Lun, 10 Mar 2014, 23:28
Asunto: XXXVII Campo a Través de San Miguel de Oia 23 de Marzo
Primeiro de todo, desculpar polo atraso.
Unha vez mais o Club San Miguel de Oia organiza o seu Cross popular e federado que se celebrará o 23 de marzo en San Miguel de Oia.
Circuíto 100% herba, e como todos os anos, gratis.
Aquí tedes o regulamento completo.
XXXVII TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS EN SAN MIGUEL DE OIA – VIGO
REGULAMENTO
A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XXXVII Trofeo de Campo a Través que se celebrará o vindeiro 23 de Marzo de 2.014 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro – Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, dacordo coas seguintes normas:
1º A participación e aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas extranxeiros agas os portugueses que non teñan sido internacionais nos últimos cinco anos.
Celébranse varias carreiras e a hora de saida e distancias a percorrer das probas serán:
HORA CATEGORÍA ANO VOLTAS DISTANCIA
10:00 CADETE FEMENINO 99-00 1 V. PEQUENA + 1 V. GRANDE 2.100 m.
10:15 CADETE MASCULINO 99-00 2 V. GRANDES 3.150 m.
10:35 INFANTIL FEMININO 01-02 1V. GRANDE 1.575 m.
10:50 INFANTIL MASCULINO 01-02 1V. PEQUENA + 1 V. GRANDE 2.100 m.
11:00 ALEVÍN FEMININO 03-04 2 V. PEQUENAS 1.075 m.
11:10 ALEVÍN MASCULINO 03-04 2 V. PEQUENAS 1.075 m.
11:20 CARREIRA POPULAR (Ambos sexos) 94- e ANTERIORES 5V. GRANDES 8.000 m
12:10 XUVENIL E JUNIOR (Ambos sexos) 95-96-97-98 1V.PEQUENA+ 2V. GRANDES 3.700 m.
12:30 BENXAMÍN FEMININO 05-06 2V. PEQUENAS 1.075 m.
12:40 BENXAMÍN MASCULINO 05-06 2V. PEQUENAS 1.075 m.
12:50 PREBENXAMÍN FEMININO* 07-08 1V. PEQUENA 527 m.
13:00 PREBENXAMÍN MASCULINO* 07-08 1V. PEQUENA 527 m.
13:05 OLÍMPICOS FEMENINO * 09-10-11-12 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:10 OLÍMPICOS MASCULINO * 09-10-11-12 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS
*Estas carreiras son de promoción non oficiais.
2º As carreiras están baixo o control técnico do Comité de Xuices da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo
3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda sua extensión, sen dobreces que dificulten a sua visión po los Xuices, sendo o contrario motivo de descalificación.
4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que deberá presentarse en secertaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de retirar os dorsais e documentación da mesma.
5º As inscripcións faránse a través da plataforma online na web
www.atletismogalego.org ou no fax da Delegación da FGA: 986441216, tendo como fecha límite o día 20 de marzo as 22:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.
6º Premios. Para as categorías hasta cadetes entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo, e medalla ó resto dos participantes, solo na carreira escolar.
Nas categorías Xuvenil e Junior feminimo e masculino, entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:
A- Nados entre os anos 1.994 e 1.981.
B- Nados entre os anos 1.980 e 1.972.
C- Nados entre os anos 1.971 e 1.963.
D- Nados entre os anos 1.962 e 1.954.
E- Nados entre os anos 1.953 e 1.947
F- Nados entre os anos 1.946 e anterioes.
7º Os premios individuais non serán acumulables.
8º A proba está cubierta cun seguro de responsabilidade civil obligatorio e seguro de accidentes.
9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
10º As reclamacións sobor de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de acordó cos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA en vigor.
11º A inscripción nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.
S.D.A. San Miguel de Oia