Sussy escribió: |
AVISO DE ÚLTIMA HORA!! APLAZAMENTO DA SAN SILVESTRE PARA O DÍA 5!!! Sentimos comunicar que debido a que para a tarde do día 31 as previsións meteorolóxicas son moi adversas, con fortes rachas de vento e moita auga, e a pesar dos trastornos organizativos e de participación que nos supón para todos, entre o Concello de As Pontes e o Clube Olympo tomouse a decisión de aplazar a proba para o día 5 de xaneiro, sendo a proba infantil a partir das 11:00 e a absoluta ás 12:00. Sendo positivos, e mirando o lado bo, o plazo de inscricións amplíase ata o xoves 3, polo que inda se pode apuntar máis xente. Disculpade as molestias ocasionadas, e unha decisión dificil e esperamos ca sepades entender. Agradecemos a difusión da noticia para que ninguén quede sen avisar. Desexamosvos unha moi boa noite de fin de ano, posto que a previsión meteorolóxica soamente é mala durante a tarde, e agardamosvos o día 5 con moitas ganas de pasalo ben!!! |