Lun, 14 Dec 2015, 9:43
Asunto: Re: Diario de Anarky
Despois de descansar completamente na ponte, esta semana puiden adestrar bastante ben e conseguín alcanzar os 50 kms, que é todo un logro
Mércores 09 de Decembro
Adestramento duro polas pistas de terra de Mesoiro. A verdade é que notei a inactividade e os excesos da ponte e nalgunha subida estiven a piques de poñerme a andar.
Distancia: 14,8 kms
Tempo: 1h13' (4:56 min/km)
Xoves 10 de Decembro
Clase de
xBike
Venres 11 de Decembro
Adestramento suave por un terreo completamente plano:
Distancia: 14,4 kms
Tempo: 1h10'30'' (4:54 min/km)
Domingo 13 de Decembro
MM Volta á Ría. Coa cancelación da Lugo Monumental puiden acudir a outras das miñas carreiras preferidas e, sen dúbida, a media que máis me gusta. En principio, pensaba saír forte para facer un adestramento de calidade, pero despois da cea do venres e conseguinte postcea, non as tiña todas conmigo.
Fixen 2 kms de quecemento para completar os 23kms que quería facer e coloqueime na saída atrás de todo. Comecei suave por precaución e porque había algo de atasco. Ata o km 2 ou 3 non puiden correr con normalidade, pero a partir dese punto comecei a aumentar o ritmo. Coas prisas olvidouseme a vaselina na casa, así que a partir de metade de carreira comezou a molestarme todo, múltiples rozaduras, unha uña do pé, a planta do pé, pero nada que non se puidera soportar. O peor de todo foi que a rodilla volveu protestar especialmente nas subidas, nas que tiña que baixar deliberadamente o ritmo para non reventala.
Finalmente, cheguei a meta sen saber para nada a que ritmo ía, así que me levei unha agradable sorpresa cando vín que baixaba de 1h30. Aparte das múltiple incomodidades e as molestias nas rodillas, atopeime moi ben de caixa e tampouco cheguei especialmente canso, así que os excesos da ponte e da cea do venres non me afectaron demasiado
Distancia: 21,1 kms
Tempo: 1h29'22'' (4:14 min/km)
www.24gramos.blogspot.com