Dom, 25 Feb 2018, 1:19
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Grazas polo spolier
Meigalicix! Seguro que moitos o agradecen, que as miñas crónicas breves non son jejeje. Pero como ti dis, moito non afectou
Respondendo a
ck13 e a
Amina, a verdade é que moi orgulloso non fun. De frente viñan dous rapaces e unha rapaza cun can, que ao verme caer comezou a ladrar e tirar da correa para vir cara min. Así que dixen ríndome un "caer si, pero polo menos que non me coma" xD Ríronse e preguntáronme se estaba ben. Así que non saín todo digno, pero tomeino con humor (eles creo que tamén jejej). Sobre a carreira cóntovos agora, pero como dixo
Meigalicix, a verdade é que moi moi ben!!!
Semana 7: sábado (10km de Padrón)
Quedara con Sanmikel para quentar e facer a carreira xuntos (xa comentei onte o plan inicial). Cheguei en tren algo xusto de tempo. Despois dalgúns saúdos a foreiros coma Xoixe, Kurty, Yomismo, etc; quentamos un quilómetro escaso e fomos á liña de saída. Un pouco adiante demais, así que a idea era saír rápido para non entorpecer e librar caídas ou problemas.
Saímos moi moi ben os primeiros 200-300 metros. Demasiado rápido, pero estando tan adiante era o normal. Xa con algo máis de espacio, baixamos o ritmo e estando pendentes de non molestar ao resto do pelotón. Ían como motos! Miro o reloxo, e íamos a 3'30"/km!!! Xa estabilizados nun grupo, pasamos o primeiro km en 3:38,1. Demasiado rápido. Comentamos Sanmikel e máis eu o rápido que imos e, aínda así, a cantidade de xente que tíñamos diante! Ata o km 3 imos xuntos nun grupo, xa cun bo ritmo: 3:48,1 e 3:53,4. Algo máis lento do que queríamos a priori, pero eu non ía tan cómodo como para pensar niso. A partir de aí collinlle uns metros a Sanmikel, que mantería ata o final da carreira (non máis de 30-40 metros). Os quilómetros 4 e 5 saíron en 3:47,6 e 3:46,7, e
primeira volta en 18'53".
A
segunda volta foi intentar manter e manter constantemente. O que peor levaba era o baleiro do estómago (ao despertar ao mediodía, apenas comín nada pois non tiña para facer a dixestión). Os parciais dos km 6, 7, 8 e 9 foron: 3:50,3 - 3:48,5 - 3:57,6 - 3:48,3. Sabía que tiña que facer o último km en menos de 3'45" para baixar de 38' e en 4' para facer marca. Así que seguín para adiante. Pouco antes da ponte sentía que xa non podía máis e dende uns metros atrás,
Sanmikel gritou "Dale Suso! Non pares!". Iso fixo que pensase "ostia, tercer fin de semana seguindo adiantándome no último quilómetro? Nin de coña" jejeje Así que mantive o ritmo e ao saír da ponte aumenteino.
3:39,9 ese décimo km, sub38' (37'58") e marca persoal!!!
Agora descanso, e mañá a facer quilómetros. Dependendo de como me atope, farei máis ou menos.
Resumindo (datos):
Tempo oficial: 38'00"
Tempo neto: 37'58"
Ritmo: 3'48"/km
Posición: 107
1ª volta (18'53"):
3:38,1 - 3:48,1 - 3:53,4 - 3:47,6 - 3:46,7
2ª volta (19'05"):
3:50,3 - 3:48,5 - 3:57,6 - 3:48,3 - 3:39,9
PD: quitando o primeiro quilómetro (saída) e o último, o resto foron moi constantes (entre 3'46" e 3'50"). Tan só o 3 e o 8 (que son exactamente o mesmo) saíron máis lentos, pois concide cun ziczac con herba e unha rampiña, ademais de picar levemente para arriba.
Última edición por sonsuso o Lun, 26 Feb 2018, 13:44; editado 1 vez