anxinho escribió: |
A verdade é que para min estivo de 10... nótase cando as cousas se fan con ilusión e cariño. Abastecementos: perfectos... 2 nunha carreira de 14 kms é un luxo. E o final con froita, lacteos e auga máis que suficiente. Saída / Meta: lugar precioso Entrega de trofeos: áxil. Marcaxe: suficiente. Podíaste guiar perfectamente seguindo as marcas de sprai. As cintas reforzaban. Recorrido: para tódolos públicos... eu persoalmente prefiro un pouco máis de dureza e tecnicidade. Ambiente: xenial, bo rollo, compañeirismo... Para ano volto si ou si. |