Foros ›
II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
concellodebrion

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/09/11
29 Carreiras
91 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 28 Feb 2024, 14:21
Asunto: II CRONOESCALADA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN

Dende o Club Deportivo Brión - Hyupersa Santiago e o Concello de Brión queremos convidarvos a participar na II CRONOESCALADA SOLIDARIA TORRES DE ALTAMIRA – CONCELLO DE BRIÓN, que se celebrará o Sábado 9 de Marzo de 2024 a partir das 16:00h. na Carballeira de Santa Minia (Concello de Brión).

Esta proba realizarase sobre un circuíto de aproximadamente 7kms (90% camiños de monte), e descorre dende a Carballeira de Santa Minia ata as Torres de Altamira.

O prezo da inscrición será de 8€.

A recadación en metálico será doada integramente a ART FOR DENT, unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 a iniciativa dun grupo de familias galegas de Brión, Muros, Pontevedra e Lugo, con nenos afectados pola enfermidade de DENT, unha doenza minoritaria que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles. O principal obxectivo desta asociación é recadar fondos para a financiación da enferminade de Dent no NefroChus (Laboratorio de Xenética de enfermidades renais do IDIS, Santiago de Compostela).

Tamén habilitaremos un dorsal solidario para todas aquelas persoas que non poidan participar na proba e que queiran realizar unha doazón para colaborar con ART FOR DENT.

Outorgaranse trofeos as tres primeiras persoas clasificadas da cada categoría tanto feminina como masculina e , así mesmo, recibirán trofeo os tres homes e tres mulleres que completen o circuíto da proba no menor tempo. Tamén haberá premios para os tres primeiros clubs clasificados.

Mais info:
- Facebook: @deportivobrion
- Instagram: @deportivo_brion

Inscricións:
- Galitiming: acortar.link/3Dc1ny

ART FOT DENT
- www.artfordente.es
- Facebook: @artfordent
- Instagram: @artfordent
- Youtube: @artfordent.asociaciongaleg8272



6943_evento_22312_cartel.jpg
Descrición:
Visto: 222 veces
6943_evento_22312_cartel.jpg






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos