Foros ›
Autor
Mensaxe
manoel

Novo foreiro
Novo foreiro
23/05/06
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Out 2011, 11:44
Asunto: o 305 non pita máis

ola a todos,
polo que teño que rastreado na web, supoño que xa a alguén lle pasou isto, o 305 pitaba cada vez máis frouxo ata que quedou mudo total. Triste
alguén sabe cómo se pode solucionar?? xa probei o do alcol e nada... ten só 8 meses.
moitas grazas! Rezar
saúdos
asueto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/09/09
0 Carreiras
546 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Out 2011, 15:00
Asunto: Re: o 305 non pita máis

Ola,

Eu sempre emprego o fore enrriba dunha muñequeira de tenis, así non escarallo o cacharro có sudor...

Saúdos,

Instantáneas de Fondo
instantaneasdefondo.blogspot.com

Empiezo a hablar gallego, no me lo tengáis en cuenta.
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
400 Carreiras
677 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Sáb, 15 Out 2011, 16:58
Asunto: Re: o 305 non pita máis

Vas camiño de perder o altavaoz interno. Seguramente foille entrando sudor polos buraquiños que tocan a parte posterior coa muñeca e seguro que a corrosion o fastidiou. A min pasoume no 205, ata quedar mudo.

Hai que protexer ao máximo eses burcaquiños. E se fai falla tapalos cun celo, adhesivo, etc.
pepeangel

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
20/11/10
50 Carreiras
154 Mensaxes
Lugo
Respostar citando Envío Lun, 17 Out 2011, 13:40
Asunto: Re: o 305 non pita máis

Se ten so 8 meses telo en garantía polo que o meu consello e que vaias a tenda donde o mercaches e se foi por internet ponte en contacto con Garmin para que cho reparen. Teño entendido que o servizo técnico funciona moi ben.
Saudos e xa nos contarás como che foi, eu tamén teño un e pódeme pasar o mesmo e así xa estou en garda. De todos modos tomo nota do consello do outro correlega e poreille un celo para evitar que entre o suor no altavoz o da muñequeira pareceme máis incómodo.
asueto

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/09/09
0 Carreiras
546 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Out 2011, 17:32
Asunto: Re: o 305 non pita máis

pepeangel escribió:
Saudos e xa nos contarás como che foi, eu tamén teño un e pódeme pasar o mesmo e así xa estou en garda. De todos modos tomo nota do consello do outro correlega e poreille un celo para evitar que entre o suor no altavoz o da muñequeira pareceme máis incómodo.

A mín a muñequeira non me molesta, mais supoño que cada persoa é un mundo...eu emprego o método da muñequeria porque así escoitase perfectamente o altavoz, se pos celo no altavoz non sei senon atenúas moito o pitido...

Saúdos,

Instantáneas de Fondo
instantaneasdefondo.blogspot.com

Empiezo a hablar gallego, no me lo tengáis en cuenta.
manoel

Novo foreiro
Novo foreiro
23/05/06
0 Carreiras
26 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 05 Nov 2011, 17:50
Asunto: Re: o 305 non pita máis

ola de novo,
teño boas novas Ríndose Ríndose
púxeme en contacto co servicio técnico online de garmin e dixéronme co mandara a portes debidos por seur a badalona (se estaba en garantía, que estaba, factura comprado online en inglaterra) e onte chegóume un novo sen dar máis explicacións, así que non me podo queixar... estaba un pouco mosca porque non soupen nada dende co mandei, pero a verdade é que non se pode pedir máis dun servicio técnico. Aplauso Aplauso

probarei o do celo porque hoxe púxenno e parece que se escoita ben. o da muñequeira parece que non me inspira moita confianza, porque o suor transpirará tamén a través de ela e cando estea empapada supoño que lle pasará igual ao reloxo.

en fin, espero que esto sirva de información para tódos os que tedes o bicho, xa que parece que é bastante común este problema.
moitas grazas polas aportacións.
saúdos.
man





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos