Ven, 16 Dec 2005, 11:03
Asunto: TEMPO
Eu, levo un ano e medio sin parar: de traballar, de correr, de planificar, de competir en carreiras, de organizar, de xestionar, de asumir.
A. Como primeira medida de choque, onte fun correr 70 minutos sin cronómetro, sin pulsómetro, sin referencias. Ata o proximo 9 de xaneiro no volto ter obxectivos. Irei trotar 2/3 días á semana e tentar non engordar máis de 5/6 quilos.
B. A reflexión de MARIOEISA é moi sabia. Eu sempre digo que na nosa socieade de consumo voraz, o mais preciado é o tempo, a amistade e a paz. O Nadal, sen perxuizo do credo confesional de cadaquén, debe servir para iso: Que nos paremos/ Que establezamos unha xerarquía de valores/Que non esquezamos que somos seres humanos, e non monigotes á deriva non río do mercado laboral.
C. Na revista Runners, fai 6 meses aparecía un artigo que se chamaba "100 razóns para correr". A principal razón pola que eu corro (hai moitas) é para ter tempo (para pensar, para esquecer o movil).
Remato. Pregunta: Cando saides correr e rematadas unha carreira, un entreno, ¿Non vos parece que o percurso do tempo é singular e único?. Cando corro máis de 40 minutos, e remato, non sei dicir se me parece máis ou menos tempo ca o que corrín. Cando remato un maratón, co moito que se sufre na fin, sen embargo, non parece que corras durante tres horas. Por outra banda, ás veces vou correr das tres ás catro da tarde, e ao chegar a casa parece que pasou media tarde, en lugar de 1 hora.
A carreira a pé, perturba o paso do tempo, dandolle unha dimensión distinta, ata máxica.
Gracias MarioeIsa polo tema tan interesante