Sáb, 02 Dec 2017, 17:32
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
"Crónicas da favela: Tarde ou cedo o que ha de vir chegará..."
Iso dicía un dos moitos versos cheos de sabedoría que deixou tras de sí Celso Emilio.
Abraracourcix só temía que o ceo lle caera enriba. E as persoas que nos dedicamos a esta tolemia de correr só tememos dúas cousas: A lesión que nos retire da carreira, e un virus collido a destempo. Tal parece ser o meu caso.
Eu aqui toda ilusionada, coa equipaxe nova lista para estrear en Catoira, tratando de verme a min mesma con pinzas de nécora diante do espello, preparada para repetir marca en Catoira... Pero este frío, o baixón de defensas pola vida que levo, e sobre todo un ambiente de traballo cargado de tusidos irrefrenables, me teñen nesta situación.
De momento esta semana via saindo cunha dubidosa sesion de ximnasio xoves (monitor novato, con medo a que se me rompese algo nos exercicios e nos estiramentos, snifff, agora que xa Alba mais eu nos tiñamos collido o punto...). Onte tocaría sair, ñpero quedei toda a tarde na cama a base de ibuprofeno e frenadol.
Hoxe decidin levantarme a iso das 12, espabilar facendo un par de recados, e logo sair correr en uniforme de semi-inverno, ante a mirada preocupada e reprobatoria do meu preparador físico. "E vas ir con gripe co frío que fai!!!" Pois xustamente por iso, os catarros cúranse sudando, ou balgo asi lle contestei.
As sensación foron en modo zombie adurmiñado, nos sei se grazas ou a pesar do frenadol... En calquera caso sai un corno de 49 minutos, o que quere dicir que con virus e todo aínda me manteño.
En fin, mentras hai vida hai esperanza. Asi que o obxectivo segue a ser sub 52 en Catoira. Polo menos facer un debut digno coa "negra".