Foros ›
VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012
Forum Index / Carreiras Populares en Galicia
Reply to topic

Author
Message
Maside

Novo foreiro
Novo foreiro
11/08/09
0 Carreiras
29 Posts

Reply with quote Post Mon, 20 Aug 2012, 12:17
Post subject: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Dende a organización da CARREIRA POPULAR E ANDAINA do Concello de Maside queremos anunciar un ano máis estamos con vós.
O vindeiro domingo día 2 de setembro de 2012 terá lugar a VIª Carreira Popular e a Vª Andaina Maside 2012.
Como o ano pasado, dentro da Carreira, haberá varias categorías:
.- Pitufos: ata 6 anos
.- Rapaces: de 7 a 12 anos
.- Mozos: de 13 a 15 anos
.- Absoluta: a partires de 16 anos
Mentres que a Andaina Popular carecerá de categorías.

Para facer as inscricións para a Carreira Popular, poderán facerse a través da páxina web www.championchipnorte.com. Tan só a inscrición da Categoría Absoluta terá un prezo de 3 € (1 € para aqueles corredores/as que posuan o chip amarelo), o resto das categorías teran inscrición gratuita.

Para facer as inscrición para a Andaina Popular, poderán facelas a través de correo electrónico: asociacion.maniotas @ gmail.com ou no teléfono 608.24.22.10 (yolanda). A inscrición será gratuita.

A proba consta, como en edicións anteriores das seguintes distancias segundo as categorías:
.- Pitufos: 400 metros
.- Rapaces: 800 metros
.- Mozos: 3,5 km
.- Absoluta e Andaina: 9,100 km.
O percorrido trascurre por asfalto e terra, sendo este último o máis abundante.

Durante o recorrido haberá un punto de habituallamento líquido, tendo outro líquido e sólido á chegada a meta así como un agasallo para tódolos/as participantes.

ANIMO E VÉMONOS EN MASIDE
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Posts

Reply with quote Post Mon, 20 Aug 2012, 12:28
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Non vou poder ir, pero gústame moito o último punto do reglamento con esa importancia tan grande que lle dades ao coidado do entorno.Sorte!
saric

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/11/09
8 Carreiras
295 Posts

Reply with quote Post Fri, 24 Aug 2012, 16:11
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Boas,
no calendario aparece como carreira de montaña, pero no foro aparece como popular. ¿Alguen que fora outro ano pode dar a sua opinion?. Graciñas.
PITELO

Novo foreiro
Novo foreiro
28/12/10
10 Carreiras
38 Posts

Reply with quote Post Tue, 28 Aug 2012, 11:11
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Bo día Saric. Non fun o ano pasado (tiña outra carreira...na igrexa pa casar ;), pero son de Maside, e coñezo ben o percorrido, así que creo que che pode responder. Non é unha carreira de montaña, nin moito menos (supoño que será un erro), é unha popular, aínda que é verdade que vai discorrer maioritariamente por pista de terra e só un anaco pequeno polo asfalto da vila, na saída e na meta. Ten subidas e baixadas, moita pista de terra, pero non é unha carreira de montaña. En Maside, para ben e para mal ;), aínda non estamos na montaña ;), hai que pasar O Carballiño e seguir subindo Wink
Un saúdo, e vémonos o domingo, espero que che gusta e a desfrutes.
saric

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/11/09
8 Carreiras
295 Posts

Reply with quote Post Tue, 28 Aug 2012, 14:14
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Boas Pitelo, graciñas pola info. Ainda non sei que farei, porque o domingo hai moito"trafico" de actividades. Wink
DHooper

Novo foreiro
Novo foreiro
24/01/11
0 Carreiras
10 Posts

Reply with quote Post Sun, 02 Sep 2012, 12:27
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Gracias


Last edited by DHooper on Sun, 02 Sep 2012, 22:29; edited 2 times in total
DragonRunner

Montañés
Montañés
21/03/12
101 Carreiras
129 Posts
Ourense
Reply with quote Post Sun, 02 Sep 2012, 15:26
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Enorabuena, es la primera vez que voy a esta popular y realmente gratificamente correr por estos parajes , hasta la proxima
eldelmonte

Maratoniano
Maratoniano
23/05/07
0 Carreiras
378 Posts
Pereiro de Aguiar
Reply with quote Post Sun, 02 Sep 2012, 19:58
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Enhorabuena a la organización. El baso de litro de cerveza fué todo un acierto. En serio, buen trabajo.
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Posts
San Xulián-Marín
Reply with quote Post Sun, 02 Sep 2012, 21:49
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Parabens á organización Aplauso Aplauso Recorrido d sube e baixa bonito e moi ben sinalizado con moitos voluntarios, x si nos pasabamos d largo. Ó rematar avituallamento en abundancia. Para o ano tentarei voltar x esos lares Satisfecho
DHooper

Novo foreiro
Novo foreiro
24/01/11
0 Carreiras
10 Posts

Reply with quote Post Sun, 02 Sep 2012, 22:29
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Desde aqui dar as gracias a Organización polo excelente traballo, unha carreira moi bonita, cunhas boas paisaxes, e cun alto grao de dureza.

Ante todo, moitas grazas por recuperar a miña mochila perdida e poñerse en contacto conmigo.
Estarei agradecido por este xesto moitos anos, e sempre que poida, repetirei nesta carreira.
Un saudo.
PITELO

Novo foreiro
Novo foreiro
28/12/10
10 Carreiras
38 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Sep 2012, 9:04
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Parabéns a todos os implicados nesta carreira tan bonita, e tan dura! Wink
Parabéns e toda esa inxente cantidade de voluntari@s que atopabamos cada dous por tres, en cada cruzamento, sempre cun aplauso e cunha palabra de ánimo, e parabés especialmente ao meu amigo Manolo e a Yolanda por traballar arreo para que xa vaiamos pola sexta edición desta carreira.
Graciñas por todo, e vémonos o ano que vén!
pablo1969

Maratoniano
Maratoniano
28/06/10
28 Carreiras
175 Posts
Sandiás
Reply with quote Post Mon, 03 Sep 2012, 11:09
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

xenosilve escribió:
Parabens á organización Aplauso Aplauso Recorrido d sube e baixa bonito e moi ben sinalizado con moitos voluntarios, x si nos pasabamos d largo. Ó rematar avituallamento en abundancia. Para o ano tentarei voltar x esos lares Satisfecho
Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso Aplauso
breixo

Novo foreiro
Novo foreiro
23/03/12
88 Carreiras
45 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Sep 2012, 13:25
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Súmome as felicitacións, excelente carreira cun percorrido moi bonito, e moi boa organización. Para o ano voltaremos.
atanes

Novo foreiro
Novo foreiro
20/02/12
4 Carreiras
5 Posts

Reply with quote Post Mon, 03 Sep 2012, 17:50
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Felicitacións, excelente carreira cun percorrido moi bonito, e moi boa organización un saudo.
SEVECORRE

Novo foreiro
Novo foreiro
9/12/11
2 Carreiras
14 Posts

Reply with quote Post Thu, 13 Sep 2012, 6:17
Post subject: Re: VIª Carreira Popular e Vª Andaina Maside 2012

Xa o fixen persoalmente o final da carreira pero tamén quero deixar constrancia neste foro a miña felicitación a organización da carreira polo PERCORRIDO da carreira. Foime moi gratificante correr por aquelas subidas e baixadas entre as carballeiras. Pois é que xa me estou cansando de mallar no asfalto.
O grolo da cervexa o final da carreira foi un excelente acerto.

SUXERENCIA: Penso que habería que diversificar mais os premios xa que a considero que foron poucos os premiados. Para a financiación:
1- Non dar camiseta (posiblemente a casi todos os corredores se nos acumulan no armario xa que é o habitual das carreiras) e, como recordo, dar algo simbólico mais económico.
2- Cobrar mais pola inscripción.
3- Financialos establecimentos comercias a cambio de publicidade (ej. como en o Maratón de San Antón de Cuntís. Chámaranlle maratón pola participación infantil e pola entrega de premios, non po-los kms. Un éxito total).
Un saudo.





You cannot post new topics in this forum
You cannot reply to topics in this forum
You cannot edit your posts in this forum
You cannot delete your posts in this forum
You cannot vote in polls in this forum
You cannot attach files in this forum
You can download files in this forum