Mar, 10 Xul 2018, 15:09
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Resumo da fin de semana do 7 e 8 de xullo de 2018
Xa en período de vacacións para moitos, a actividade atlética é menor. Pero aínda así, podemos seguir contando as andanzas de varias nécoras en diversas carreiras.
Trail Urbano Muralhas de Valença
Pouco dicir desta carreira que non nos conte
JAGC na súa crónica! Aquí a podedes atopar:
Trail Urbano Muralhas de Valença
VI Trail Vila de Cuntis
Aurora e
moterodeseco acercáronse ata Cuntis. Ela participou na andaina, mentres que el no trail (había que asegurarse de que a negra participase en ambas modalidades!). Esta carreira conta con dúas distancias de trail (18 e 26 km), e a andaina de 17 km.
Aurora destaca "la belleza de la zona, unas vistas muy bonitas. Esto junto con la buena organización hizo que la impresión fuera fantástica, y no me quejara tanto de las continuas subidas y bajadas." Mentres que
moterodeseco destaca, como curiosidade, que o percorrido se realizou en sentido contrario. Fose cal fose o resultado, ao final tocou "disfrutar de la cerveza, empanada (la cual voló en nada) y los correspondientes callos, que a pesar del calorazo, tuvieron mucho éxito!” Así que polo que se ve, non foi nada mal
VIII Carreira popular Concello de Cambados
En Cambados puideron disfrutar da participación de catro nécoras. Carreira especial para unha delas,
Papabaloo, que volveu á que foi a última carreira que correu sen vestir a camiseta do CARMA. Como el mesmo nos di, "el resumen del día es calor, mucho calor"; o que posiblemente fixo que as tres voltas de ao circuíto de 3,33 km se fixesen máis duras do habitual.
Estes foron os resultados:
Papabaloo (151) 45:32
Fonvigo (170) 46:30
Montxo (198) 47:58
ANPABAL correu peor sorte, e tivo que retirarse despois de tropezar cun adoquín ao cruzarse por diante un espectador. Esperamos que non fose nada!
XXXV Carreira Popular de Leiro
Dúas nécoras e un podium, de
Karamés (que nunca falla), é o resumo desta carreira. Os tempos dos nosos compañeiros foron:
Karamés (62) 42:34
Mclego (128) 54:25
---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace:
Minicrónicas da fin de semana do 7 e 8 de xullo.