Foros ›
Autor
Mensaxe
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
7 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 06 Feb 2019, 11:13
Asunto: I Cross Subida a San Cidre

Hola amig@s!!!
O próximo 10 de marzo ten lugar en Toques (A Coruña) a primeira edición desta carreira. A inscrición está aberta a tódolos grupos de idade e na modalidade de 10 km (só para adultos) o percorrido transcurre por pistas forestais na maior parte cun desnivel de ascensión de 350 metros aproximadamente, por tanto non é un trail, pero si que ten montaña. A carreira con saída e chegada no mesmo punto, conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo para as labores de cronometraxe e arbitraxe.
Se é de voso interese e queredes máis info, pódese consultar a nosa páxina web www.toques.es, onde tamén se pode enlazar coa páxina para inscribirse.
Ánimo e a seguir correndo!!!
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Feb 2019, 15:57
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Ola

Ten moi boa pinta esta carreira, moita sorte nesta primeira edición.

Entendo que sendo a saída e a meta no mesmo punto, e tratándose de subida a San Cidre, .... o perfil será 5 km de subida e 5 km de baixada? Ou máis ben un pefil dentado con sube-baixas??

Grazas pola información.

Un saúdo
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2737 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 21 Feb 2019, 9:58
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Foto do mirador de San Cidre en Toques -> www.turismo.gal/recurs...=4&ctre=17

Boa pinta ten este cross. Inscrición en www.carreirasgalegas.com.

Eu xa estou inscrito Guiño .

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
elgris

Novo foreiro
Novo foreiro
5/08/14
7 Carreiras
2 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Feb 2019, 12:26
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Non exactamente, o tramo inicial é de subida despois o recorrido llanea pola cima do monte e a baixada contén dúas subidas máis pequenas que a inicial.
jpenas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/03/11
31 Carreiras
103 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Feb 2019, 14:13
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Outro anotado
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 21 Feb 2019, 19:04
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

elgris escribió:
Non exactamente, o tramo inicial é de subida despois o recorrido llanea pola cima do monte e a baixada contén dúas subidas máis pequenas que a inicial.

Ok
Moitas grazas
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
284 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Ven, 22 Feb 2019, 11:06
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Correr por Toques vai ser diferente, Esta carreira por percorrido, dame que vai sorprender. A zona da capela de San Cidre é un sitio cunhas vistas espectaculares!

O último tuercebotas/ Ad Cerne
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2737 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 26 Feb 2019, 13:53
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Aquí deixo unhas fotiñas de Facebook da proba:
m.facebook.com/events/...4591088394

Lembrade que o domingo cambia prezo de inscripción Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1255 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 09 Mar 2019, 4:52
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

O recorrido e para zapas de trail ou mellor zapatillas normales?
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1255 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 20:33
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Noraboa por esta carreira tan bonita que organizou o concello de Toques, unha mágoa que co tempo que fixo non poidesemos disfrutar das vistas dende a capela de San Cidre.
Non me gustan as costas pa riba, pero para o ano si volven a organizada repito. Hoxe non tiven o mellor día, por eso espero facelo mellor.
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2737 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 21:43
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Comparto o dito por papero. Unha carreira fermosa, superben organizada e con esa esencia das populares de toda a vida, xente do pobo por todas partes, gaiteiros, a xente superamable e volcada co corredor ... ogallá creza esta carreira como se merece.
Tal e como dixo papero, unha mágoa a chuvia e a néboa na hermita de San Cidre. Ten que haber unhas vistas alucinantes desde alá arriba.

No que atañe á carreira, subida forte hacia hermita e baixadas superdivertidas das que me gustan. Nin un pero. Repetirei.

Parabéns á organización!!.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
River

Foreiro infantil
Foreiro infantil
12/03/09
0 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 10 Mar 2019, 22:24
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Gran carreira, percorrido de luxo onde había de todo, subidas, baixadas e pistas para dar zapatilla. Anotada no calendario para non perder ningunha das vindeiras edicións.
Perfecta organización.
Noraboa ao Concello de Toques
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
284 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Lun, 11 Mar 2019, 9:43
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Gran carreira, esta é das populares de verdad con moitisimo encanto. Esta carreira ten alma, moita xente no alto se San Cidre e en Buxan, os grupos de gaita, os quads, señalización avituallamento perfecto...
No personal o único "pero" foi a eleccion de zapas, tal como estaba o conto necesitabanse de trail e fun cunhas Rider, durante a subida ben, pero no baixada nan valian.. Guiño

O último tuercebotas/ Ad Cerne
Danivr85

Novo foreiro
Novo foreiro
1/01/19
3 Carreiras
1 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 12 Mar 2019, 10:32
Asunto: Re: I Cross Subida a San Cidre

Moi recomendable! Apunteime polas caracteristicas da mesma, e non defraudou! Circuito rapido por momentos, tramos de pistas forestais e camiños. Moi pouco asfalto (tan so nas zonas urbanas). Zonas de lama por mor da feble choiva que caeu. Entorno moi bonito. A subida á ermida foi dura, pero foi mais dura cecais a subida xusto despois da baixada longa. Organización de 10 en canto a informacion. O unico que me sobraron foron os QUADS. Acostumado a facer trails marcados con cinta, botei de menos correr e sentirme aislado na natureza. Moitos tramos da carreira fun detras dun QUAD e outros escoitabanse atronando nas cercanias. Eu optaria por quitalos e sinalizar máis con cinta.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos