Foros ›
Los amigos de mis amigos son mis amigos
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
banderas

Maratoniano
Maratoniano
13/09/06
117 Carreiras
3316 Mensaxes
Abrir Vigo ó mar ;-)
Respostar citando Envío Ven, 20 Out 2006, 20:38
Asunto:

Pois eu tamén teño a miña reflexión sobre o tema... e ahí vai.

Penso que non solo estamos a falar do grupiño de xente que "forma parte" de Correrengalicia.org senón de toda esa xente anónima que día tras día sale ás rúas ou ós parques das súas cidades máis ou menos grandes, dos seus pobos e aldeas. Non é que sexamos unha "secta" nen uns "bichos raros".

Eu empecei a correr cando estaba estudiando a antiga EXB (tiña 13 anos e participabamos nos Campeonatos Escolares, pero como estaba nun colexio pequeno solo eramos 5 corredores e facíamos de todo... lembro que a min tocoume adicarme ó salto de lonxitude, pero que fixen máis cross que outra cousa, e ata unha carreira de relevos 4 X 100 Pregunta ... ainda lembro a cara de idiota que se me quedou cando me explicaron como tiña que votar a man para atras para facer o relevo... en fin... tempos!!!!).

Pasei ao Instituto e alí non existía o atletismo (bueno, tivemos un profesor Pregunta de ximnasia que solo sabía facernos correr durante toda a clase e ata eu acabei odiando correr)... e os deportes oficiais eran o futbol sala, o balonman e o baloncesto (e punto).

A carreira e longos anos de "cachondeo" en Santiago d.C. (de Compostela, evidentemente) acabaron arruinando este corpo... Avergoñado Avergoñado

Despois empecei a traballar e decidín que antes de currar non sobraba un pouco de exercicio... e anoteime a un ximnasio (entraba ás 7:30 da mañan e, durante unha hora, facía o básico para ir tirando... pretendía baixar peso e ó final botei algo máis de corpo ó ancho Avergoñado Avergoñado Avergoñado :oops:).

Máis estudios, cambio de traballo, etc. e abandono de calquera actividade física ata que, por prescripción facultativa tiven que volver a facer exercicio. Empecei correndo pero alternaba o tema con frontóns caseiros comigo mesmo Pregunta Pregunta Pregunta ... sí xa sei que sona a "solitario total"... como vedes se pode ir, deixar, voltar, e andar a papar moscas, pero se che gosta correr nalgún momento da túa vida sempre "volves a casa" coma o do turrón...

Agora volto ó fío: o que quero decir é que hai moitísimas formas de empezar a correr, e tamén moitísimas de enfrentarse ao camiño (porque motivos para correr hai infinidade e, dependendo deses factores, podes collerlle moitísimo cariño ou, pola contra, acabar odiandoo).

Teño varios compañeiros no traballo que corren, e cada un ten a súa historia totalmente diferente. Un deles ten o seu grupiño de amigos corredores dende hai moitos anos... chega con verlle o moreno que ten todo o ano para saber que pasa moito tempo ó aire libre...pero non participa nunca ou case nunca en carreiras... nen sequera como afeccionado... que eu lembre este ano solo correu na Milla dos Veteranos de Samil... e porque era por unha causa benéfica. Outro, que foi xefe meu hai anos, corre por Castrelos todos os días ó amencer, antes de entrar a traballar no cimiterio onde traballa e de cando en vez o atopo nas carreiras (estivo en Meaño e no Grove)... empezou por adelgazar un pouco... e xa leva uns cantos anos. Outro, co que prefiro non cruzarme moito, fixo e fai ciclismo, e de cando en vez corre, e cando participa, se coñece algún atallo é o primeiro en usalo para gañar postos... ou a carreira, se cadra... (supoño que agora entenderedes que non quera coincidir moito con él).

Xa para rematar, que me estou pasando de máis Avergoñado Avergoñado :oops:. Penso que, en xeral, a xente que corre é bóa, desinteresada, "sana" no concepto máis amplio posible... logo hai "bechos como este último do que falei... e que nen somos "raritos"... entre outras cousas porque en todas partes hai de todo: bó e malo... o que pasa é que en según qué grupo hai máis porcentaxe do segundo que do primeiro. En moitos deportes abonda o segundo (non digo nengún, porque son de sobra coñecidos, xa que cando a mercadotecnia se impón acaba con todo) ainda que sempre hai boa xente en todas partes, e noutros deportes abonda o primeiro... e o noso estou certo que é deste último tipo. Nada máis por hoxe...arfffff!!!! Abraiado Abraiado Abraiado Abraiado Abraiado Abraiado Abraiado Abraiado Abraiado





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos