Dom, 15 Xan 2017, 21:47
Asunto: Re: Diario de eumealto
Vamos intentar darlle un empuxonciño a isto que me estou quedando anticuado
Sábado 17
12.2kms a 5'09'' (Tirada polo entorno da Gañidoira con baixada a Muras)
Foi unha tirada longa suave, coa primeira parte e chan e logo cuns 4 kms de baixada onde non apretei, chegando á casa moi cómodo.
Luns 19
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K
4:24-4:23-4:31-4:20-4:24-4:12 (Media 4:22)
Nova sesión de series aumentando un pouco máis o ritmo e podendo con elas con solvencia.
Mércores 21
7.5 kms a 5'15'' (25 voltas ó campo de fútbol)
Sigueme cansado de máis a herba, inda que me saen bos ritmos chégame acabar a tirada con frescura.
Sábado 24
8.57 kms a 5'36'' (Ruta de Musdradas)
Tocábame saír ontes pero por diversos motivos non puiden. E como por razóns obvias neste día tan sinalado non iba a poder facelo de noite, decidín madrugar e facer esta tirada bastante esixente e rompepernas ás 8 da mañán antes de desaiunar...O resultado foi unha pájara apoteósica. Esta ruta comeza con 3 kms todos de subida onde xa notei que a cousa non iba nada ben. Logo desa subida por nacional, veñen 500m de baixada por secundaria e logo unha subida forte onde xa tiven que parar a andar. Despois case 3 kms baixando con algún repeito pequeno pero que costaba, e logo outra subida fuerte que tamén tiven que poñer pe a terra antes de acabala. O resto da tirada con baixadas e subidas curtas pero duras fixena malamente, e tiven que acortala en case 600m antes de chegar á casa pois xa non podía máis. Creo que o motivo deste desastre foi saír co estómago valeiro e non estar afeito a entrenar a estas horas.
Domino 25
11,11 kms a 5'09'' (Tirada rodeando o casco urbán de As Pontes)
Non quedei a gusto trala petada de ontes e a pesares de ser día de Navidade, decidin comprobar se o problema fora unha cousa puntual ou é que me volvera lento de repente.
Menos mal que a cousa non foi así, e volvín e incluso mellorei os meus ritmos habituais.
Martes 27
2K + 6*1000 rec 1:30 + 1K
4:26-4:20-4:26-4:10-4:22-4:08 (Media 4:19)
Sigo mellorando na series, esta vez foi o mellor ritmo medio que conseguin nunca nun entreno similar.
Xoves 29
8.1 kms a 5'21'' (27 voltas ó campo de fútbol)
Hoxe foi un día que sentín frío de verdade. Comecei a correr ás 20:30 e xa estaba a herba do campo tesa co xeo. creo recordar que o termómetro marcaba 0º. Din acabado as 27 voltas pero cando rematei e estaba estirando comprobei que tiña as puntas dos cordóns das zapatillas conxeladas!! acabei rápido de estirar e funme para a casa porque facía frío de verdade.
Con isto acabaron os entrenamentos e as carreiras do 2016. Tiña pensado correr a San Silvestre de As Pontes, pero este último entrenamento con tanto frío provocoume un pequeno resfriado que me mantivo 3 días parado. En total foron 1329kms no ano. Contaba superar amplamente os 1414kms do 2015 pero eses contratempos nos meses de Xullo e Agosto impedíronmo. Esperemos que o 2017 sexa un ano libre de lesións, e cargado de motivación e gañas de correr.