Foros ›
I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 15:39
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

A carreira discorre polo mesmo Camiño dos peregrinos ata Santiago así que ten 3 km iniciais que é sendeiro, entre árbores, pero o terreo está pisado e apenas hai pedras soltas. O resto do percorrido é por pista alfaltada e un tramo final, xa dentro do Monte do Gozo, outra vez por sendeiro, pero tamén está firme. A carreira das categorías inferiores é por un circuíto no Monte do Gozo a través dun terreo tamén firme.
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 15:45
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

A carrereira discorre polo propio Camiño de Santiago ata o Monte do Gozo. Ten un tramo inicial de 2,5 km onde se corre por sendeiro entre árbores, pero o piso está firme e apenas ten pedras soltas. Despois transcorre a maior parte do percorrido por pista asfaltada, ata o Monte do Gozo. Os últimos 500 metros córrense por un circuíto de terra pisada e firme no Monte do Gozo. O circuíto para as categorías de menores discorre integramente por pista con piso firme no Monte do Gozo.
Animádevos, o percorrido é moi bonito.
Tendes moita máis información desta I Carreira Camiño das Letras en www.carreirasgalegas.com.
caracolo

Novo foreiro
Novo foreiro
20/12/09
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 17:54
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Siempre hai q aplaudir calquera nova proba popular q inicie a sua andadura, pero non vexo q se poida inscribir a atletas prebenxamins e benxamins. Poreste " camiño" non vamos ben.
perbes

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/12
0 Carreiras
55 Mensaxes
santiago compostela
Respostar citando Envío Xov, 08 Mai 2014, 21:46
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Ya que recibimos la mala noticia de la suspensión de la I media maratón de Ferrol para el dia 18 de mayo,os animo a participar, en esta carrera que inicia su andadura este año.
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 09 Mai 2014, 8:52
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Graciñas por participar no foro. En canto ás categorías, preferimos empezar en alevíns porque dende esta idade se adaptan mellor ó trazado do circuíto no Monte do Gozo. A pesar de todo, tomamos nota e para o ano empezaremos dende os máis pequeniños vendo as posibilidades que poidamos ter para marcar un circuíto adaptado a eles.
nachomen

Novo foreiro
Novo foreiro
30/04/14
0 Carreiras
6 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 10 Mai 2014, 20:05
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

DECIRVOS QUE HOXE FIXEN O TRAXETO DO CAMIÑO E ENCANTOUME!!! OS ANIMO A QUE PARTICIPES
duados76

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/11
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 11 Mai 2014, 12:46
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

nachomen escribió:
DECIRVOS QUE HOXE FIXEN O TRAXETO DO CAMIÑO E ENCANTOUME!!! OS ANIMO A QUE PARTICIPES

E que tal é o perfil?...É durillo
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Mai 2014, 7:00
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

A primeira parte é practicamente chan, e depois ten dúas zonas de subida, unha no quilómetro tres, de subida á aldea de Vilamaior, e unha segunda, dende o quilómetro 6,5, de subida ó Monte do Gozo; o último medio quilómetro xa é en baixada vendo a meta polo circuíto do Monte do Gozo. Para aliviar a primeira subina, no km 4 puxemos o avituallamento, para coller forzas de cara á parte final.
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Mai 2014, 10:07
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Por certo, a chegada é moi bonita. Fixemos o curcuíto do Monte do Gozo entre árbores e vai en baixada ata a meta, polo que 400 metros antes xa se van vendo os afeccionados e mais o arco na zona de chegada.
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 12 Mai 2014, 13:20
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Outra cousiña que me esquecía, pedín a inclusión da I Carreira Camiño das Letras no Circuito de carreiras de correrengalicia para que conte para a clasificación dos inscritos nel.
Graciñas a todos os que apoiades esta proba.
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 8:16
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

A I Carreira Camiño das Letras amplía o prazo de inscrición ata o xoves 15 de maio ás 23:59 horas para que todos aqueles atletas ‘rezagados’ que queiran participar nesta proba que une deporte e cultura se poidan apuntar.
Lembrade que a web de inscricións é www.carreirasgalegas.com
Graciñas a todos os que apoiades esta proba deportivo-cultural
luisiño

Foreiro infantil
Foreiro infantil
22/11/10
0 Carreiras
113 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 12:28
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Hola Meghel, quería preguntarche se non teño problema con coller o dorsal o día da proba, e que vou de lonxe e prefería collelo o día da carreira no monte do Gozo. Saúdos e graciñas
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 15:51
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

O dorsal pódese coller o día da proba na secretaría da carreira no Monte do Gozo (no pavillón de servizos múltiples en fronte da cafetería) entre as 8.30 e as 9.30 para a carreira absoluta, así dá tempo a tomar o bus cara á saída. Os participantes na carreira de menores teñen ata as 11.30 para recolleren o dorsal. Haberá planos indicadores na entrada do recinto para informar de todos os servizos (secretaría da carreira, vestiario, buses, circuíto da carreira de menores...)
Os que son de Santiago e arredores e se inscribiron antes do mércores ás 14.00 horas, teñen tamén a posibilidade de recollelo no centro comercial As Cancelas o 15 e o 16 de maio no punto de información da planta baixa.
Meghel

Novo foreiro
Novo foreiro
28/03/14
0 Carreiras
34 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 15:55
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

A Carreira Camiño das Letras xa está amitida no circuíto de carreiras de Correrengalicia para todos aqueles atletas interesados nesta clasificación tan apasionante.
Lembrade que ata o xoves ás 23.59 hora aínda tendes tempo de inscribirvos nesta proba.
Graciñas a todos polo voso apoio.
perbes

Foreiro infantil
Foreiro infantil
3/10/12
0 Carreiras
55 Mensaxes
santiago compostela
Respostar citando Envío Mér, 14 Mai 2014, 20:10
Asunto: Re: I Carreira CAMIÑO DAS LETRAS (18/05/14)

Al ver todos los que se apuntan a la carrera,una grata sorpresa en adultos 31
mujeres a fecha de hoy.Animo a los organizadores,que sabemos todo el esfuerzo que estais haciendo para sacar adelante esta primera edicion de la carrera!!!!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos