Foros ›
27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09/18
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2018, 10:31
Asunto: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09/18

27ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2018”
PONTE ULLA Vedra
09 de setembro

Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 5 de setembro ás 23:59h.

Categorías
A Especial (masculina e feminina). Até 4 anos (nados/as do 2.014 ao 2.018)
A (masculina e feminina). De 4 a 8 anos (nados/as do 2.010 ao 2.013)
B (masculina e feminina). De 9 a 12 anos (nados/as do 2.006 ao 2.009)
C (masculina e feminina). De 13 a 15 anos (nados/as do 2.003 ao 2.005)
D (masculina e feminina). De 16 a 18 anos (nados/as do 2.000 ao 2.002)
E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1.983 ao 1.999)
E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1.978 ao 1999)
F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1982 inclusive)
F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1977 inclusive)

Realización da proba
Recollida de dorsais: o 09 de setembro ata as 10:00 h no Restaurante Ríos (Ponte Ulla)
Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 4 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.

Pódense consultar aquí os percorridos.

Premios
Vencedores/as absolutos/as: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e 180 € (1º), 100 € (2º) e 75 € (3º), tanto na categoría feminina coma na masculina.
Primeiros/as e segundos/as de cada categoría (excepto para a Categoría A Especial): trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo por valor de 50 € (1º) e 35 € (2º) en Deportes Caneda.
Primeiros/as clasificados/as da parroquia (excepto para a Categoría A Especial): trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla, tanto na categoría feminina como na masculina.
Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.

Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (só 1 premio por persoa).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten orixinal ou fotocopia do DNI ou do libro de familia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, Donuts e froita.
Todos os partipantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios faranse dous sorteos: unha bicicleta de montaña e o peso dun corredor/a (ou de seu pai/nai) en litros de gasóleo.

Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
– Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
– Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
– Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto @ gundian.gal.

Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto @ gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.

A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.

A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.


Última edición por Popular_de_Gundián o Mar, 21 Ago 2018, 10:50; editado 1 vez
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2018, 10:32
Asunto: Re: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09/18


Para os que xa nos coñecedes, unha web chea de recordos; Fotos, Historia da Carreira, Clasificacións históricas.
Os que non sepades o que é a Carreira de Gundián, en www.gundian.gal podesdes ver o Percorrido, o Regulamento e moitas mais cousas.
Un Saúdo a todos e esperamosvos ver na "nosa" casa, na "vosa" carreira, o vindeiro 09 de Setembro.
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2018, 15:42
Asunto: Re: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09/18

Buff este año parecía que no se iba a celebrar. Pues abra que volver a correr ese circuito tan chulo!!!
papero

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
10/09/12
0 Carreiras
1447 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Set 2018, 20:07
Asunto: Re: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09/18

Marco incomparable para una carrera corta pero dura.
correro

Montañés
Montañés
16/10/12
69 Carreiras
690 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 14:35
Asunto: Re: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09

Noraboa un ano máis pola organización,unha carreira das mellores.
Que dure moitos anos.
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 22:30
Asunto: Re: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09/18


Gracias a tod@s por participar nesta edicción 27 da Carreira de Gundián. Na nosa páxina web podedes consultar todas as Clasificacións, Fotos, etc.

Un Abrazo a tod@s e ata GUNDIÁN 2019 (15/09/2019).
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 22:34
Asunto: Re: 27ª Carreira Popular "Gundián 2018" (Ponte Ulla) 09/09

correro escribió:
Noraboa un ano máis pola organización,unha carreira das mellores.
Que dure moitos anos.

Moitas Gracias.

É un honor para nos, organizar esta carreira, e que os corredores queden encantados con ela.

Vémonos o próximo ano.

Un Saúdo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos