Ven, 30 Nov 2012, 9:23
Asunto: Re: Precio de las carreras
non ía dicir nada neste fío, porque para min non hai caso, pero ahí vou.
1- unha xente organiza unha carreira, tenta NON PERDER CARTOS, e cadra o presuposto (sexan cales sexan os gastos) de xeito que no peor dos casos non perde cartos e, se esa fose a súa elección, no mellor daría certo nivel de beneficios.
2- unha xente que lle gusta correr e ademáis gústa correr xunto a outra xente suponse que ten a capacidade para discernir sobre se ese prezo esixido é proporcional a satisfacción recibida (bo trato, comilona, camiseta, xuices de fga, ambulancias, protección civil, seguros, ...)
Neste mundo
non hai cousas gratis!! As cousas costan cartos, e se non pagas ti terano que pagar os patrocinadores e/ou as institucións públicas. Xa sabemos cómo están unhas e outras.
A veces pagas 5€ e saes coa sensación de decepción e outras pagas 20€ e resulta que os das por ben invertidos.
Finalmente, podemos pensar, cada un de nós, se o prezo dunha carreira é excesivo ou está inflado con respecto ao servizo prestado. ¿debemos negarlle ao organizador o dereito a gañar cartos? ¿somos quén, temos autoridade moral, para negarlle a un organizador a facer un negocio? Sinceramente, lendo certos comentarios parecese que os organizadores de carreiras tivesen que ser ONGs. A min pareceme ben que un clube organice unha carreira e gañe algo de cartos para poder axudar a financiarse o resto do ano. Ou que un fulano comercialice un método para establecer rápidamente a clasificación e os tempos dos participantes e cobre por eso. Porque ese fulano (non falo de ninguén en particular) terá que pagar a fabricación dos chips, distribuilos, as alfombras igual, equipos informáticos, o técnico que instala e controla o sistema, mercar a furgoneta, o gasoil, pagar soldos, pagar SS e demáis impostos, ... e gañar para darlle de comer aos fillos!! que de algo hai que vivir ou vai montar todo o tinglado para non gañar nada?
Cada un debe valorar a satisfacción de ir a unha proba (con todos os aditamentos da mesma) e o que lle costa (inscrición, comida, gasolina, autopista,...) e decidir se vai ou non, a decisión de ir é súa, non estás obligado. Pode que teñas certa presión social por acudir a determinada carreira, pero creo que non é a norma.
A min ir a esas carreiras para correr pola rúas da cidade de coruña ou vigo AGORA non me chaman nada, non iría nin gratis. Sin embargo non me costa pagar 10/15€ por un percorrido polo monte ben marcado, cos cruces coa carretera controlados, unha botella de auga en sitios ben colocados, duchas ao lado da meta,... PERO É UNHA ELECCIÓN PERSONAL, respeto quen teña preferencia polo contrario. Esto é so un
exemplo do que cada un debe valorar. Igoal, por
exemplo, vou a certas carreiras, pagando, porque sei que axudo a que un clube faga algo de cartos.
Outro exemplo
personal : a
Vig-Bay que tanto criticades no prezo. Carreira preciosa, MOI ben organizada, percorrido estupendo, bos avituallamentos, autobuses, gardarroupa,... corrina dúas veces e chegoume, paguei con gusto a inscrición, pero unha vez feito, agora pagar esos 20€(30€?, disculpas, non me acordo) que costa agora (máis os outros gastos) personalmente non me merecen a pena. É cara esa carreira? Pois bastante menos,
para min, que ir velo Celta, pero suficientemente cara como para non voltar (por agora). Por
exemplo.
Para correr
gratis temos tódolos días do ano, por agora non cobran imposto de circulación aos peóns. E sempre hai xente a que te podes arrimar e correr xuntos. E ter un reloxio no pulso para saber os tempos tamén é un accesorio barato.
Sinto a parrafada, e recoñezo qu nalgún punto a miña argumentación é facilmente rebatible, pero tampouco bou escribir un ensaio ao respecto.
Que teñades bo día.
-- Chámame "ghose"