Xov, 30 Ago 2018, 10:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Finalmente non saín o venres 24 tampouco. Así que con tan só saídas moi puntuais nas pernas, tocaba correr as 24h de Vigo cos Jackbauers v5.0 o sábado 25 e o domingo 26.
24 HORAS DE VIGO: Jackbauers v5.0
A miña 2ª participación nesta carreira, e a primeira cos Jackbauers v5.0! Polo que o nivel de esixencia ía ser máximo. Capitaneados polo Doctor Slump, chamados a filas estaban coñecidos foreiros como Amina, Lihto, Sanmikel, Maseda, Chamorun, Montxo e Mon, ademais de Nando, Jose Antonio e Paula. Coas 24h repartidas a dúas horas por cabeza, aínda que posteriormente retocadas por unha lesión e compatibilizacións familiares/laborais de última hora no equipo, tocoume facer 5 bloques. Na súa maioría en turnos de 2km, aínda que algún de 1km tamén. Foron os seguintes:
1º bloque (de 14h a 16h30, 6x2000 entre Sanmikel, Maseda e máis eu):
Foi o tempo xusto para facer 6 repeticións cada un. De menos a máis e controlando, sobre todo o principio, pois as 24 horas moi longas, e como di a canción, "non todo é o que parece amigo". Así os parciais foron:
7:50,5 - 7:34,1 - 7:33,9 - 7:31,3 - 7:25,1 - 7:27,0
2º bloque (de 22h a 23h, 2x2000 + 1000 entre Lihto, Maseda e máis eu):
Como agora só era unha hora, fixemos dúas rondas de 2000 e unha última de 1000. Os dous miles moi cómodos, de feito fixen nun deles o quilómetro máis rápido (3:30); e xa no último km non forcei, pois unha hora despois tocaba repetir o mesmo esquema. Os parciais foron:
7:23,1 - 7:22,7 - 3:47,1
3º bloque (de 00h a 01h, 2x2000 + 1000 entre Lihto, Maseda e máis eu):
Mesmo esquema que antes, pero agora as pernas xa non son as mesmas, o cansancio aparece e, sobre todo, saber que hai que correr de 3am a 4.30am fai que un garde forzas. Os tempos foron:
7:36,4 - 7:56,0 - 3:55,7
5º bloque (de 3h a 4h30, 3x2000 + 1000 entre Lihto, Maseda e máis eu):
Un dous mil máis que antes, ao ser media hora máis longo o turno, pero a idea é a mesma. Por primeira vez fago o km por debaixo de 4'. A última repetición de 2000 faise moi dura, aínda que para o último 1000 volvo a recuperar algo de forzas. Tempos:
8:10,9 - 8:19,3 - 8:50,9 - 3:57,1
6º bloque (de 9h a 10h, 3x2000 + 1000 entre Maseda e máis eu):
Último bloque. Despois de durmir dúas horas escasas e unha boa ducha, parecía que as pernas estaban algo máis frescas. Así o primeiro 2000 sae moi forte, pero xa os seguintes costan moito máis. Os parciais son:
7:33,1 - 8:06,9 - 8:31,0 - 4:09,0
Sextos na categoría de equipos mixtos e récord de voltas reais dos Jackbauers. Así que para estar máis que contentos no aspecto deportivo, pero sobre todo unha pasada a convicencia de 24h seguidas. Animando, charlando, comendo... tempo para todo! Un pracer formar parte deste xa clásico equipo das 24h de Vigo! Grazas Jackbauers!