Foros ›
XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Ago 2015, 22:35
Asunto: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

24ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2015”
PONTE ULLA Vedra
13 de setembro


Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 10 de setembro ás 23:59h.

Categorías
A Especial. Até 4 anos (nados/as do 2011 ao 2015)
A. De 4 a 8 anos (nados/as do 2.007 ao 2.010)
B. De 9 a 12 anos (nados/as do 2003 ao 2006)
C. De 13 a 15 anos (nados/as do 2000 ao 2002)
D. De 16 a 18 anos (nados/as do 1997 ao 1999)
E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1.980 ao 1.996)
E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1.975 ao 1996)
F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1979 inclusive)
F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1974 inclusive)

Realización da proba

Recollida de dorsais: o 13 de setembro ata as 10:15 h no Restaurante Ríos (Ponte Ulla)
Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 4 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.

Premios
Vencedores/as absolutos/as: trofeo e 180 € (1º), 100 € (2º) e 75 € (3º), tanto na categoría feminina coma na masculina.
Primeiros/as e segundos/as de cada categoría: trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 € (1º) e 35 € (2º) en Deportes Caneda.
Primeiros/as clasificados/as da parroquia: trofeos doados por Super Ulla.
Premios ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.

Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (só 1 premio por persoa).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten orixinal ou fotocopia do DNI ou do libro de familia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, Donuts e froita.
Todos os partipantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Entre todos os participantes sortearase unha bicicleta de montaña e haberá outro sorteo sorpresa.

Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
– Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
– Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
– Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto @ gundian.gal.

Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto @ gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.

A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.

A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.


Última edición por Popular_de_Gundián o Mér, 19 Ago 2015, 21:55; editado 3 veces
copasdeyate

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/09/09
0 Carreiras
119 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Ago 2015, 0:52
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/0

Todo un clásico ... Sorriso
Adroq

Maratoniano
Maratoniano
27/06/10
5 Carreiras
765 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 07 Set 2015, 15:53
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Hola. Parece que esta carrera tiene muy buena pinta. Por mi parte, ya estoy inscrito, así que si no hay contratiempos de gravedad ahí estaremos.

Una duda: ¿formará parte del circuito de Correr en Galicia? Si no fuera así, no pasa nada, pienso participar igualmente. Satisfecho

Saludos.
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 09 Set 2015, 16:08
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Adroq escribió:
Hola. Parece que esta carrera tiene muy buena pinta. Por mi parte, ya estoy inscrito, así que si no hay contratiempos de gravedad ahí estaremos.

Una duda: ¿formará parte del circuito de Correr en Galicia? Si no fuera así, no pasa nada, pienso participar igualmente. Satisfecho

Saludos.
Hola Adroq;

Ya le mandamos un correo a la organización del circuito para que incluyeran la carrera. En breves supongo que aparecerá en el calendario.

Un Cordial Saludo.
julio606

Novo foreiro
Novo foreiro
7/10/11
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Set 2015, 11:56
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

hola, ya estoy inscrito¡¡

Una duda sobre los horarios, hay adultos y niñ@s . Pero la hora pone 10:30 en general, a que hora corremos los adultos?

saludos
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 11 Set 2015, 17:01
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

A esa hora, 10:30, somos os primeiros. Despois os nen@s, mais arriba, cerca xa da meta.
Popular_de_Gundián

Novo foreiro
Novo foreiro
16/09/09
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 12 Set 2015, 13:44
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Os Horarios son os seguintes:

Categoría B: 10:30 Primeira Carreira
Categoría C-D-E-F (Carreira Absoluta): O remate da Categoría B
Categoría A: O remate da Carreira Absoluta
Categoría A Especial: A última carreira de todas.

TODOS OS CORREDORES DEBERAN ESTAR ENTRE AS 09:30 E AS 10:15 NO BAR RIOS PARA A RECOLLIDA DE DORSAL.
Alfonsorf

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/05/15
20 Carreiras
130 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 11:27
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Moi boa carreira a de hoxe en vedra, percorrido curto pero intenso . Boa organización e trato o corredor excelente. Hasta o tempo nos acompañou , que aguantou toda a carreira sen chover.
maRKis.puga

Maratoniano
Maratoniano
14/10/08
0 Carreiras
313 Mensaxes
A Estrada
Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 13:41
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Un año más... enhorabuena a los organizadores de esta mítica carrera!
no sé ya cuántos años llevo corriéndola, más de 10, siempre se sufre, pero seguimos animándonos!
Será por el bonito trato que se recibe, y por ese ambiente de "carrera popular" que casi no se ve en ninguna.

Os invitamos a todos el próximo sábado día 3 de octubre a correr en A Estrada el V Memorial Manuel Bergueiro! habrá o intentaremos que el trato al corredor sea de 10 Guiño , y premios económicos para los 6 1ros chicos y 6ras chicas de la absoluta.
Inscripciones en: emesports.es/event/v-m...bergueiro/
Adroq

Maratoniano
Maratoniano
27/06/10
5 Carreiras
765 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 18:01
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Un verdadero placer participar por primera vez en esta carrera. Quedé encantado con la experiencia. Bonito ambiente y recorrido, maravillosas vistas del río Ulla desde el puente y perfecta organización desde mi punto de vista.

Para la próxima edición, y siempre que sea posible, volveré.

Muchas gracias a los organizadores y a todas las personas involucradas por brindarnos una gran carrera como esta. Aplauso Aplauso Aplauso

Hasta la próxima.
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 19:24
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/0

Unha das carreiras máis duras que lembro... Abraiado Abraiado
Valeu a pena correla gracias en gran medida a fermosa paisaxe da zona. Para o ano haberá que intentar vir nun mellor punto de forma para non sufrir tanto.
¿Onde se poden consultar os resultados?
Javitxu

Maratoniano
Maratoniano
8/11/11
0 Carreiras
287 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 20:08
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Tercer año consecutivo que corro esta carrera y sigue pareciéndome una pasada. Un 10 para la organización por su labor. Muchísimos premios, avituallamiento en condiciones, recuerdo para todos y este año, hasta cronometraje mediante chip. Y todo eso sin pagar nada.
Carreras así ya no quedan.
Espero poder seguir corriéndola muchas mas ediciones.
Gracias
galitiming

Novo foreiro
Novo foreiro
23/11/14
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 13 Set 2015, 20:39
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/0

RESULTADOS GUNDIAN 2015
JP3DR0

Novo foreiro
Novo foreiro
16/10/10
0 Carreiras
13 Mensaxes
Porriño
Respostar citando Envío Lun, 14 Set 2015, 5:47
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/0

Noraboa á organización, a vossa carreira é un claro exemplo dunha competición extraordinária elaborada con intelixencia.
Colocastedes sorrisos nos pequenos e non tan pequenos, nas vosas xentes, en atletas con un excelente nível e ainda nalgún despistado coma foi o meu caso.
Moitas grazas
carballeira

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
10/06/09
0 Carreiras
225 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Set 2015, 12:02
Asunto: Re: XXIV Carreira Popular de Gundián (Ponte Ulla-Vedra)13/09/15

Graciñas á organización, moi boa carreira( e gratis ¡





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos