Foros ›
Andaina Non á Balsa - Cornanda Tambre (Brión)
Foros de debate / Andainas
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
nonabalsacornandatambre

Novo foreiro
Novo foreiro
31/08/23
150 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 31 Ago 2023, 15:39
Asunto: Andaina Non á Balsa - Cornanda Tambre (Brión)

Boas a todas e a todos!
Dende a Plataforma NON A BALSA CORNANDA-TAMBRE de Brión (A Coruña) invitámosvos a que acudades á nosa andaina reivindicativa o próximo domingo 17 de setembro ás 11h. Sairá dende o Encoro Barrié de la Maza (Río Tambre) e subiremos por Vilariño, A Graña ata acabar no monte preto da Pedra do Santo nas proximidades de Busto de Frades.
É de carácter NON COMPETITIVO porque queremos ensinarvos a todos e a todas o entorno que nos queren destruír instalando unha balsa de bombeo reversible.
Os membros da plataforma levaremos a nosa camiseta reivindicativa. Se queredes colaborar con nós podedes encargar no momento da inscrición a vosa, indicando unidades e tallas.
A inscrición é gratuíta, pero si necesaria, pois precisamos ter un control da xente que vai vir. Ademais, ao final haberá algo para picar, así que se tedes algunha alerxia ou intolerancia, facédenolo saber ao anotarvos tamén.
Para inscribirvos podedes mandarnos un mail a nonabalsacornanda @ gmail.com ou un Whatsapp aos teléfonos: 699940769 ou 649792248. Precisamos nome, apelidos, procedencia, intolerancias (se houbese) e tamén podedes pedirnos camiseta nesa mensaxe se queredes.
Para estar ao día de calquera novidade podedes consultar as nosas redes en Facebook, Twitter ou Instagram.
Graciñas de antemán e a adestrar moito estes días previos!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos