hoxe , con este sol radiante non había desculpa... Por fin ás 13:45 saín a facer os deberes que me manda Jota semanalmente, e que acaban sendo unha especie de "fartlek de piscifactoría". Digo isto porque algúns consideran que o meu circuíto de Chapela, con ter case 9 km non deixa de ser unha "pecera", e dada a a calidade insípida do que consigo, vaille máis o de piscifactoría que dicir que é "do pincho" ou "da ría".

O único que podo dicir ó meu favor é que hoxe fixen a serie completa : quecemento, 1,2,2'5, 3, 2'5,1'5, 1 e estiramentos, e logo a sucesión de 1,5 lento +1 rápido x 10 veces . Hoxe como era a pleno día, e de sol, non houbo problema para seguir a cronometraxe do garmin. Jota dixérame que para non andar pendente do cronómetro podía facelo por distancias, marcándome puntos de referencia no traxecto... Pero hoxe xa me din conta que serían demasiados puntos de referencia nos que fixarse e non teño tanta memoria para iso. Mellor facer isto de día e con luz, seguindo o cronómetro.

O caso é que a perna dereita queixouse moito, e non me sentía eu acelerando de abondo nos tramos rápidos. Revisados os rexistros do Garmin a cousa non saliu moi diferente dos dous intentos anteriores: Picos fortes de 4:30 min/km ou menos, e pasos lentos de 7, 8, 9 min/km.

Conclusións que saco: Pois que se a fisio me dixo que probara a ver como me ía en 15 días, está claro que terei que volver. E por outra banda , chegoume un correo informativo da CCN de Lugo, que a Nocturna coa que comeza o circuíto vai ser o 14 de xaneiro, menos de un mes... e xa lle teño collido o gusto a facela, e lograr rematala a un ritmo de 4:55 ( que ven sendo o meu record persoal) . Vamos que isto é un querer e non saber se se vai poder ... Por qué estaremos tan tol@s? (aínda que a todo hai quen gañe, que sei dalguén que o día de fin de ano vai facer doblete e aínda sacar tempo para cear coa familia)
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3261 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 18 Dec 2016, 22:59
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)

Segunda e última saída da semana. Carreira contínua.

Vendo as molestias da perna dereita decín facer o traxecto ata Lema e Marina moi a modo, e cronometralo separado, como quecemento, tomando de referencia o resto do percorrido, e xa postos, volvín descontar os últimos 50 metros en curva costa arriba... E así, tuneando e maquillando un pouco rematei os 8150 m en 44:33 minutos, a un ritmo de 5:27-5:30 min/km. Nin mellor nin peor.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos