Foros ›
Curso de Orientación (9-10-11 de Xaneiro 2015) - Ribeira
Foros de debate / Entrenamientos y técnica
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Edu_Iglesias

Foreiro Senior
Foreiro Senior
28/03/11
0 Carreiras
862 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Dec 2014, 23:21
Asunto: Curso de Orientación (9-10-11 de Xaneiro 2015) - Ribeira

Días: 9-10-11 de Xaneiro de 2015
Información e inscricións: Arousa Natureza e Ocio
Páxina web oficial: www.arousa.com - E-mail: contacto @ arousa.com
Teléfono de información: 638 811 000
Custe inscrición: 20 € por persoa
Data límite inscrición: Día 7 de Xaneiro ou ata completar as 40 plazas
Límite de prazas: 40
_________________________________________

O deporte da orientación vive unha época doce. O auxe desta disciplina deportiva maniféstase no incremento paulatino e continuo no número de practicantes e no número, tamén, de licencias deportivas. A nosa comunidade , sen ir máis lonxe, é unha das poucas nas que o número de licencias deportivas medra cada ano e, ademáis, sitúase na cabeza dos territorios neste aspecto.

Somos conscientes de que para acadar un achegamento ó público, debemos manexar varias fontes. Unha delas son os cursos de iniciación. Ós clubes deportivos correspóndenos as labores de presentacióbn básica do noso deporte, introducindo ao usuario nas caracteríticas particulares da modalidade, presentándolle aqueles aspectos específicos, técnicos, regulamentarios que lles axuden a profundizar na disciplina. O noso deporte ten un compñente técnico moi específico, baseado na capacidade de orientación, onde se manexan recursos que nada teñen que ver coas capacidades físicas, técnico-tácticas ou regulamentarias dos deportes que habitualmente practicamos. De ahí a necesidade de aproximarse á modalidade dun xeito ordenado e dirixido.

Este proxecto que estamos a presentar, tenta precisamente iso: permitir un achegamento ordenado e estruturado á orientación deportiva. O formato escollido é un taller de contidos básicos, apto para todo tipo de usuario, de nivel iniciación, e dividido en varias sesións. En cada unha delas, preténdese dar tratamento a un aspecto concreto da orientación, comenzando polas caracteríticas esenciais, os elementos regulamentarios e técnicos máis relevantes e pasando pola práctica de diferentes técnicas específicas, ata chegar a realizar unhas prácticas reais en mapa.







Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos