Foros ›
Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 07 Feb 2011, 17:07
Asunto: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.

Hola a todos.

O domingo día 20 DE FEBREIRO 2011, dentro do programa de Concellos Saudables de Lalín, organizamos a ruta a Goiás.

Saída as 9,30 horas dende a praza da igrexa de Lalín.

Percorrido de 15 quilómetros de dificultade baixa para facer en catro horas aproximadamente.

Puntos de interese: Paseo do río Pontiñas e lago do Auditorio. Carballeiras e vexetación de ribeira de Reboredo e Alfonselle. Igrexa románica de Goiás coa capela anexa renacentista. Xaxán. Carballeira do Rodo. Pazo de García Sánchez e retorno novamente a Lalín polo paseo do río Pontiñas.


Para participar na andaina a Goiás hai que inscribirse do seguinte xeito:

- Ingreso de 2 € na conta Caixanova 2080 0429 77 0040124557
- Enviar un correo electrónico a concellosaudablelalin @ hotmail.es
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Feb 2011, 16:44
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.

Para que vos fagades unha idea de como é a andaina deixo este enlace:

GOIAS

É unha ruta sinxela, de 15 quilómetros, moi doada de facer, e o percorrido ten o seu atractivo tanto natural, coma monumental.

Espero que vos animedes a participar e que vos guste.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 17 Feb 2011, 16:07
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.

As previsións climatolóxicas para o domingo son de choiva. Levaremos o chuvasqueiro por se acaso.

O TEMPO EN LALIN
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 19 Feb 2011, 14:59
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.

Veño de darlle un repaso a case todo o percorrido que imos a facer mañá e os camiños están bastante ben. Hai algo de lama e auga nalgunhas partes pero nada que moleste en exceso o paso polos camiños.

Hoxe o día estaba precioso para andar, e ogallá que mañá nos apareza un día de bo tempo coma o de hoxe. Creo que a previsión meteorolóxica para mañá é de chuvia, pero esperemos que comeze despois de finalizar a andaina.

Vémonos mañá.

Saúdos.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Feb 2011, 18:50
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.

Hoxe celebramos a andaina a Goiás. A choiva apareceu na metade do percorrido, e ao final caeunos incluso algo de saraiba.

Creo que a ruta resultou divertida, sobre todo os primeiros 6 quilómetros donde a choiva non apareceu e os camiños e a paisaxe estaban ben bonitos, a senda estreita entre as árbores pola ribeira dos regatos ofreceunos unha deliciosa mañá na natureza. Posteriormente entramos nunha zona máis aberta ata a igrexa de Goiás. Ahí empezou a chover. Saímos da igrexa e a parte final entre os camiños de servizo das fincas levounos ata Xaxán. Finalmente entramos en Lalín pola carballeira do Rodo, completando 15 quilómetros de ruta en 4 horas.

Quero agradecer a os 28 asistentes a súa participación. Ademáis da xente de Lalín acercáronse varias personas dende ben lonxe para estar con nós, e espero que pasaran un día divertido en Lalín.

Seguramente seguiremos coas andainas e comunicaremos a data da próxima ruta neste foro.

Saúdos.
efervescente

Foreiro infantil
Foreiro infantil
1/01/08
0 Carreiras
127 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 20 Feb 2011, 19:40
Asunto: Re: Concellos Saudables Lalín. Andaina a Goiás.

Deixovos un enlace coa crónica e as fotos


ANDAINA A GOIÁS






Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos