Dom, 24 Feb 2019, 21:52
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela : " 1ª Carreira 10 K de Teis"
E por fin chegou o día, un pouco da man de Murphy reivindicando a validez da súa lei: Despois de varios días resistindo a oleada vírica doméstica sen perder o tipo, xusto hoxe me despertei antes de tempo, coa nariz taponada e placas na gorxa. Ibuprofeno como aperitivo do almorzo e a tirar para adiante.
O malo de correr ó lado da casa é que pensas que non hai que sair moi cedo para chegar , e entón caes na trampa de "aproveitar para facer catro cousiñas" de traballo doméstico. Total que das catro cousiñas só fixen dúas e ó final marchei sen estirar ni facer reforzo de glúteos nin nada. Só me tranquilizaba a conciencia o feito de ir trotando en quentando camiño do Mercado de Teis.
Xusto ó chegar atopeime con
Montse, millor dito, ela atopoume a min, porque eu sen gafas vou o doble de despistada que habitualmente. Un breve saúdo , e xa foron aparecendo máis caras coñecidas: Os correlegas do barrio de toda a vida, os esforzados compañeiros nécoras que viñan xa con 20 km no corpo para completar a súa tirada longa, e tamén estaba por alí
Anpefi nas mesmas circunstancias.
Un par de voltas ó redor do mercado para ir quencendo, e de contado xa foron as 10:55. Todo o mundo para detrás do arco de saída, e seguidamente as palabras rituais do omnipresente Don Abel I de Vigo e V de Alemania, que xuraría que son exactamente as mesmas que di en todo evento, pero que lle imos facer.
Arrinquei ó caron dos dous correlegas do barrio. Pura esencia de Teis, moito dicir que están baixo mínimos, que van ir a modo que van vellos e perxudicados, pero debaixo dese envoltorio moitísimo pique propio e alleo. Tal e como tiña profetizado para os meus adentros, perdinos de vista ó chegar a primeira costa seria, a altura da Rúa Santa Tegra. Veña, que corra o aire e cada quen a facer a súa carreira ó seu ritmo.
Pasamos o Espiñeiro e non afoguei. A subida da Lagoa ó Paseo da Punta foi difícil pero sen perder o alento, Os adoquins da ETEA non foron prato de gusto, pero non me frearon demasiado. Incluso adiantei a 2 ou 3 persoas recortando habilmente polo lado pechado das curvas do circuito.
Onde si sufrin foi na subida da Avenida da Marina Española, e menos mal que iamos pola sombra. E aínda quedaba a baixada e subida por Ríos, pero como iso xa é malo coñecido, e só faciamos a metade da costa, psicolóxicamente foime mellor. O Camiño Real xa parecía pan comido, non doeu moito a costiña da Igrexa.
Ata que tocou pasar a costa da Riouxa cara a Avenida de Galicia. Alí todo o mundo decidiu andar . Todos menos eu e un par de tolos mais. Espero que no haxa fotos dese tramo, porque as pintas debía ser ben patéticas. Pero despois de vivir 30 anos aquí, xa son de Teis, e tamén me pico conmigo mesma e co mundo, e non pasaba polo meu pensamento botar pe a terra na miña propia terra.
Os voluntarios desa esquina miraban con admiración e aplaudían. E un foi e díxome. "Veña, non forces máis que xa tes aí ó lado o fin da costa"... pero si eu non estaba forzando, simplemente que si me paraba a andar igual xa non arrancaba o motor para correr.
E por fin a Avenida de Galicia picando costa abaixo, un bo tempo para recuperar, para logo resistir as dúas últimas rampas e curvas ata o curce con Sanjurjo Badia... Adiantárome varios dos que adiantei previamente, pero xa tanto tiña , xa estabamos casi a rematar.
Agradecida costa abaixo a de Enrique Lorenzo, tramo ideal no que me lembrei de todos os foreiros da Cofradía do Sprint. Nese momento eu ía soa, sen ninguén a quen esprintar, tampouco tería forzas para facelo, e xustamente camiño de Purificación Saavedra rebasáronme 3 persoas máis.
Por se non houbese dificultade abondo na carreira, a meta quedaba en costa e en curva. Complicado chegar, pero finalmente conseguino. 54 minutos polo meu Garmin máis ou menos... Obxectivo cumplido: Carreira rematada sen molestias nen lesións, a un ritmo similar ó da Sanmartiño.
Momento para celebar facendo a Carmafoto con
Beauvais, Sanmikel e demais compañeiros, que fixeron tempos estupendos. Reagrupamento cos correlegas do barrio, estirar, enfriar. Xa estabamos a pensar en marchar , pero convencin ó meu veciño de quedar algo máis porque xa ían entregar os premios e seguro que algún compañeiro igual facía podium e sempre está ben que haxa público para aplaudir. E xusto nese momento aparece a miña filla. Cousas de correr en casa, así a familia non ten desculpa para non ir animar un pouco.
Como ela é nova e aínda lle quedan anos por diante sen ter presbicia, lle dixemos que mirase nas listas de resultados...
"-Mamá , ti eres máster B?"
"-Si filla"
"-Remataches en 54'19" "
"-Vale, mira que número pon aí ó lado"
"-Pon un 2"
"- !!!!?????".
Pilloume totalmente de sorpresa e sen estar preparada para a ocasión. Marchei un momento ós servizos a lavar a cara e peinarme un pouco. Saquei o dorsal enrugado para que lucise un pouco a camiseta. E para adiante a subir ó palco de premiación, compartindo podium con dúas mulleres históricas e habituais no circuíto de carreiras de Vigo.
E aínda a cousa non quedou aí, porque tamén
Beauvais e outro compañeiro do Carma conseguiron trofeo.
Consultando en casa despois os resultados na web acousa foi:
Posto 269 de 379 chegados a meta
Posto 31 de 75 na xeral feminina
Posto 2 de 10 nas veteranas B
Hoxe non foi nin de lonxe a miña mellor marca en 10 km. Nin o meu corpo nin o circuito en si daban para máis... Pero para que negalo, que bonito é ser profeta na túa terra