Foros ›
I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
DavidDG21

Novo foreiro
Novo foreiro
2/01/18
19 Carreiras
17 Mensaxes
Campo Lameiro
Respostar citando Envío Lun, 02 Out 2023, 10:01
Asunto: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)

Moi boas a todos e a todas.

Unha nova proba no calendario de todolos corremontes, que se fará o vindeiro sábado 4 de novembro na localidade pontevedresa de Campo Lameiro. A asociación O Eido do Cervo está a traballar con moito mimo e ilusión para que esta carreira sexa unha fixa nos vindeiros anos nos vosos calendarios.

Tedes toda a información no instagram e no facebook de O Eido do Cervo e tamén na plataforma de inscrición, que é esta:

www.321go.es/Carrera/D...aildocervo



Anímovos a que veñades, é un trail que terá de todo, pistas moi corribles ata zonas técnicas a carón dos ríos con lugares con moita pendente onde, ademais, teredes que estar moi pendentes das balizas.

Agárdovos!
DavidDG21

Novo foreiro
Novo foreiro
2/01/18
19 Carreiras
17 Mensaxes
Campo Lameiro
Respostar citando Envío Mar, 17 Out 2023, 17:51
Asunto: Re: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)

Recoméndovos que sigades no instagram e no facebook a conta da organización do Trail do Cervo. É "O EIDO DO CERVO" en ambas redes, así estaredes ao tanto de todo. Somos unha nova proba no calendario e loxicamente non somos coñecidos, pero anímovos a que nos dedes unha oportunidade e veñades a desfrutar da fermosa zona de trail que temos no Concello de Campo Lameiro, dende territorio xabarín puro e duro, ata pisteo, brañas, cumios, un pouquiño de todo.

Inscricións en: www.321go.es/Carrera/D...aildocervo

Saúdos!
ManuelCR

Maratoniano
Maratoniano
21/12/14
0 Carreiras
218 Mensaxes
PontepicosTrail
Respostar citando Envío Dom, 26 Nov 2023, 19:28
Asunto: Re: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)

Inscrito. Hay que apoyar a esta gente que se atreven con semejante trabajo de organizar un trail. Y cerca de Pontevedra ya que por estos lares hay pocos.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1020 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 02 Dec 2023, 16:53
Asunto: Re: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)

Boas, hai algún sitio onde mirar os tracks da probas?
Saudos.
DavidDG21

Novo foreiro
Novo foreiro
2/01/18
19 Carreiras
17 Mensaxes
Campo Lameiro
Respostar citando Envío Ven, 15 Dec 2023, 19:33
Asunto: Re: I TRAIL DO CERVO - CAMPO LAMEIRO (04/11/2023)

Moi boas!

Dende a organización, dar as grazas a todos e todas as participantes que viñestes correr o pasado sábado día 9 a Campo Lameiro. Persoalmente, que son de aquí, resúltame super emocionante ver a tanta xente correr e desfrutar do que lle gusta por lugares do meu día a día aos que acudo para liberarme, aínda estou en shock.

As críticas foron moi boas, o percorrido era espectacular e así nolo comentastes. O problema é que o día estaba de auga, néboa e vento, especialmente nas zonas altas, o que complicou moito a visibilidade das balizas e iso tamén fixo que algunha persoa se perdera, pero reengancharon fácil. Culpa nosa tamén por non poñer voluntarios nos cumios e tamén máis balizas, pero a verdade é que son cousas moi solucionables de cara a futuras edicións.

Temos unha zona espectacular e estamos nunha ubicación clave, e o TRAIL DO CERVO, o cal soñei dende fai tempo, é unha realidade! Anímovos a que sigades as contas de O EIDO DO CERVO nas redes para estar ao tanto de todo, xa que tamén imos organizar pequenas saídas, sen compromiso e de balde, para pasar un bo rato.

A traballar xa no TRAIL DO CERVO 2024! Guiño





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos