Ven, 03 Nov 2017, 10:04
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Outra vez como Ariel Roth botando de menos un grolo para poderme estabilizar.
Chove o traballo extra por todas partes, moito máis que a propia chuvia que se supón que debería caer nestas datas. Nesa situación as horas laborales non chegan, e veñen deberes para casa, e o resultado ven sendo deitarse ás 2:30 da mañá , durmir catro horas mal durmidas, e acabar por rematar facendo só dúas saídas semanais , en franca regresión, cando o corpo precisamente pide máis para liberar tensión.
Así que hoxe segunda e última saída semanal , 52 minutos ás 7:30 da mañá para liberar corpo e mente a ritmo non digno de mención.
Por diante unha fin de semana de retiro de traballo , horas nunha silla programando, resumindo, debatindo, revisando, nun lugar pechado entre Madrid e o Escorial. Entre iso e a viaxe de ida e volta, a ver como quedan os glúteos. Confío en que , como sempre , me deixen habitación individual e así poder programar algunhas sesións de abdominais e estiramentos paliativos.