Lun, 24 Xuñ 2019, 10:07
Asunto: Re: VI Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte 2019
Moitas gracias Fran polos parabèns,sei que teño nas pernas mellor marca pero tense que dar algo mellor o día para acadala. E para ti parabèns pola tua marca.
Gabycao, a min o Fenix deume 10km xustos, así que dubido que sexan 10'200. E mirando compis do Strava a ninguèn lle da mais de10'04.
Xa que facedes crónica vou tentar facer a miña.
Como xa puxen no fío, a previsión daba choiva si ou si,e cando è tan clara non soe fallar. Saímos de Coruña co ceo anubarrado e con mala pinta,e a medio camiño xa comeza a chover ( son dos que pensa que o que cae agora non te molla logo).
Chegamos a Cee 45-50' antes da carreira e segue a chover, e non ten pinta de parar. Así que toca sacar o paraugas e dar unha voltiña hasta meta para ver onde è e o ambiente (xa me recolleron a camiseta con anterioriade para evitar que me pase como en Mazaricos). De volta ó coche vemos a Laura, Ángel e Fran, e fago as presentacións da miña moza María. Imos falando un cacho(el@s van ó poli e nos de volta ó coche a poñerme de "torero")
Quentamento con choiva miuda, parada en "boxes" antes de comenzares, saudos a varios coñecidos e para meta. A ver como se da hoxe porque veño dunha semán un pouco estrana e con sensacións enfrontadas do 10k de Carballo,xa que foi a miña mellor marca pero sufrindo moito de pernas dende o comezo.
Toca colocarse na saída e gardar o minuto de silencio (non entendín moi ben por quen, pero nestas cousas toca ser respetuoso).
E saimos, moi prudentes porque o chan non está para facer toladas. Parece que me atopo ben e as malas sensacións do finde pasado non están. Mètome no "segundo" grupo para ver se son capaz de aguantar con eles mentras vou vendo uns metros mais adiante á cabeza de carreira. Moita prudencia nos primeiros xiros e encaramos a ida hacia o mar. Vou archivando o percorrido xa que non o coñezo e sigo a cola do grupo tentando taparme do vento que agora nos da de cara. Primeriro km feito a bo ritmo e sigo con eles. Toca seguir apretando. Facemos o xiro de 180° e vexo que levamos marxe con Fran e algunha xente que ven detrás,así que toca "correr e gardar a roupa". Animo a Fran (inconfundible) cando nos cruzamos e sigo a cola de grupo. Pero na subidiña post xiro comeza a irse un pouco. Non vou super 100% e regulo para mantelos a unha distancia nom moi lonxana. Supoño que vou mellor con calor que con choiva e fresco(porque polo menos non ía frío). Ángel bèrrame cando nos cruzamos (non o vexo) e sigo ó meu. A xente que levo diante vaise indo pouco a pouco sen marxe de manobra para min. Pero os datrás tampouco se acercan así que toca correr en solitario,aínda que polo vento era xusto o que non quería. Ánimos de miña moza ó pasar a primeira vez por meta e seguimos á faena. Paso de auga no avitu (xa teño abondo coa que cae) e tento non perder visual cos que levo diante, que seguen a irse pouco a pouco. A noite está fea fea e concèntrome en tentar correr ben e manter boa tècnica,sempre cun ollo diante e outro atrás. Así cumplo a segunda volta e comezo a ver xente dobrada. Anímome pensando que soamente queda unha e hai que facela o mellor posible. Un dos que levo diante e que xa daba por perdido parece que frouxea e dígome "imos tentalo" aínda que me levará sobre medio minuto +-. Pero xa non o vexo tan lonxe na última "ida". Vexo tamèn que Fran e o seu acompañante non me recurtan e lánzome na baixada antes do xiro de 180°. Pero parece que o meu predecesor pasou momento de apuro pero recuperou porque xa volvendo vexo que non recorto o que debería para poder pillalo.Aínda así apreto por se acaso pero nada. Chego a meta cansado e contento,mantendo o mesmo posto que no principio e con boas sensacións a pesares do día.
O meu mellor tempo nun 10k mellorando case 20" o feito en Carballo o finde anterior. Nen tan mal jejeje. Falo coa xente que chegou algo antes ca min e con Fran e algúns mais que chegan xusto logo. Un bo rato a falar con miña moza e unha amiga dela,e un ratillo de trote para soltar pernas e entrar en calor porque de estar ó parado me collía o frío,mentras María leva o coche cara o poli.Ducha con auga quentiña,pero antes parrafada con Angel e Fran mentras saía Laura e cea de camiño a casa.
Primeira nocturna con tempo de cans e bo resultado. Pouco mais se pode pedir jejeje
Abur meus