Dom, 14 Feb 2016, 21:00
Asunto: Re: M. MARATONA NAMORADOS (VILA VERDE-PORTUGAL). 14/02
Xa non espero a mañán para colgar a crónica. Carreira MALA pero MALA. Ainda que sexa a 1ª edición, cometeron tal cantidade de erros que non hai por onde collela. Y eu non son de tirar en contra das Organizacións.
Cheguei con tempo a Vila Verde e as 09:15 hora portuguesa, xa estaba na cola, cola que por certo en 15 minutos avanzou 6 metros. Cando xa estou na entrada do local sae un home dicindo que os que saiban o nº de dorsal que pasen. Alí dentro había unhas rapazas desperdigadas entre o mogollón cun feixe de dorsais nas mans (de 100 en 100), e ti pedíaslle o teu e dábancho, a fila era para novas inscripcións e os que non sabían o nº de dorsal.
Despois había xente ca típica bolsa que dan nas carreiras, descoñezo o que tiña dentro, cando pregunto por ela dinme que se acabaron. Déronme eso sí unha camiseta de algodón da carreira e propaganda xigante de Liberty Seguros.
Quentei un pouco nuns soportais xa que chovía e facía moito frío e a 10 minutos funme para a saida cando empezou a arrollar durante outros 10 minutos eu como a maioría a resguardo.
Despois parou e saimos todos a trotar cara a saida, incluso asomou o sol cando din por megafonía que por problema informáticos se retrasa ata as 10:30, xa parei de quentar.
Así que como non eramos moitos agardei ata que faltaran 3 minutos, pero ata as 10:35 non deron a partida.
primeiro Km. chanciño e en baixada, pero xa no 2º, empeza a constante de esta carreira, circuito totalmente rompepernas con moitas subidas (algunhas de ata algo máis dun Km.) e por riba cantidade de pasos por adoquín moi irregular, calculei entre 6/7 Kms. da carreira por esta superficie, que sabedes como machacan (teño o talón dereito tocado por esto), ao pouco de pasar o Km5 empeza a chover, e máis adiante a granizar pero con forza e durante varios Kms e con moito vento. menos mal que levei a visera, xa que lastimábache nas mans e a chuvia debeu durar uns 5/6 Kms. eu levaba as mans e os muslos conxelados.
Ata pasado o Km10, en 44'30 non chegou o avituallamento,
1º e único da carreira, tampouco facía moita falla, con abrir a boca xa nos refrescabamos
.
A partir de ahí, empecei a aumentar o ritmo, marcando os de subida en 4'30", e os que tiñan baixada ou chanciños sobre 4'20".
Pero a guinda ao percorrido puxoa a chegada ao Km18 (viña de marcar nos anteriores 4'14 e 4'12", eran favorables ainda que con moito adoquín.
Empezamos unha subida interminable tipo Vite (Santiago) de 2.100 mts. ahí xa se me foron os parciais a 4'47" e 4'50" o que quedaba xa era favorable, ainda que cos 400/500 mts finais por adoquín., esprintei para facer polo meu crono 1h33'58.
Na meta había un Sr. cunha maquiiña que debía grabar cando chegaba cada atleta e un pouco máis adiante unha rapaza preguntado nome e dorsal e anotandoo malamente (xa que estaba de pe) nun folio. Alí un home doume outra camiseta igual a anterior para cambiarnos, un detalle eso sí, pero era unha talla M, polo que parecía Cristiano Ronaldo marcando tipito, eu que son de L ou XL.
Como avituallamento un triste botellín de auga que collemos nos mesmos de enriba dun banco, non había nada máis asi que 1 botellín de auga durante a carreira e outro ao rematar (podía coller máis, pero non me facía falta, xa que tiña un no coche e os que había dudo que chegaran para os corredores que faltaban).
Preguntei polas duchas e me indicaron un bus que estaba a uns 300 mts. e que nos levaría ao complexo que estaba a uns 500 mts. fun ata o coche e empezou a chover con forza, polo que me cambiei no coche, xa que sudado non estaba moito e a comer a Valenza do Minho.
O único bo a inscripción que como dixen antes saiume en 8,05€.
Non repetirei e non lla recomendo a ninguén, os erros pódense correxir pero o percorrido terían que cambialo moito.
Vaia tostón, non sei se haberá quen o lea.
Última edición por Kurty o Dom, 14 Feb 2016, 21:04; editado 1 vez