Foros ›
VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
J.C.LEMA

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/09/11
34 Carreiras
72 Mensaxes
RIBEIRA
Respostar citando Envío Mér, 19 Dec 2012, 12:08
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta

¿FOTOS? No último kilometro antes de chegar a glorieta habia unha persoa sacando fotos os corredores. Si non e moito pedir, poderianse colgar no foro..! GRAZAS. Rezar
cubeliños

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
29/08/08
0 Carreiras
348 Mensaxes
CAPITAL DO BARBANZA- RIVEIRA CIDADE DENDE 1906
Respostar citando Envío Mér, 19 Dec 2012, 13:05
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta

mac-ray escribió:
Santa, eso vése en Boiro e practicamente en todalas probas oficiais.

Coincido que os premios non deben ser acumulativos. +1

Non en todas as probas federadas (oficiais) son acumulativos; esta proba non estaba no calendario oficial da FGA.
Guiño


Última edición por cubeliños o Mér, 19 Dec 2012, 20:25; editado 1 vez
layo

Foreiro infantil
Foreiro infantil
19/03/11
0 Carreiras
70 Mensaxes
Carril
Respostar citando Envío Mér, 19 Dec 2012, 13:11
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe B

Eu cando gañaba carreiras hai 25 anos como tiña tantos "caldeiros" pola casa
cedía o meu trofeo para o máis vello, novo, ou para outras clasificacións. Non lle vexo sentido o de acumular trofeos e levar 2 ou 3, de feito aos que gañan as absolutas normalmente non lles fai ilusión ningunha o dos trofeos e si cartos, material deportivo, un xamón, noites de hotel, comidas ou calquera outo agasallo.
J.C.LEMA

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/09/11
34 Carreiras
72 Mensaxes
RIBEIRA
Respostar citando Envío Xov, 20 Dec 2012, 13:40
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe B

Pensando
airean

Novo foreiro
Novo foreiro
29/12/06
0 Carreiras
46 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2012, 9:26
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta

Bueno, unha vez rematada a proba e logo dunha semana para que os participantes expresaran as súas opinións, é de recibo que a organización tamén dea a súa.

- Estamos totalmente de acordo cos que comentades o problema dos coches. De feito, para nós é unha gran derrota non cumprir á perfección con este aspecto, pois é o noso principal obxectivo: a seguridade dos corredores. Sabemos onde estivo o erro este ano, así que para a vindeira edición será o noso reto principal, no que poñeremos todo o noso empeño, podedes estar seguros.
- En canto aos premios acumulativos, na organización tratamos moitas veces este tema, e valoramos máis acumular os premios que darlle un terceiro premio a unha persoa que realmente quedou cuarta... Pero bueno, os que critican este aspecto tamén teñen razón, que é boa idea repartir máis os premios, así que valoraremos este aspecto tamén para o ano que ven.
- Para as dúas persoas que se perderon... a verdade é que non sabemos o que dicir... pois é a primeira vez que nos pasa e non sabemos onde se produciu iso, pois é realmente difícil perderse neste circuito, pois hai voluntarios nos cruces e, a non ser que se colla un cruce secundario pois un non se pode perder... Pero bueno, para o vindeiro ano insistiremos neste aspecto e pintaremos no chan o percorrido para que os corredores non teñan ningún tipo de problema.

E polo resto xa vos podedes imaxinar, o tempo que fixo o domingo dificultounos en todo o desenvolvemento da carreira; carteis sinalizadores arrancados pola chuvia, dorsales desfeitos, praza do concello inundada... pero bueno, son cousas que veñen así e nós temos que torealas no momento o mellor que poidamos.

Esperamos, eso si, contar coa axuda non só de voluntarios, senón de máis forzas de seguridade que nos axuden a controlar o tema da seguridade na proba, pois ano a ano recae en mans de voluntarios un aspecto que cremos que debe corresponder a outros colectivos.

Dende a organización pedímosvos perdón polos fallos que puidemos cometer e, sobre todo, agradecémosvos a todos (VALIENTES) que estivéchedes en Boiro nadando polas rúas ao longo dos 8 kilómetros e medio...

E grazas tamén a todos os que participades neste foro, pois as voas opinións, críticas e alabanzas son aspectos que sempre temos en conta para, nin máis nin menos, mellorar a proba ano a ano.

Grazas unha vez máis e boas festas a todos.
alleres

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/11/12
36 Carreiras
163 Mensaxes
PONTEVEDRA
Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2012, 10:03
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta

Aquí en Pontevedra hai un que espera repetir o próximo ano, a poder ser con mellor tempo. Gracias polo esforzo e saúdos!

Por certo, ¿vos tampouco tedes fotografías da carreira?

- 10 Km: 36' 28" (Interrunning Porriño 2015)
- Medio Maratón: 1h 19' 35" (A Coruña 2015)
- Maratón: 2h 54' 07" (A Coruña 2016)
airean

Novo foreiro
Novo foreiro
29/12/06
0 Carreiras
46 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2012, 11:03
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta

Nós temos algunha pero só da entrega de trofeos... A persoa que ía axudarnos co tema das fotos non o fixo por mor do tempo...
Dieji

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/03/10
0 Carreiras
180 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2012, 23:45
Asunto: Re: VIII Carreira Popular "MAR DE BOIRO"-6º Memorial Pepe Buceta

bueno,con respecto o tema dos voluntarios estuvo bastante ben pero houbo algun que para o que fixo era mellor que quedara a durmir na casa,xa que cando eu estaba no ultimo km na recta de abanqueiro un coche meteuse no circuito poñendo en peligro a integridade dun grupo de varios corredores, e o señor voluntario....nin se inmutou para paralo!!!!!! pero bueno esperamos que destes fallos se aprenda





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos