Xov, 16 Feb 2017, 11:51
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Día 38: mércores 15 de febreiro de 2017
18,09 km (ritmo medio 5'07'') en 1h32'36''
Hai días falara cun amigo, que estaba dubidando se inscribirse ou non na Coruña21, de facer 18km onte para ver como podería responder na media maratón. El ten 45' altos de marca en 10km, así que a idea era ir de menos a máis para intentar preto de 5'/km (contando que o circuito que faríamos sería todo menos llano: rúa do Pombal, Galeras, costa de Políticas, rúa da Choupana e varios falsos llanos). Ao final saiu moi moi ben, facendo os últimos tres quilómetros en 4'31'', 4'35'' e 4'01'', cun ritmo medio final de 5'07''.
Pola miña parte, o ritmo resultoume moi cómodo, mesmo os 3 km finais. Penso que podería continuar varios máis a ese ritmo final. Así que boas sensacións, sobre todo cando facía moitos meses que non pasaba dos 12 ou 13 quilómetros.
Non foi unha rodaxe de gran calidade, pero penso que é un salto cualitativo respecto o que levaba facendo nas últimas semanas.
Os parciais foron os seguintes:
5'53'' (km 1) , 5'37'' , 5'30'' , 5'27'' , 5'08'' (km 5)
5'08'' (km 6) , 5'07'' , 4'54'' , 5'11'' , 4'57'' (km 10)
5'12'' (km 7) , 5'18'' , 5'22'' , 5'16'' , 5'10'' (km 15)
4'31'' (km 16) , 4'35'' , 4'01'' , 0'20'' (km 18,09)
Día 39: xoves 16 de febreiro de 2017
9,48 km en 50'26''
Da mesma forma que onte acompañara a un chico nun ensaio para a Coruña21, hoxe tocou o mesmo co amigo co que correrei os 10km de Padrón. Foron 9,48 km en 50'26'' cos tres últimos quilómetros a 4'48'', 4'56'' e 4'30''.
O circuíto de hoxe correspondíase aos 9 primeiros quilómetros do de onte. Ata o km 5 notei as pernas moi moi cargadas. Eran ritmos cómodos de 5'40''-5'20'', pero costoume moitísimo. Logo, xa no Campus Norte atopeime moito mellor, quizais que subísemos o ritmo axudou a non ir tan pesado de pernas. Apretamos os últimos quilómetros un pouco, sen querer desfondarnos para acabar con bo sabor de boca e para ir con ganas o sábado.
Mañá descanso merecido.