Foros ›
Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
742 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Feb 2019, 14:26
Asunto: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): PECHADO

Trail Adventure Muiños do Folón
Domingo 10 de marzo de 2019


Que se sortea?
1 dorsal
(a distancia será escollida pola persona gañadora despois do sorteo)


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: O Rosal, domingo 10 de marzo de 2019.
Web da carreira: http://www.traildofolon.com
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/...
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org...

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 11 de febreiro ao xoves 14 de febreiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 14 de febreiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 11 de febreiro ata as 23:59 do 14 de febreiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Ven, 15 Feb 2019, 15:19; editado 1 vez
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Feb 2019, 21:14
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Quiero participar en el sorteo
Ya el año pasado, cuando pensaba en iniciarme en los trails, vi información acerca de la misma. La subida y la bajada alrededor de los molinos me pareció espectacular... pero al final me dio miedo y no me apunté... ahora que ya estoy más curtida y descubrí que los trails son uno de los mejores placeres de la vida y me atrevo con todo, creo que ya llegó el momento de correrlo
NandezFR

Novo foreiro
Novo foreiro
13/12/15
1 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Feb 2019, 9:20
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Quero participar no sorteo.
O ano pasado fun a primeira edición(versión curta), e ainda que non foi dos trails mais espectaculares que corrín(a subida e baixada dos muños si, pero o resto algo soso) este ano quero repetir, esta vez a versión longa, como bo masoca deste deporte.
Nuruwe

Novo foreiro
Novo foreiro
18/11/13
120 Carreiras
15 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Feb 2019, 9:23
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Quiero participar en el sorteo.
El año pasado me apunté con mis compañeros y aunque me encontré un recorrido demasiado pistero para mi gusto, merece la pena por la subida y bajada por los molinos, y quedar a comer por esa espectacular zona.
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
302 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Feb 2019, 11:29
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Boas. Quero participar no sorteo.
Non teño a sorte de ter participado anteriormente neste trail, pero algo coñezo a zona. Os muiños do Folón preciosos, e se o trail é pisteiro... para min mellor, que son moi torpe!
Moita sorte a todos e todas!
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
15 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Feb 2019, 20:40
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Eu tamén quero participar no sorteo. Tiven a sorte de poder inaugurar este trail o ano pasado. 100% recomendable. Subida contundente, bo tramo de pista para recuperar, fermosa baixada. Entorno precioso. Ben balizado. Boa difusión nas RRSS. Este ano ata me atrevería a intentar a distancia longa. Grazas pola oportunidade e sorte a todos!
xaviarnoia

Novo foreiro
Novo foreiro
17/05/13
12 Carreiras
29 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 12 Feb 2019, 22:24
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Quero participar no sorteo. Sería a miña primeira participación neste trail pero polos comentarios dos compañeiros parece q ten de todo. Este ano intentaremos intercalar asfalto e monte. Sorte a todos e todas.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
602 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 13 Feb 2019, 14:09
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Boas, estaría interesado en participar no sorteo.
A verdade é que me parece unha zona moi bonita pero nunca participeí nunha proba por esa zona.
Tamén sería unha boa excusa para aproveitar e pasalo finde e coñecer toda a contorna e degustar a sua gastronomia.
Un saudos.
PABLOCHAO

Novo foreiro
Novo foreiro
6/05/16
3 Carreiras
17 Mensaxes
MURAS
Respostar citando Envío Xov, 14 Feb 2019, 12:52
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Boas a todos,

Escribo para comentarvos que estou interesado en participar no sorteo dun dorsal para o Trail Muiños do Folón.

O ano pasado quedeime coas ganas (e moitas) por culpa dunha inoportuna caída e a súa consecuente lesión, pero este non me apetece nada perdermo.
Todos os meus compañeiros que participaron o ano pasado, quedaron encantados. Algún principalmente pola comida que se foron pegar despois da carreira,... pero á maioría gustoulles a zona dos muiños (que non coñezo) e a baixada,... aínda que tamén é certo, como xa lin por ahí, que para eles tamén lles pareceu un pouco pistero e rápido.

P.D.: Denronlles unhas camisetas a os...ia de chulas.
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
536 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Feb 2019, 13:29
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Hola quero entrar no sorteo do dorsal.
Vou a probar sorte a ver si podo ir gratis, o ano pasado non fun por ser cara e este ano tampouco vou a pagar polo mesmo motivo, do trail hay moi bos comentarios e apeteceme probar, a zona e bonita, e a subida dos muiños e moi chula.
Gompi

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/02/09
100 Carreiras
105 Mensaxes
Redondela
Respostar citando Envío Xov, 14 Feb 2019, 14:41
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Boas ,quero participar no sorteo.
Fun o ano pasado e disfrutei moitisimo tanto da subida como da baixada polos muiños,este ano lein que cambia bastante o resto do recorrido polo que con moitas ganas de probar ese novo trazado.
un saudo.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
742 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 14 Feb 2019, 23:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Sorteo finalizado, muchas gracias por participar. Anunciaremos los nicks de los ganadores el viernes 15. Recordad que una vez publicados, dispondréis de 48 horas para enviarnos vuestros datos.

¡Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
742 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Feb 2019, 15:14
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): ata 14/02

Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19)

Ganador: NandezFR

Enhorabuena al ganador de Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19)

Necesitamos que envíes un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Distancia a elegir (adventure 12km o advance 21 km):
Nome:
Apelidos:
Sexo (seleccionar Home/Muller):
Data de nacemento:
NIF:
Nacionalidad:
Pais:
Teléfono:
Mail:
Localidad:
Federado (si/no):
Nº de federado:
Estás empadronado en O Rosal (Sí/No):
Número de chip de CCNorte (en caso de tenerlo en propiedad, si no indicar que no se posee):


Recuerda que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos tus datos, perderás el derecho al dorsal

Link al resultado: www.randorium.com/es/KIPpOb2Q


NandezFR

Novo foreiro
Novo foreiro
13/12/15
1 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 15 Feb 2019, 18:11
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail Muiños do Folón (10/03/19): PECHADO

Haberá que ir enton!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos