Lun, 22 Dec 2014, 12:39
Asunto: Re: V Milla Urbana Concello de Ordes (21/12/14)
unha dúbida, non iba a ser unha homenaxe a Iván Raña ?
Digo porque eu non o vin, e non escoitei nada pola megafonía.
A carreira moi ben, sobre todo increíble a proba absoluta, disputadísima e cunhas marcas tremendas para ser o circuíto que era, aínda que lle faltaban metros.
Como consello a organizadores, paréceme imprescindible vayar dende a saída da pista de terra ata a meta, onte houbo polo menos 3 choques, nalgún incluso algún neno foi parar o chan, pode quedar nun pequeno golpe como sucedeu onte, ou pode ocurrir unha desgracia que despois todos lamentaremos, algo moi fácil de solucionar e tendo celebradas xa varias edicións penso que son detalles que non se poden escapar, as vallas despois da salida fan pouca falta, pero antes de entrar nunha meta dunha proba tan rápida son imprescindibles.