Sáb, 27 Set 2014, 10:24
Asunto: Re: diario de CORRIN..empezar a correr desde cero
Poño esta entrada aquí , co convencemento de que isto vai axidar á túa recuperación física, e co desexo de que en non moito tempo poidas poñer de novo as zapatillas.
Mentras te empregas aí a fondo nas túas 5 comidas diarias e todo o demáis, déixote a invitación a entrar neste blog
cronicasdomaquis.blogs...results=14
Seguro que che levanta o ánimo. Eu descubrino a raíz do debate que se montou aqui no foro sobre a Carreira da Muller. O típico tema de discusión que podería ter acabado moi mal (que si machismo, que si feminismo, etc), pero que afortunadamente dou pe a que unha foreira, Riveter, sacase unha iniciativa moi positiva: Facer unha enquisa aberta, para que as corredoras falasen da súa experiencia persoal. Un xeito de facer visible a nosa aportación a este mundo, con ollada positiva. De mo mento hai colgadas catro enquisas/entrevistas (unha delas é a miña
). Date un paseo por alí e xa me dirás que che parece.