Sáb, 21 Out 2006, 23:50
Asunto:
Como as carreiras soen ser en fin de semana e teño máis tempo para almorzar acostumo tomar zumo de laranxa, e despois café con leite (o café non e doping, supoño) cun par de tostadas con mermelada... iso sí, con tempo dabondo para dixerilo ben... na carreira de O Grove almorcei menos de unha hora antes da carreira e saín pesadísimo... ata metade de recorrido iba cheo coma un porco cebado
:oops:.
Sen embargo coincido en que os almorzos habituais son tanto ou máis importantes que os do día da carreira (sempre que non te pase como a min esa vez). O meu almorzo habitual (ás 7:15) tamén é bastante "
HEAVY": zumo de unha laranxa e un limón, café con leite con: unha culler de levadura de cervexa, outra de salvado de avena, outra de xermen de trigo, e tres de muesli con frutas (pasas, plátano seco, mazá seca, etc)... ás veces ao final lle engado algo de cereais... ¡¡¡E non estoupo!!!... por certo, ás 11 da maña o estómago xa me pide un taquiño de xamón co café con leite correspondente (e que ata as 15:30 non como)... así estou
Por último comentar que dende a comida ata que saio a correr (ás 21:00) non podo comer nada máis (como moito tomar un café) senón se me "revira" o estómago... acidez é o mínimo... ou incluso podo devolver... home, tampouco adoito correr 20 km diarios
e o meu corpo aguanta ben correndo cun puntiño de fame