Foros ›
XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
sdasanmiguel

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/13
0 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Mar 2014, 23:28
Asunto: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Primeiro de todo, desculpar polo atraso.

Unha vez mais o Club San Miguel de Oia organiza o seu Cross popular e federado que se celebrará o 23 de marzo en San Miguel de Oia.
Circuíto 100% herba, e como todos os anos, gratis.

Aquí tedes o regulamento completo.

XXXVII TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS EN SAN MIGUEL DE OIA – VIGO

REGULAMENTO

A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XXXVII Trofeo de Campo a Través que se celebrará o vindeiro 23 de Marzo de 2.014 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, dacordo coas seguintes normas:

1º A participación e aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas extranxeiros agas os portugueses que non teñan sido internacionais nos últimos cinco anos.

Celébranse varias carreiras e a hora de saida e distancias a percorrer das probas serán:

HORA CATEGORÍA ANO VOLTAS DISTANCIA
10:00 CADETE FEMENINO 99-00 1 V. PEQUENA + 1 V. GRANDE 2.100 m.
10:15 CADETE MASCULINO 99-00 2 V. GRANDES 3.150 m.
10:35 INFANTIL FEMININO 01-02 1V. GRANDE 1.575 m.
10:50 INFANTIL MASCULINO 01-02 1V. PEQUENA + 1 V. GRANDE 2.100 m.
11:00 ALEVÍN FEMININO 03-04 2 V. PEQUENAS 1.075 m.
11:10 ALEVÍN MASCULINO 03-04 2 V. PEQUENAS 1.075 m.
11:20 CARREIRA POPULAR (Ambos sexos) 94- e ANTERIORES 5V. GRANDES 8.000 m
12:10 XUVENIL E JUNIOR (Ambos sexos) 95-96-97-98 1V.PEQUENA+ 2V. GRANDES 3.700 m.
12:30 BENXAMÍN FEMININO 05-06 2V. PEQUENAS 1.075 m.
12:40 BENXAMÍN MASCULINO 05-06 2V. PEQUENAS 1.075 m.
12:50 PREBENXAMÍN FEMININO* 07-08 1V. PEQUENA 527 m.
13:00 PREBENXAMÍN MASCULINO* 07-08 1V. PEQUENA 527 m.
13:05 OLÍMPICOS FEMENINO * 09-10-11-12 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:10 OLÍMPICOS MASCULINO * 09-10-11-12 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS

*Estas carreiras son de promoción non oficiais.

2º As carreiras están baixo o control técnico do Comité de Xuices da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo

3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda sua extensión, sen dobreces que dificulten a sua visión po los Xuices, sendo o contrario motivo de descalificación.

4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que deberá presentarse en secertaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de retirar os dorsais e documentación da mesma.

5º As inscripcións faránse a través da plataforma online na web www.atletismogalego.org ou no fax da Delegación da FGA: 986441216, tendo como fecha límite o día 20 de marzo as 22:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.

6º Premios. Para as categorías hasta cadetes entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo, e medalla ó resto dos participantes, solo na carreira escolar.
Nas categorías Xuvenil e Junior feminimo e masculino, entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:

A- Nados entre os anos 1.994 e 1.981.
B- Nados entre os anos 1.980 e 1.972.
C- Nados entre os anos 1.971 e 1.963.
D- Nados entre os anos 1.962 e 1.954.
E- Nados entre os anos 1.953 e 1.947
F- Nados entre os anos 1.946 e anterioes.

7º Os premios individuais non serán acumulables.

8º A proba está cubierta cun seguro de responsabilidade civil obligatorio e seguro de accidentes.

9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

10º As reclamacións sobor de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de acordó cos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA en vigor.

11º A inscripción nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.

S.D.A. San Miguel de Oia
sdasanmiguel

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/13
0 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Mar 2014, 0:31
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Xa podedes facer aquí as vosas inscricións.

www.fgatletismo.es/ins...0323o.html
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Mar, 11 Mar 2014, 20:32
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Alí estaremos outro ano máis uns cantos de Marín Mr. Green
sdasanmiguel

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/13
0 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 11 Mar 2014, 23:17
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Aquí tedes os planos dos circuítos

www.correrengalicia.es..._plano.pdf
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Mar 2014, 20:49
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Alí estaremos o domingo!!
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Mar 2014, 11:17
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Esta carreira é este domingo e non hai muita xente anotada, paréceme a min. Eu é a primeira vez que vou e agardo sirvan as zapas que teño e que a choiva aguante. Animádevos!
sdasanmiguel

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/13
0 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Mar 2014, 15:30
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

As inscricións vanse animando pouco a pouco, recordar que o xoves é o último día.
É recomendable levar zapatillas de cravos 6 mm. ou 9 como máximo. Se non tampouco pasa nada, moita xente levará zapas normais de estrada.
Esperemos que non chova moito estes días.
Ánimo que xa falta menos!!!
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Mar 2014, 17:06
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Eu irei con zapas normais. Outras non teño. E como non teño pensado ir moi rápido jejeje!!
sdasanmiguel

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/13
0 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Mar 2014, 12:07
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Aquí déixovos o mapa de localización do circuíto.

www.correrengalicia.es...13_loc.jpg

Ánimo que xa falta menos para que pechen a inscrición.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Sáb, 22 Mar 2014, 19:31
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Hola, non se pode ver a lista de inscritos?? gracias!!!
panxoliñas

Novo foreiro
Novo foreiro
27/06/11
5 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 22 Mar 2014, 23:15
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Non temos a lista de inscritos publicada. Se alguen ten algún problema ca inscrición trataremos de arreglalo mañá.
xenosilve, envieiche un correo confirmándoche a inscrición que me pedias
Vémonos mañá na carreira.
Sorte a todos e esperemos que vos guste.
Mclego

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/04/08
175 Carreiras
602 Mensaxes
Gondomar
Respostar citando Envío Sáb, 22 Mar 2014, 23:34
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Muchas suerte a todos mañana
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Dom, 23 Mar 2014, 2:17
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

panxoliñas escribió:
Non temos a lista de inscritos publicada. Se alguen ten algún problema ca inscrición trataremos de arreglalo mañá.
xenosilve, envieiche un correo confirmándoche a inscrición que me pedias
Vémonos mañá na carreira.
Sorte a todos e esperemos que vos guste.

Gracias Panxoliñas!!! Nos vemos Satisfecho
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Mar 2014, 15:33
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

CARREIRÓN!! CARREIRÓN!!! CARREIRÓN!!!

Circuito estupendo e en perfectas condicións e que se pode deguir case enteiro desde calquer sitio.
Organización de 11, e super puntual todas e cada unha das categorías.
GRATUITA e ao final unha bolsa de alucine !!
Que máis se pode pedir?

Parabéns a organización e faiseme raro que non se fale máis desta carreira que sen dúbida se máis xente a coñecera poderiamos xuntarnos muitos máis.
Se o que nos gusta é correr tamén o podemos facer fóra do asfalto, e é estupendo!!
Quédame pena dos que non a coñecedes, pero para o próximo ano animadevos porque é unha pasada de carreira.
Eu despois desta miña primeira participación xa serei un fixo!!
Parrula71

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/12/12
25 Carreiras
67 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Mar 2014, 17:33
Asunto: Re: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo

Pues te agradecemos las palabras, y esperamos que el próximo año repitas, el secreto es tener a las pastando todo el invierno jajaja... Un saludo!! :))





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos