Mér, 19 Out 2005, 17:51
Asunto: carreira de Seira-Rois
benqueridos amigos e amigas:
Son a membro principal da organización da carreira de Seira, no Concello de Rois e quixera antes de nada, dar a grazas a todos e a todas pola grande participación deste ano. Isto anímanos, sobre todo a persoas que coma mín ten unha grande islusión e cariño ás carreiras populares e de pouco presuposto, logrando o fin de diversión, amistade e deporte entre todos e todas.
Por outro lado quixera aclarar algunhas cuestións que se estan a plantexar no foro para que non leve a equivocacións; logo cada quén que diga o que entenda.
Primeiro quixera explicarvos para quen non o sabe que esta carreira está orzamentada con moi poucos cartos (500 euros) e con moito traballo de peticións e voluntariado, polo tanto non hai mais trofeos para as categorías porque non podemos. De todos modos, cada ano intentamos incrementar o número de categorías, sobre todo para os de maior idade, pero logo non podemos.
Segundo: As clasificacións só podemos ofrecervolas polo nº de dorsal e nome, pois temos que ir buscandoo un a un. Xa é ben sabido que o facemos todo a man. Non me imaxino o que sería se chovese. Hai que telo en conta para o ano, pero os tempos non os podemos facilitar non temos tantos adiantos. Temos por exemplo en moitos lugares carreiras levadas a cabo por xuices da federación e tampouco o logran facer e eles cobran.
As camisetas é un caso que persoalmente me doeu moito, pois foi un dos anos que mais camisetas conseguín (200 -doadas por un viciño) e intentando que todos e todas os que correron a carreira principal levaran un detalle puxen a unha amiga a repartilas, e sorpréndenme coa información de que houbo xente que lle amarraron as mans para poder levar o maior nº de camisetas para a casa. Iso é algo que desborda o meu pensar deportivo. Creo que ante todo hai que ter educación e respecto cara as persoas, ben sexan da organización, que boamente conseguimos gratuitamente ese detalle, como para a persoa que as repartía (francamente era a primeira vez que me axudaba e quedou asustada e dorida do comportamento). Eu xa sei que non todos somos así pero a imaxe foi deprimente.
Con respecto á distancia quixera aclarar que forono 6 km.xustos, pois quixemos eliminar un cacho de percorrido que pensamos había perigo de accidente, por haber unha curva moi perigosa e por iso se acortou, pero en próximas carreiras se correxirá ese dato.
Por todo isto, só me queda dárvolas grazas igualmente a todos e a todas por participar, especialmente ó meu clube de atletismo que traballamos a reo, e con moito agarimo cara todos e todas, e a esas casas colaboradoras con agasallos que puxeron un grande gran, como sempre, para que unha proba atlética feita con amor supere as perspectivas de outras que invirten só moitos cartos. No noso caso non pode ser.
Lamento e pido disculpas, a todos/as os/as cos que tivemos algún erro que espero non sexa tan grande como para non confiar outro ano en nós. Non podemos estar en todo, e unha organización pode facelo mellor ou peor, pero sempre coa axuda de todos e todas vos. Grazas d todo corazón.