Foros ›
Autor
Mensaxe
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Dec 2018, 14:35
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Espero poder levar isto o día, pero non vai ser fácil, ando liado, e buscando o tempo controlando os segundos.
Luns 11, normalmente podo entrenar en Castrelos dende as 6 da tarde que chego, e ata as 19:15 que me vou, debe ser dos días que mellor me coincide.
Tiña pensado facer 30 minutos de quecemento e un 3x4x400.
Pero se me olvidaron as zapas e a roupa na casa, volta atrás e tiven que remodelar o entreno, para encaixalo, no horario.
16 minutos de quecemento, e 2x6x400(1:24), con recuperación de 300m a trote a 4:40/4:50.
Primeria tanda, 1:28,1:22,1:26,1:27,1:23,1:23, despois 90s andando
Segunda tanda, 1:25,1:22,1:25,1:24,1:21,1:17
Saíron bastante dispares, creo que as pequenas subidas influen pois non sempre os 400 eran por os mesmos sitios de Castrelos, non me queixo, ademáis non as fixen a tope, non estaba eu para ir a tope, pero non me notaba cómodo en ningún momento, xa non me queixo que non sufrise.
1.5 km cos compañeiros do carma a 4:50 e depois 1k de trote para Rematar.
64m, para 13.5 km ppm 152, ppMax 183
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 13:29
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Desta semana pouco que contar, case nin tempo tiven para correr. A única forma de facelo, é obrigándome a comprometerme ir o fútbol sala, e se chego con tempo a facer un quecemento.

Martes 11, nada.
Mércores 12, 25minutos de trote pre-partido, e despois 45minutos moi suaves de partido.
Xoves 13, 35 minutos de trote prepartido, e despois 55 minutos de ritmo medio de pachanga.
Venres é sábado a vivir a vida, da boa, comidas, ceas, é bebidas espirituosas...


Domingo 16. me apuntei ao 10k de San Cibrao, sen moita idea, basicamente porque era preto, quería facer 10k rápidos.
O final saín con moito tempo, pois era moi tarde.
Quería facer uns 35 minutos de trote pre-carreira, pero choveu tanto, que nin me movín do coche.
As 11:05 deixou de chover e me dou tempo a facer 3.5 km de quecemento.
Poucos coñecidos de por aquí en Ourense, so a matogrosso e Papá-Leguas, aínda que despois o final vin a Basibasi, e a Baoes. Estaba Christian do Carma, o cal quería baixar de 38''.
Non coñecíao circuíto, vin que eran 2 voltas, é un sube baixa. Saída sen conta atrás, é un pouco atrás, tardei preto de 500m en poder correr con normalidade, sen ter que facer zig-zag.
Premer km en co subida lixeira de uns 400m, e despois recto, sae e 3:36, pero teño a sensación de ir despacio, imaxino que o zig-zag anterior me fixo perder a sensación do ritmo.
Seguinte km xa case todo en subida tendida, a 3:55. O km 3 e todo en baixada, onde sae en 3:23, non forzo, so me deixo levar. O km 4 pasase por a meta, en unha subida máis forte que a outra, onde non vexo o paso do 4k, pois da de fronte o sol, e o chegar arriba, un 700m en baixada ata o 5k. Saen eses dous km en 8:06, é o paso por meta neto de : 19:01.
Km 6 e 3:49, onde eu xa empezo a pasar a algún corredor, é onde me pasa un do clube da "VII Legio", onde aproveito para seguilo, e paso para axudar un rato, pero él na subida vai diante miña. Sae o 7 en 3:55 igual que a primeira volta. Na baixada paso o rapaz do Legio, onde me di que baixo moi ben, pero non me da tempo nin a dicirlle nada. Sae o km 8 en 3:24, mesmo ritmo que a primeira volta. Na subida do km 9 me colle o corredor anterior, lle comento que xenial que me pillou, fago a subida un pouco maís forte, pero o rapaz vai diante miña. Pico o km9 en 4:14 (non sei como antes), e aínda quedan uns 200m ata a baixada onde sigo normal, apreto un pouco durante 300m, pero despois deixome ir, pasei a 4 ou 5 corredores, e a falta de 300m xa vou sen apretar, sae o último km a 3:30. Sae a segunda volta 6s menos que a primeira. Pero recuperei todo nos dous últimos km, con respecto a primeira volta ( 08:06, vs 7:45), pois o demais parciais foron igual é peores.
Aproveito para tomar un auga, e facer un enfriamento de 1.5km. Me encontro co corredor da (VII Legio), e falamos un rato, volta o coche, para coller a roupa e ir a ducha. Me encontro con Basi é a súa parella os que lle dou ánimos. Con Papá-Leguas e Matogrosso, cos que quedo despois de asearme para tomar un piscolabis o rematar prestado por a organización. (Pedazo merenda nos puxeron). Non me puiden quedar a entrega de premios, nin o sorteo da cesta. Pero saín encantado desta carreira.
ppm: 169, ppMax 181.
A semana remata con 41km penosos e 2 pachangas de fútbol sala.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
100 Carreiras
1259 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 23:13
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Para aqueles aos que non lle gusta sumar, o chavalote fixo 37:58 (tempo oficial). Agora que xa non están tan de moda os xogos para exercitar o cerebro, fas ti crónicas con ocos para completar Guiño

Agora en serio, noraboa pola carreira! Baixar de 38' sen pretender ir atope é boa sinal. A manter un par de semanas máis e a partir de xaneiro comeza o bo! Salvo polo recorte de cervexa jejeje O dito, noraboa Óscar!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 08 Xan 2019, 12:24
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Ante todo, ¡feliz ano!
Teño o diario un pouco abandonado, entre o traballo, o nadal é as vacacións, espero que non se repita. Vamos a intentar resumir.
Despois da última carreira pouco fixen: día 19: 30 min de elíptica, e un mil na cinta a 3:50. Día 21, 40 min de elíptica e 2km en cinta a 4:00

A semana rematou con 10km en cinta, 1 partido de fútbol sala, e elíptica

O día 24 fun probar a facer 4km a trote borriqueiro, pois teño o xeonllo dereito bloqueado, non son capaz a pechar de todo o xeonllo. Non me doía, e quería probar. Correndo non me doe, nin noto nada, pero cando estiro zancada e recollo noto que non podo forzar. A proba foi mellor do esperado, non me doe.
Día 25, 4km a 4:25.
Día 26, 5 km pre partido de fútbol sala a 4:42 e partido de 50 minutos
Día 28, trote de 7.5 km a 5, con parecía que non podía máis.

O día 30 me acerquei a Lousame, onde me apuntara o Trail Curto Minal de San Finx, onde nos encontramos moitos amigos, ademais de que Suso debutaba nun Trail, e a min me ía vir ben de referencia, iso pensaba eu. Entre Amina, Lihto, e SonSuso, aínda tivemos un día de amigos e bos sentimentos.
Vamos a contar por riba o trail, que estaba moi ben organizado, por o menos a min así me pareceu. Moito frío no día, demasiado, aínda que metido xa na carreira o día foi perfecto.
Me apuntaba o trail curto, e me dicía de que ía ir detrás de Suso, así foi na baixada xa me pasou, dous km de baixada é eu detrás, na subida tamén fun detrás, íamos máis ou menos xuntos, onde se ía camiñando. Pero o finalizar a primeira subida dura, se quedou atrás. Eu ía a un ritmo cómodo. Na baixada onde estaban uns gaiteiros, pasei a 4 ou corredores, pero me pasaron nada mais voltar a subida a uns 600 m. Pouco que contar, salvo que se me pegaron dous rapaces que me deixaron pasar, e foron detrás miña por o río durante uns 5km ou 6. Incluso me pasaron no km 11 ou así. Pero aproveitando unha baixada os deixei atrás. Eu cría que eran 14km e cando me dou conta, pasando a un rapaz do longo, me dixo que eran 16, xa se me quitaban as gañas, pero claro, non vou parar a 2km. Cheguei a meta so, incluso ó ultimo km, fun sen presión, case a trote. O final un tempo neto de 1:21:01, na posición 12. Un trail onde se pode correr bastante ben, por zonas de río preciosas (algo técnicas), é con unha organización magnífica.
Unhas ducha en auga quente, unha boa merendola por parte da organización, e unha charla cos amigos, é felicitar a Amina no Podium.
Despois comemos Suso, César do CARMA, coa súa familia é un servidor.
A semana rematou con 32km e un partido de fútbol sala.


Día 31, San Silvestre de Cambados.
Está era a miña quinta edición, corrinas todas dende que a comezaron a facer. Tiña pensala facela con máis calma, pois os cuadríceps estaban doloridos, pero o final fixen os 4.5km a 3:55, ademais de facer case 3km de quecemento, pois como non os fixera, non era capaz de levantar os pes do chan.
Moita festa, moitos nenos, moitos disfraces, é como sempre moi ben organizada. Se nota co o Clube de Cambados se involucra nesta proba.

O mes rematou con 143 km.

O ano 2018 rematou con 2400 km, que agora así escrito me parece unha barbaridade, e tamén unha felicidade.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Mar, 08 Xan 2019, 12:56
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Como soe ser costume dende que corro, o día un de xaneiro saín a correr, máis ben a arrastrarme, 9km a 5:06.
O día 2 baixamos a visitar a familia en Cádiz, e non fixen nada.
Tiña pensado empezar o entreno específico para a semana seguinte do 7 de xaneiro en Adiante, pero o final intentei facer xa esta semana o que puidese do plan de entreno.

Xoves 3:
25 minutos de trote a 4:35, e despois 15 cambios de ritmo de 1 minuto forte 1 lento (rápido saíron sobre 3:50-4:00 os lentos entre 4:25-4:45, para rematar con 15 minutos a 4:50. En total 16km en 1h12m. Ppm: 151 PpMax:168

Venres 4:
61 minutos comezando a 4:50 e rematando a 4:35, para un total de 13km. Ppm: 137 PpMax:154
Sábado 5, tal como eran estes días, quedou libre.

Domingo 6:
Non tiña claro se ía saír a entrear, pois cos cativos non é fácil, pois a prioridade son eles. Ademais de que me tocaba un entreno complicado para facer un so.
Tocaba un progresivo de 95 minutos: 45m (5:20-4:45) 30’ (4:45-4:10) 20’ (4:10-3:50)
Saín por San Fernando, onde encontrar unha costa é moi difícil salvo que sexa un paso elevado.
Despois de 20m a 4:35, parei, pois cría que o gps me marcaba mal, ía demasiado cómodo para levar os dous últimos km a 4:30 e con pulsacións de 139. Apagueino e reanudei, pero non notei diferencia, así que debía estar ben.
Os primeiros 45minutos a media de 4:31, moi rápido. Sen parar, continua e fago os seguintes 30 minutos a 4:15, tamén demasiado rápido, pero non era capaz. Tamén sen parar remato os últimos 20 minutos a unha media de 3:55, onde estes último xa me costaron o seu, non foron fáciles, remato con 500 metros de trote de recuperación.
Total 22.6km a 4:23 de media. Ppm: 153 PpMax: 174

A semana remata con 60km, e nin idea do peso que teño. (Recordar cambiar a pila a báscula)
maseda

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/03/11
0 Carreiras
1167 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 08 Xan 2019, 14:19
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

El 1 a arrastrarte pero vaya progresivo que te metiste el domingo.
Venga que ya queda menos para los objetivos.
En dos semanas Viana y luego a seguir mejorando
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Xan 2019, 9:49
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas por comentar Fran, pero non foi para tanto, un bo entreno, pero suficiente para comezar, xa me quitas ti a carbonilla en Viana. Silbar
Luns 7, viaxe de volta de Cádiz, Descanso.
Martes 8, Castrelos, 61 minutos, 12.5 km
En progresión comezando a 4:55 e rematando a 4:30. Despois 8 minutos de escaleiras.
Ppm:135 PpMax: 152 Peso 65.8
Mércores 9, fisio, levo meses co piramidal mal, e vai a máis, ademáis tamén a fascia dereita, e o nervio femoral. Soe pasar despois de 30/40 minutos.
Despois a noite, partido de fútbol sala livian, 80 minutos.
Xoves 10, Castrelos as 19:00. 25m a 4:40 e 9x1k controlados + 15m 4:50.
Estreno zapas, ghost 11. As mesmas que comprei a mediados de Agosto, e coas que estou encantado, pero xa lle fixen 970 km, é creo recordar que 2 trails Disimulando
Primeiras voltas con un grupo do Carma, a 4:40. O piramidal segue molestando.
9x1k (4:10 a 3:45) con 1m parado: Para o meu gusto, moito descanso para ser controladas, pero o plan é ise, así que sigo:
4:06 4:00 4:00 3:56 3:50 3:48 3:45 3:44 3:36
Toda ben, na úlitma quería facela a 3:40, pero saíu un pouco máis rápida. Todas moi cómodo, excepto as 3 última, onde cómodo ata o 500 e despois custou un pouco.
Ppm: 158 PpMax: 178 Peso: 63.8
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
602 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Xan 2019, 10:44
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Boas, antes de nada parabéns polos entrenos. Unha preguntiña, a dor de fastia de da mesma perna que o piramidal? O fisio de que che dí que pode ser problema ou a causa?
Saudos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Ven, 11 Xan 2019, 13:17
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Boas Rufino, si é o mesmo. Perna Dereita. Pois me di miles de posibilidades.
Dende que o estar a fascia cargada dende fai tempo, provoca que o piramidal se force máis. Isa é a máis probable, pero non soa, se non unida a entrenos, forma de correr, etc..
A verdade é que eu teño unha pisada moi forte, non son unha gacela que pisa coas puntas, ainda que pese pouco. Teño unha forma de correr "tosca".
Estiven 3 semáns en decembro con pouquísimos kms, e sen embargo non desapareceu.
Por agora moito estiramento e masaxe con pelota na zona do piramidal, se verá.

De momento os entrenos pasables, claro, xa chegará cando non poida máis, ou non de con facer o entreno indicado.
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
602 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Xan 2019, 15:18
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Boas, e que a mín me pasaba o mesmo e o ano pasado fun a unha podóloga e me comentou que o problema principal era que tiña moito arco plantar e iso facía que a fascia tivese moita tensión o cal se traducía en sobrecarga nos sóleos/xemelgos (orixe de tendinitis áquilea), isquios e piramidal.
O certo e que dende que entreno cas plantillas a cousa mellorou bastante. Iso sí, a podóloga me recomendou facer todolos días estiramientos de gúteo/piramidal e o de rodar a pelotiña pola planta do pé.
Agardo ser de axuda, saudos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 9:36
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Grazas Rufino por a axuda, pero descarto totalmente as plantillas. O demáis si, fago tamén con unha botella de auga conxelada, unha pelota no glúteo cando estou sentado, e estirar o que podo claro, espero que mellore, pero así así.

Venres 11,, Castrelos, as 7 da tarde, 65 minutos. Fixen o entreno cos compañeiros do carma, @trécola e @fonvigo, empezamos a 5:00, e na parte final baixamos un pouco a 4:40, para rematar o úlitmos a 4:30, para un total de 13.5km.
O rematar tiña escaleira e non ía facelas, pero como estaban outros compañeiros do carma, pancho, víctor, maikel, hernan, pois me atrevín, e ainda fixen con eles uns 11 minutos de exercicios varidados. Máis dúas rectas.
Ppm: 146 PpMax: 162

Sábado 12, quedamos as 8:45 para facer 100 minutos de entreno uns do clube @isaacmariño, @sonsuso é joseantonio.
Intención saír a 5:00 durante un bo rato é ir tranquilo. Todo por a carretera de Baiona. Todo o rato sen mirar o reloxo, salvo os úlitmos 10km, onde Suso é eu no fomos sos. 12 km a 4:50 de media, despois 3km a 4:25, un par deles máis a 4:15, e xa os 5 últiimos todos por debaixo de 3:50. Onde Suso, ía diante, e parecía que frenaba, a min costandome un pouco a verdade.
Bo entreno, pero malas sensacións.
Xa estaba moi canso antes de saír, nos estou acostumado a tanto entreno e km. Ademáis de que o venres me doue o piramidal todo o entreno. E no do sábado tamén, non se foi a dor en ningún momento, cando soe desaparecer despois de 30-40 minutos.
Ppm: 147 PpMax: 178, para un total de 22km a 4:30 é despois 1.5km de relax para a casa.
Estaba desfeito, me doía todo, é o día seginte o trail. Chorando
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 9:56
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 13, Trail dos penedos 15k, desnivel 700.

Todos os do clube que ían o Trail ían o Longo, eu me apuntei o curto, pois me custa moito recuperar despois dun trail, e non quería perder a semán de entrenos. Quedei con meu primo que vive en Salceda, e tamén se apuntou, cando habitualmente non corre.
Mañan moi fría. Eu me levantei moito mellor do que esperaba, pois o sabádo a tarde paracía un morto vivinte. Tiña pensado facelo con calma, pero como o levantarme me encontrei ben, mantiven o plan que tiña sobre un 70-80% do que puidese no trail.
Fixen 3km antes de quecemento.
Nada máis saír, a 400m levama 30 corredores diante, pero na primeira subida me pasaron uns 10 máis.
Fun cómodo, é recordaba que non era moi duro, pois o fixera o ano pasado (ainda que era outro circuíto). Nos primeiros 5k, fun tranquilo, pero na subidas sempre me pasaba, e nas baixadas recuperaba, ia con calma. Sobre o km 6, me empezou a doer moito o xemelo esquerdo, acompañoume a dor durante uns 15 minutos pero despois desapareceu. Básicamente o que fixen foi subidas tendidas andando, é o resto correndo, sobre todo nas baixada. Pouco a pouco os que me pasaban na subida quedaban atrás, e collía a outros novos, que facían o mesmo, me pasaban na subida. A verdade é que fun en cabeza sempre só a partir do km 8 aprox, pasaba a alguen, e o mellor ata dentro de 5 mintuos non vía o seguinte. Cando empezamos a baixar depois de subir o San Cibrán (10k aprox), tardei un rato, pero tiña a un rapaz a uns 2 minutos e o pillei, creendo que faltaban km é todo era costa abaixo ía moi cómodo, cando ía por o km 13, vexo diante miña a dous rapaces que lle recorto, é creía que os ía pasar pois pensaba que faltaba ainda 2km, pero a meta xa estaba ahi. Seguimos ,e por seguilos, nos perdemos, a falta de 200m da meta, onde ata lle tiven eu que decedir por onde ir, pois me daba rabia que se perdesen, e pasalos na parte final.
A entrada en meta, moi pobre a verdade, por decir a máis pobre das que fixen, pero igual que o ano pasado nesta mesma proba.
O final foron 13.5km, con 710 de desnivel en un tempo de 1:23:40.
Tomei unha laranxa, e me fun facer 2km máis a 4:40.
Ducha rápida con meu primo, e viñemos de voltar para tomar os callos é unha copa de viño claro.
Despois mirando a clasificación cheguei de noveno do trail curto.
Como novidade non me doeu nada o piramidal a partir dos 5 minutos seguintes da carreira.

Esta semán remata con 85km, e o plan de entreno cumplido o 100%. Tamén un partido de futbol sala.
Para min é un record o dos 85km, e tendo en conta como estaba o venres, é o sabádo, un éxito facelo.
Teño claro que o plan me vai costar o seu, moito tempo, é moitos km, para poder facer coincidir todo.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 10:05
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Parece que ando perdido, así é, ou por o menos o parece. Demasiados compromisos laborais, familiares, amizades... etc... Que fan que esté case colapsado, pero que máis ou menos me fai seguir o plan:

Luns 14, tocaba descanso, pero por compromiso teño un partido de fútbol sala, que me tomo a medio gas. 50 minutos.

Martes 15, , Castrelos, 70 minutos 14.5 km.
Por o circuíto de mil, con uns amigos do clube, empezando a 4:55 e ramatando a 4:25.
Ppm: 146 PpMax: 161

Mércores 16, tocaba o segundo entreno da semán.
Era 25m, máis 30 con cambios, e 15 de volta. Por temas laborais non puiden, e rematei con un partido de futból sala de 70 minutos.

Xoves 17, tocaba descanso, pero como onte non había feito o entreno, ía facelo hoxe. Por temas laborais, non puiden.

Venres 18, Castrelos, circuíto de mil, 72 minutos, 15k
Empecei so, pero se me uneu @fonvigo despois de 1 volta, Comezando a 5:00 e rematando a 4:30 onde Fon paraou e eu fixen ainda 3 máis a 4:25.
Ppm: 147 PpMax: 164

Sábado 19, Castrelo, circuíto de mil, 3x3000 15k, 72minutos.
Había quedado con @sonsuso fai unha semán para facer este entreno, pois eran 3k a ritmos controlados, e ainda que o día seguinte tiña viana, tampouco me parecía un mal entreno. Se nos uneu Antón, un rapaz que coñece Suso de Vigo, que estudia en Santiago.
Un día perfecto para quedar na casa a durmir, pois mira que chovía. O circuíto estaba mal, pero ainda se podía correr con constancia, send dar moitas voltas.
3 km de quecemento a 4:40, Antón xa levaba 3 antes dende a casa.
O primer 3k, tocaba en 12:20, e acabou en 12:07 (4:10/4:10/3:47), Antón coninuo, e foi máis rápido, é estaba a outro nivel, deberu rodar ese mil a 3:30 aprox. Tocaban 90s, pero calculamos e fixemos 120s, para facer a terceria serie xuntos.
Segundo 3k, eu e Suso, tocaba sobre 11:50, e saíus en 11:36 (3:52/3:54/3:49), recuperación de 78s, e xa collemos a Antón que estaba rodando a 3:30-3:40.
Tercer 3k, tocaba facelo en 11:30, Suso e Antón ían diante, eu so uns metros detrás, ía cómodo, pero sabía que se me pegaba a eles, por instinto ían iamos ir máis rápido, e así por o menos eu non me pasaba. o final sae en 11:21 (3:50/3:47/3:44). Antón no último mil, se foi como unha bala, debeu rematar a 3:30.
Fixemos 3km máis a trote, e paramos, Antón se foi no primer mil, ía para a casa. Nos como tampouco nos viña a conto, chovía unha pasada, pois con 3 voltas chegaba. Nos lavamos na fonte e volta a casa.

Pppm:151 PpMax: 176
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 21 Xan 2019, 10:45
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Domingo 20, XXI MM Viana.
Como me tocou o dorsal no Sorteo do Foro, pois para alá quedamos.
Iamos un grupo numeroso do equipo, onde quedamos para tomar café antes en Vigo, e despois tirar para alá.
Eu se non chovía tiña pensado facer 5k previos, e despois a media en progresión.
Depois de chegar a Viana, aparcar, quedar co resto do equipo e sacar a foto, marchei con tempo e me puxen a trotar, con un tempo fantástico.
Sen decartarme fixen 6km a 5:00, onde compartir 1.5 km con @pepe.losada. Acabo de comprobar que fixo un marcón, felicidades rapaz, sub 1:20!! Moi feliz Iso implica que o domingo fas sub 1:19 Silbar . É en coruña, xa verás, co grupete de amigos...

Como sempre Viana mal a saída, 15 minutos antes, é un lío. Estaba bastante adinate, pero fun andando aproximadamente uns 200 metros.
A intención era empezar a 4:10, e ir baixando ata rematar en 3:40.
Moi cómodo os primerios 5km, marcando todos por as marcas da organización, 20:28 (4:15/4:05/4:03/4:05/4:00
Non me fixo nos ritmos, so intento ir un pouco máis, os segundos 5k, saen en 20:02, paso os 10k en 40:33 netos (4:10/4:08/3:52/3:54/3:58) Paso o presi @beauvais (pancho), sobre o km 6.5, pero sei que se me quedo con él, non ía facer o entreno que quería. Me sucede o mesmo con Jorge, que supero sobre o km 8.

Sigo cómodo, pero as pernas non van ben, estes km ata o 13 son en subida, e depois baixada. Os tercerios 5k, saen en 19:37, (4:01/4:03/4:03/3:41/3:48). Na subida me colle @lolinho, co cal había pasado fai uns km e habíamos conversado na saída. Él sube ben, e se mantivo un rato conmigo, pero na baixada do 13k, se me quedou atrás.
As pernas non van ben, noto cansancio, é para que vaian teño que tirar un pouco maís de peito para manter os ritmos.
Os seguinte 4k (16 a19) saen en 15:42 (3:58/3:57/3:56/3:51), por aquí no 17 paso a Víctor un compañeiro do Carma, que levaba detrás del uns 2km, que o vía moi constante.
Como non vin a marca do km 20, o parcial e de 2k. O meu obxetivo a priori, era rematar en progesión a carreira sobre 1:23:30-1:23:40, pero as pernas as notaba moi pesadas e non quixen apretar, neses km finais, pois non estaba nun entreno, e saíron eses últimos 2k en 7:46 (3:53), e 18s en meta para facer 1:24:00 neto por o meu reloxo, apretei so nos úlitmos 50m, cando vin, que podía quedar sub 1:24.
A verdade e que me costou un pouco máis do que esperaba, sobre todo os km finais, onde o ritmo tiña que forzalo para conseguilo.

Para ser un entreno xenial, fun con cabeza, e non me podo queixar, pero mellor chegar máis descansado, pois o final é unha media a un ritmo menor de 4:00, que xa non é unha broma.
Ppm: 164 PpMax:184 (un pico nos últimos 50 metros)
A semán remata con 4 días de entreno, dous partidos de fútbol sala, e un total de 71.5km, e co piramidal e o nervio ciático tocando bastante as narices. Me faltou o entreno do xoves, para facer os km que completaban a semán redonda.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2578 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Xov, 24 Xan 2019, 8:42
Asunto: Re: Diario de Sanmikel

Estou canso. Non canso, senón canso canso, derreado, sen folgos, sen gañas de levantarme da cama. Que duro se está facendo.
Luns 21, toca descanso por o programa, e así o tiña planificado. Tiña pensado ir xogar o fútbol sala cos amigos, pero en plan porteiro e sen esforzarme. Pero parece que me teñen tirria, trouxeron a dous rapaces xoves moi bos, e moi ben fisicamente. E claro en vez de ir no meu equipo, tocou no outro. O final 60 minutos intensos de fútbol sala. E 2km previos de quecemento, moi tranquilos.

Martes 22, Castrelos, 14km, 67 minutos.
Con @trecola e @xan, fixemos un entreno por o circuíto de mil (no 900 fixemos un atallo, pois está moi embarrado). Empezamos a 4:50 para acabar a 4:25 de media. A min me costou moito, sobre todo os primeiros, basicamente fun a roda deles todo o rato.
Ppm: 136 PpMax: 155 Peso: 64.2 kg.

Mércores 23 , Castrelos, 81 min, 18km, 25’+5x2000+15’ rec 1’(8:20-7:35).

Xa comecei o entreno dende a casa ata Castrelos, o chegar me unín a @xan 2k, que estaba facendo a 4:40.
O circuíto moi mal na curva do 900, pero cando son series me da igual, toca barro, e coidado, pois se esbarra nesa zona.

Tocan as series, pero co canso que estou lle teño moito respecto a última:
1ª: 8:15 (4:10/4:05). Cómodo, moi cómodo
2ª 7:55 (3:58/3:57)
3ª 7:48 (3:55/3:53)
4ª 7:38(3:53/3:45) Nesta xa me costou, todo o rato mirando os parciais no 100,300,500 e 600. E facendo cambios para manterme en ritmo
5ª 7:25 (3:45/3:40) Nesta a partir do primeiros 500 que ía mirando o reloxo, pasei, me dediquei a ir por sensacións, sen ir a tope, e sen ir pendente, parece que me foi mellor así, constante e sen estar pendente.

3km 16m de trote de volta a casa por Castrelos.

*O entreno me costou o seu, o piramidal parece que a ritmos un pouco rápidos deixa de molestar de alí a uns 30 minutos.
Cheguei a casa con unha capa de lama inmensa. Zapatillas o fregadeiro, e ganas me deron a min tamén de meterme. Que ven senta unha ducha quente un días destos o chegar a casa.

Ppm: 150 PpMax: 176 Peso: 64.0 kg


Última edición por sanmikel o Xov, 24 Xan 2019, 9:06; editado 2 veces





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos