Foros ›
VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de setembro
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Cacho

Novo foreiro
Novo foreiro
2/12/05
0 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 06 Ago 2013, 7:57
Asunto: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de setembro

PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o modificación da data do sábado 14 de setembro o 21 de Setembro , a partir das 17,10 horas, a “VI Carreira Pedestre de Campañó – Gran Premio Hotel Campaniola 2013”. Proba incluída no CIRCUITO DE CARREIRAS DE PONTEVEDRA (CCCP)

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e acepten e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Faranse ata as 20:00 horas do día 11 de setembro de 2013 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mismo día da proba.
Se o/a participante é veciño/a de Campañó poderá inscribirse na propia sede da Asociación Cultural Deportiva Campañó.
As inscricións poderanse realizar en Chema Sport (rúa Benito Corbal, 14 de Pontevedra) e pola compra dun par de zapatillas New Balance se lle regala a cota de inscrición. Esta promoción non é acumulable a outras ofertas.
Haberá dous tipos de inscrición:
- Para as categorías junior, seniors e veteranos/as na que o/a deportista pagará a cota de 5 € máis, e de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso). Se algunha persoa destas categorías, sin motivo, marca “desconto de categorías menores”, será eliminado dos listados e non poderá tomar a saída.
- As categorías Chupete e Pitufo son de balde e se inscriben por correo-e a elias.dominguez.cabral @ gmail.com antes das 20.00 horas do día 11/09/2013; para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil a inscrición é de balde, e deben de inscribirse en www.championchipnorte.com e marcar “desconto de categorías menores”, aínda que só para a categoría Xuvenil é obrigatorio o uso do chip (que si non o teñen terán que alugalo coa inscrición por 1 €).
No caso de que o/a deportista das categorías junior, promesas, seniors e veteranos que se inscriba, fora veciño de Campañó ou estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento
acreditativo, terá que pagar en efectivo a diferenza económica. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta cun hotel oficial que ofrecerá un prezo especial en aloxamento o sábado, xantar o día da carreira e almorzo o domingo. Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente co hotel e dar a referencia “Carreira de Campañó”, contacto: 986 872 711
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento
de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.
7. OUTROS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

8. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17, 45.
9. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Teleclube de Campañó dende as 10:00 ata as 18:00 do día 14 de setembro e alí mesmo farase entrega da bolsa de corredor cun saco deportivo de New Balance, unha lata de conservas PESCAMAR e outros agasallos.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá unha ambulancia e un médico para a atención.
11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
12. AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.
13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Xuíz Árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.
14. CHIP. Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

16. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...
17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta: Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.

ABSOLUTA MASCULINA E FEMININA
1º 300 € e trofeo.
2º 200 € e trofeo.
2º 100 € e trofeo.

Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Junior, Senior e Veteranos/as

Nas categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil recibirán unha medalla todos os que rematen a súa carreira.
Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.

18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19.15 horas na zona
de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa.
Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.
19. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de dúas estancias para 2 persoas no HOTEL RURAL CAMPANIOLA (unha noite de aloxamento en media pensión).
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes de CHEMA SPORT e NEW BALANCE.
20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información no correo-e elias.dominguez.cabral @ gmail.com ou en
www.facebook.com/carreiradecampano

HORARIO E CATEGORÍAS

Chupete, idade menor dende 2013 idade maior ata 2008 hora saída 18.20. Distancia 120 m.
Pitufo/a ou Pre-Benxamín, idade menor dende 2007 idade maior ata 2006 hora saída
18.25. Distancia 170 m.
Benxamín, idade menor dende 2005 idade maior ata 2004 hora saída 17.10. Distancia 500 m.
Alevín, idade menor dende 2003 idade maior ata 2002 hora saída 17.20. Distancia 800 m.
Infantil, idade menor dende 2001 idade maior ata 2000 hora saída 17.40. Distancia 1.300 m.
Cadete, idade menor dende 1999 idade maior ata 1998 hora saída 18.00. Distancia
1.300 m.
Xuvenil, idade menor dende 1997 idade maior ata 1996 hora saída 18.45. Distancia 3.200 m.

Júnior, idade menor dende 1995 idade maior ata 1994 hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Sénior, idade menor dende 1993 idade maior ata Veteranos/as, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 1, idade menor 35 anos idade maior 39 anos, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 2, idade menor 40 anos, idade maior 44 anos, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 3, idade menor 45 anos, idade maior 49 anos, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 4, idade menor 50 anos, idade maior 54 anos, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 5, idade menor 55 anos, idade maior 59 anos, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 6, idade menor 60 anos, idade maior 64 anos, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Veteranos/as 7, idade menor 65 anos en diante, hora saída 18.45, distancia 9.650 m.
Cor do dorsal do CCCP Vermello
Cor do dorsal Carreira Amarelo
Cacho

Novo foreiro
Novo foreiro
2/12/05
0 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2013, 13:49
Asunto: Modificación data VI CARREIRA PEDESDE DE CAMPAÑÓ

COMUNICADO OFICIAL DA CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ:

Por mor da coincidencia extraordinaria entre a Romería da Virxe dos Milagres, de Amil, e a Festa de Campañó (organizada pola Comisión de Festas de Campañó), tomamos a decisión de mudar extraordinariamente este ano a data da Festa de Campañó e polo tanto a data da Carreira Pedestre de Campañó que agora é o 21/09/2013.


Desculpade as molestias
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Ago 2013, 20:52
Asunto: Re: Modificación data VI CARREIRA PEDESDE DE CAMPAÑÓ

Gracias polo aviso
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1927 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mér, 21 Ago 2013, 6:59
Asunto: Re: Modificación data VI CARREIRA PEDESDE DE CAMPAÑÓ

Gracias.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Cacho

Novo foreiro
Novo foreiro
2/12/05
0 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Ago 2013, 7:31
Asunto: Re: Modificación data VI CARREIRA PEDESDE DE CAMPAÑÓ

Aberto o prazo de inscrición en: www.championchipnorte.com
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 29 Ago 2013, 21:46
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

Non está aberta a inscripción non?
Musgo

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
2/06/08
0 Carreiras
157 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 06 Set 2013, 8:28
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de setembro

Si xa está aberta
mosquera9599

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/03/13
81 Carreiras
583 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Dom, 08 Set 2013, 18:25
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de setembro

Bueno, pois xa que están abertas as inscricións, que alguén comente o percorrido, que se cadra, vou, e é a primeira vez. Moitas grazas!!!
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 08 Set 2013, 19:57
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

Falo de memoria xa que este ano será a miña segunda participación. O percorrido creo que son tres voltas a un circuito cun tramo final "a costa do ceminterio" absolutamente demoledor. Practicamente unha parede Muro
Pero sen dúbida por organización e ambiente unha gran carreira
Cachocarne

Maratoniano
Maratoniano
31/12/10
0 Carreiras
52 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 09 Set 2013, 14:05
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

Apuntado otro año más. Carrera recomendable 100%, y vaya ambientazo
pontevedra

Foreiro infantil
Foreiro infantil
8/07/13
0 Carreiras
59 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 16 Set 2013, 11:05
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

Unha dúbida,

os que xa estamos inscritos no circuito e xa temos dorsal e chip tamén temos dereito os agasallos comentados no punto 9 do regulamento??

"9. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Teleclube de Campañó dende as 10:00 ata as 18:00 do día 21 de setembro e alí mesmo farase entrega da bolsa de corredor cun saco deportivo e un par de calcetíns de New Balance, unha lata de conservas PESCAMAR e outros agasallos."
melchorlaspra

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 17 Set 2013, 14:49
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

pontevedra escribió:
Unha dúbida,

os que xa estamos inscritos no circuito e xa temos dorsal e chip tamén temos dereito os agasallos comentados no punto 9 do regulamento??

"9. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Teleclube de Campañó dende as 10:00 ata as 18:00 do día 21 de setembro e alí mesmo farase entrega da bolsa de corredor cun saco deportivo e un par de calcetíns de New Balance, unha lata de conservas PESCAMAR e outros agasallos."


Yo también tengo esa duda.
Tinatineta

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/03/12
0 Carreiras
215 Mensaxes
Orense
Respostar citando Envío Mar, 17 Set 2013, 16:08
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de setembro

Hola atletas, una pregunta: alguien sabe donde puedo encontrar el perfil de la carrera.

O alguna experiencia de runers de ediciones anteriores. Estaría muy agradecida.

Saludos runeros.

Tina

Nadie dijo que sería fácil...
Cacho

Novo foreiro
Novo foreiro
2/12/05
0 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 17 Set 2013, 20:53
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

Boas noites melchorlaspra e pontevedra, o agasallo é para todo/as os/as corredores. Os que estades inscritos no circuito tendes que pasar polo teleclube (lugar de entrega dos dorsaís) e previa mostra do dorsal do circuito, farase entrega da bolsa de corredor.
O agasallo é un Gim Sac da marca New Balance e unha lata de conserva Pescamar. Para os maís cativos temos unha camisata para cada un dos participantes e tamén a FAMOSA LATA.
Aberá un sorteno entre todos/as os/as participantes de dúas estancias para dúas persoas con cena e desayuna no hotel rural Campaniola, 3 vales de 50€ para canjear en Chema Sport, material deportivo New Balance e outros agasallos.
Un saúdo e vémonos o sábado en Campaño
melchorlaspra

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/10/11
0 Carreiras
234 Mensaxes
pontevedra
Respostar citando Envío Mar, 17 Set 2013, 21:19
Asunto: Re: VI Carreira pedestre de Campañó, MODIFICACIÓN 21 de s

Muchas gracias Cacho por resolver la duda.
El sábado disfrutaré de la carrera; que tiene muy buena pinta
en todos los aspectos.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos