Foros ›
Linimento de Sloan. Alternativas para quentar os músculos
Foros de debate / Zapatillas y material deportivo
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Sáb, 23 Out 2010, 20:13
Asunto: Linimento de Sloan. Alternativas para quentar os músculos

Hai anos (15 para ser máis concretos), cando xogaba ao fútbol, varios no equipo empregábamos linimento de Sloan rebaixado con aceite de bebé nas pernas para quentalas antes de entrenar ou competir.
Cando volvín a correr o inverno pasado tratei de atopalo nalgunhas farmacias (onde o compraba antes). Algunha farmacéutica quedábase con cara de Abraiado ao non ter nin idea sobre o que lle estaba a preguntar, ata que un farmacéutico en Santiago díxome que había tempo que non se vendía.

Non vou a entrar a valorar as súas cualidades médicas, se é que as ten. Eu, ao igual que os meus compañeiros, só o usábamos para quentar os músculos antes do entrenamento, sobre todo nas noites frías de inverno. E de verdade que os quentaba. Era imposible aguantar unha aplicación deste linimento senón estaba rebaixado con aceite.

Sobre esto veñen as miñas preguntas: ¿Algún de vós usa este tipo de solucións para quentar os músculos antes de correr? ¿Recomendádesme algún produto farmacéutico ou algún ungüento para quentar os músculos antes de correr?
fonsoster

Foreiro infantil
Foreiro infantil
9/11/08
0 Carreiras
50 Mensaxes
O Grove
Respostar citando Envío Sáb, 23 Out 2010, 21:05
Asunto: Re: Linimento de Sloan. Alternativas para quentar os múscul

Buenas.
Pueden ser útiles en caso de bastante frio o poco tiempo para calentar, yo uso a veces el Galius Sport acción rápida y me va bastante bien, aunque hay productos similares pero que ya no sé su nombre.

En esta página más información:

www.galius.com/
dagarku

Foreiro infantil
Foreiro infantil
29/12/06
0 Carreiras
55 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 24 Out 2010, 22:08
Asunto: Re: Linimento de Sloan. Alternativas para quentar os múscul

O linimento SLOAN, fai aproximadamente 10 anos que non se
fabrica. E verdade que o utilizaban moitos equipos de futbol,
na súa composición figuraba: Amoníaco, extracto de capsicum,
salicilato de metilo, esencia de pinus, sasafras, esencia de
trementina, alcanfor e parafina.
Dos productos que se comercializan actualmente, o máis
semellante, e o MASAGIL, tamén den forma de linimento
(non en aerosol), pois ten: Alcanfor, amoníaco, salicilato
de metilo, esencia de romero e esencia de trementina.
Presenta acción analxésica, antiinflamatoria e rubefacente
o igual que o Linimento Sloan, e como aquel, non se pode
aplicar en zoas próximas os ollos, nin en membranas ou
mucosas.
AveFenix

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
23/08/10
0 Carreiras
328 Mensaxes
Diante do PC
Respostar citando Envío Lun, 25 Out 2010, 22:50
Asunto: Re: Linimento de Sloan. Alternativas para quentar os músculos

Acabo de preguntarlle á miña fisioterapeuta sobre este tipo de produtos e o que me dixo é que hai moitos deste tipo na farmacia, como por exemplo o "Radio Salil" ( www.farmaciaencasaonli...-7729.html ), e que son produtos que quencen e, polo tanto, dilatan os vasos sanguíneos superficiais (os da pel), pero que en ningún caso os do músculo, polo que o único que evita é o frío, pero que ninguén se crea que o músculo quence con este tipo de produtos; hai que quentar e estirar igual que noutro tempo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos